WORLD PRESS PHOTO

Fotografía gañadora do World Press Photo / AFP/Xornal El Mundo
O fotoperiodista venezolano Ronaldo Schemidt recibiu o pasado xoves en Amsterdam o premio World Press Photo por unha imaxe que retrata a queima accidental dun manifestante da oposición durante uns disturbios en Caracas, en maio de 2017. A instantánea recolle o momento no que José Víctor Salazar, de 28 anos, corre envolvido en chamas ao ser alcanzado por un chorro de gasolina proveniente dunha moto da Garda Nacional Bolivariana, que foi capturada e incendiada polos manifestantes cun cóctel molotov.

