Blogia
vgomez

FOTOS

IMPRESIONANTES FOTOS TOMADAS DENDE DRONS

  •  Jerome Courtial , un francés de 39 años afincado en Londres, viajó a Valensole con la esperanza de capturar una imagen que no fuese la tradicional,   
  • Jcourtial / Dronestagram
     

National Geographic e a rede social Dronestagram elexiron as mellores fotografías do ano capturadas dende drons. Xa vai polla 4ª edición, e nela concursaron máis de 8.000 fotografías e 4.000 participantes.

Imos ver, ao longo de varios días, as 12 mellores fotografías. Hoxe PROVENZA, RECORTE DE VERÁN.

Jerome Courtial, un francés de 39 anos afincado en Londres, viaxou a Valensole coa esperanza de capturar unha imaxe que non fose a tradicional, "co atardecer de fondo", segundo contou a Dronestagram. Esperou pacientemente ao momento en que o tractor comezase a crear un patrón sobre a terra. Esa imaxe valeulle o primeiro premio na categoría Natureza.

Para coñecer outros traballos deste fotógrafo, preme AQUÍ.

FONTE: Xornal El País/Talento dixital

 

GAÑADORES DO CONCURSO FOTOGRÁFICO ASTRONÓMICO 2016

GAÑADORES DO CONCURSO FOTOGRÁFICO ASTRONÓMICO 2016

Gañador da categoría IAPY 2016 " A nosa Lua" de Jordi Delpeix (España) / Imaxe: Revistas Muy Interesante.

The Insight Astronomy Photographer of the Year é un concurso fotográfico anual organizado polo Observatorio Real de Greenwich (Reino Unido) no que compiten as imaxes máis belas e espectaculares do cosmos realizadas por astrofotógrafos de todo o mundo. Este ano, que se cumpría a oitava edición, recibiu máis de 4.500 propostas procedentes de 80 países. Para coñecer os gañadores de cada categoría preme AQUÍ.

FONTE: Revista Muy Interesante

ESCENA ÚNICA

ESCENA ÚNICA

 

O fotógrafo australiano Tim Samuels atopábase mergullando en Byron Bay, unha das zonas con maior riqueza nas súas profundidades mariñas situada na costa norte de Nova Gales do Sur (Australia). Ali fotografou un peixe que se atopaba atrapado dentro da augamar e sen atopar a saída.

Escena única!

FONTE:noticias.eltiempo.es

PREMIOS WELLCOME IMAGE AWARDS 2016

PREMIOS WELLCOME IMAGE AWARDS 2016

Imaxe: Sílvia Ferreira , Cristina Caballero Lopo y Eileen

 Imaxe dunha célula nai humana incrustada nunha matriz 3D , Cryo SEM micrografía electrónica de barrido crioxénico de cor False (Cryo- SEM) dunha soa célula nai humana (centro da imaxe) embebido dentro dunha matriz de hidroxel poroso.

Os premios “Wellcome Image Awards” da fundación «Wellcome Trust» (Organización Biomédica con sede en Londres, establecida en 1936 co legado do magnate farmacéutico Sir Henry Wellcome para financiar a investigación para a mellora da saúde humana e animal) premian as imaxes máis impactantes e tecnicamente máis logradas relacionadas coa biomedicina.

Se queres ver o resto de imaxes impactantes da edición 2016 preme AQUÍ.

FONTE: Xornal abc/ciencia

FOTCIENCIA13 (e II)

 

Se o outro día falamos do primeiro premio na categoria xeral, hoxe vermos o resto de premiados, na distintas categorias, a través do vídeo superior. A este certame presentáronse preto de 700 imaxes.

FOTCIENCIA é un certame de fotografía científica convocado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) cuxo obxectivo é achegar a ciencia e a tecnoloxía aos cidadáns mediante unha visión artística e estética suxerida a través de imaxes científicas e un comentario escrito do feito científico que ilustran.

FOTCIENCIA13

FOTCIENCIA13

"Que esconde a man dun neno?"/ Imaxe: RAÚL RIVAS GONZÁLEZ/LORENA CELADOR LERA

O certame FOTCIENCIA celebrou a súa 13ª edición premiando ás mellores as mellores imaxes de ciencia do ano. O concurso, ao que se presentaron preto de 700 imaxes, pretende achegar a ciencia cunha visión artística e estética.

Primeiro premio xeral: "Que esconde a man dun neno?".

A imaxe é a proba gráfica do que pode esconder unha man lixosa. A fotografía foi tomada a partir da pegada dunha nena de 6 anos tras pousar a súa man sobre unha placa de petri que contiña medio de cultivo PCA. A placa foi incubada a 28ºC durante dous días. O obxectivo era demostrar a alumnos de Infantil e Primaria dun colexio público de Salamanca, a importancia que ten lavarse as mans despois, por exemplo, de xogar con terra. Podemos apreciar colonias de fermentos e unha gran diversidade de colonias de bacterias tanto en forma como en tonalidades, destacando un número apreciable de colonias pertencentes aos xéneros Bacillus, Micrococcus e Staphylococcus así como ao grupo das actinobacterias. En realidade, a pel non é un órgano aséptico xa que sobre ela viven multitude de microorganismos. A presenza de bacterias saprófitas na nosa pel é algo normal e hoxe sabemos que estas bacterias comensais están directamente implicadas na saúde humana actuando como primeira barreira protectora fronte a microorganismos indesexables, xa que impiden a colonización doutras bacterias patóxenas.

En próximos días veremos o resto de galardoados.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

ESTAMPA DE MONTE

ESTAMPA DE MONTE

 

Na saída que onte fixemos 44 alumnos, 3 profesores e 4 pais aos montes da Valga (Oia) para a recollida de cogomelos, atopámonos con moitas estampas. Unha delas é a capatada por un dos pais (Luis Alberto) e que podedes ver na fotografía superior: un piñeiro coa forma de forquita, momentos antes de porse o Sol.

So o paseo polo lugar, xa mereceu a pena!

CONCURSO ANUAL DE FOTOGRAFÍA "NATIONAL GEOGRAPHIC" (II)

CONCURSO ANUAL DE FOTOGRAFÍA "NATIONAL GEOGRAPHIC" (II)

 

Outra candidata ao concurso de fotografía National Geographic Photo Contest.

Un tornado anticiclónico, un fenómeno moi raro que deixou a James Smart, autor da instantánea, coa boca aberta. Tocou terra nunha granxa ao aire libre e faltou pouco para que arrasase varios edificios. Sucedeu preto de Simla, Colorado (EE UU).

FONTE: Xornal El País/Ciencia