Blogia
vgomez

FOTOS

CONCURSO ANUAL DE FOTOGRAFÍA "NATIONAL GEOGRAPHIC" (II)

CONCURSO ANUAL DE FOTOGRAFÍA "NATIONAL GEOGRAPHIC" (II)

 

Outra candidata ao concurso de fotografía National Geographic Photo Contest.

Un tornado anticiclónico, un fenómeno moi raro que deixou a James Smart, autor da instantánea, coa boca aberta. Tocou terra nunha granxa ao aire libre e faltou pouco para que arrasase varios edificios. Sucedeu preto de Simla, Colorado (EE UU).

FONTE: Xornal El País/Ciencia

CONCURSO ANUAL DE FOTOGRAFÍA "NATIONAL GEOGRAPHIC" (I)

CONCURSO ANUAL DE FOTOGRAFÍA "NATIONAL GEOGRAPHIC" (I)

Foto de Francisco Negroni / Imaxe: Xornal El País/Ciencia

A edición do concurso de fotografía National Geographic Photo Contest xa está en marcha, e as inscripcións xa están abertas.

A imaxe que acade o primeiro premio será publicada na revista National Geographic, e o gañador recibirá 10.000 dólares (8.900 euros) e unha viaxe ás oficinas centrais da publicación en Washington (EE UU) para participar no seminario anual de fotografía que cada año organiza a revista.

Ao longo de varios días presentareivos algunhas das fotografías candidatas. Hoxe é a do fotógrafo chileno Francisco Negroni.

Un dos momentos máis violentos da erupción do volcán Calbuco (Santiago de Chile) o pasado 23 de abril. Despois de máis de 40 anos inactivo, expulsou máis de 200 millóns de toneladas de cinzas e supuxo a evacuación de máis de 2.000 persoas.

ESPAÑA DENDE O ESPAZO

ESPAÑA DENDE O ESPAZO

 

12 de xuño. “Portugal, España e Marrocos, nunha tarde maiormente soleada"

Incrible imaxe que o astronauta Reid Wisema da ISS (Estación Espacial Internacional) manda dende o espazo.

FONTE: Xornal abc/ciencia

EUROPA DE NOITE DENDE O ESPAZO

EUROPA DE NOITE DENDE O ESPAZO

 

Espectacular imaxe do oeste de Europa de noite tomada polo astronauta André Kuipers dende a Estación Espacial Internacional (ISS). Na parte dereita da imaxe podemos ver o oeste da península Ibérica, con Portugal en primeiro plano. Á esquerda da instantánea obsérvase claramente unha cidade máis iluminada que o resto: París.

FONTE: Revista MuyInteresante

WELCOME IMAGE AWARDS 2014

WELCOME IMAGE AWARDS 2014

Imaxe gañadora dun implante cardiaco / Anders Persson/WELLCOME IMAGES

Os "Wellcome Image Awards 2014", organizado pola ONG sanitaria británica Wellcome, son premios, que como a institución británica "Wellcome Trust" o expresa, "celebran imaxes creativas e cativadoras, dando vida a unha grande cantidade de descubrimentos científicos e médicos. Dende detalles microscópicos, pasando por fotografías clínicas ata ilustracións, os premios son unha oportunidade para mostrar as imaxes que capturan a marabilla da ciencia".

Este ano a gañadora foi a impactante imaxe, en 3D e a cor, dun corazón artificial implantado no corpo dun enfermo. O seu autor foi Anders Persson, Director do Centro para a Visualización e as Imaxes Científicas da Universidade Linköping de Suecia.

Para visualizar o resto de fotografías do concurso preme AQUÍ. 

FONTE: wellcomeimageawards.org e xornal el mundo/ciencia

ARQUITECTURA DE CADEIRAS

ARQUITECTURA DE CADEIRAS

 

A fin de semana pasada estiven en Vilanova de Cerveira (Portugal). Entre o Aquamuseu e o río Miño atopei esta obra equitectónica curiosa. Non ten nome, que eu saiba, pero podería bautizala como "Descanso invernal". Está formada por 84 cadeiras de terraza brancas colocadas e 7 columnas unidas entre elas.

Orixinal!

O QUE O NOSO OLLO NON PODE VER: MUNDO MICROSCÓPICO

O QUE O NOSO OLLO NON PODE VER: MUNDO MICROSCÓPICO

Ovario dun rape / Nikon Smail 2009 (4º posto)

As fotografías do máis pequeno amósanos un mundo fascinante que non podemos ver a simple vista, é o mundo microscópico. Premendo AQUÍ tes a posibilidade de ver 12 imaxes dese mundo descoñecido, todas elas espectaculares e sorprendentes, publicadas polo xornal ABC/Ciencia.

 

 

CORAZÓN CONFIGURADO POR ALGAS NA AUGA

CORAZÓN CONFIGURADO POR ALGAS NA AUGA

 

Uns excursionistas camiñan xunto a un corazón configurado polas algas de montaña nas augas do ibón maior das Basetes del Portillón (a 2.311 metros de altura), no val de Benasque, no Pirineo de Huesca.

FONTE: Revista Magazine / Foto: Xavier Cervera.