Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes al tema FOTOVERDE.

  

 

Hai uns días,  desveláronse os gañadores do "Underwater Photographer of the Year 2017", o concurso que desde 1965 recolle as mellores imaxes sobre a vida e o hábitat de mares e ríos en todo o mundo.

O instantánea "Polbo bailarín" do francés Gabriel Barathieu valeulle o galardón de fotógrafo do ano. O xurado elixiu a foto de Barathieu entre miles de candidatas polo seu "vibrante contraste de cores, as detalladas e delicadas texturas e pola súa pose perfecta". A imaxe tomouse nunha lagoa da illa de Mayotte, no arquipélago das Comoras.

Se queres coñecer o resto de finalistas preme AQUÍ.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

20161020181232-tim-laman-full-width-xoptimizadax.jpg

 

Cada ano, o Museo de Historia Natural de Londres prepara o concurso internacional de fotografía máis importante no rubro de conservación ambiental: Wildlife Photographer of the Year

Este evento ten como obxectivo mostrar a fermosa diversidade do noso mundo, explorando as criaturas grandes e pequenas que existen na terra, no ceo, e na auga. A edición 2016, contou coa participación de 50 mil fotógrafos afeccionados e profesionais de 95 países distintos.

Na parte superior tedes a fotografía que acadou o primeiro premio na categoría “Fotógrafo do ano”. A foto é do amerciano Tim Laman, e foi tomada no Parque Nacional dr Gunung Palung de Indonesia.

Para ver o resto de fotos gañadoras preme AQUÍ.

FONTE:swagger.mx

20160923104429-calor-msn-xxxx80-1.jpg

Verán re récord/ Imaxe:que.es

O verán meteorolóxico diste ano, que comprende do 1 de xuño ao 31 de agosto, foi o terceiro máis cálido e o segundo máis seco dos últimos 51 anos, segundo os datos que acaba de dar a coñecer a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET). A temperatura media do trimestre foi de 24,2ºC, é dicir, 1,2ºC por encima do habitual, tomando como referencia os valores para esa época do ano entre 1981 e 2010. Pola súa banda, as precipitacións reducíronse un 49% ata os 36 milímetros para ese mesmo período.

2003, 2015 e 2016 son os tres veráns máis cálidos desde 1965; os tres, deste século. O que máis preocupa, con todo, é que o pasado agosto é o décimo terceiro mes consecutivo máis cálido do rexistro. A súa temperatura media foi 0,62ºC superior á do período de referencia de 1981-2010, pero esta cifra ascende ata os 0,98ºC cando ese período cámbiase polo de 1951-1980. Se agosto de 2015 xa bateu récord de temperatura, o de 2016 conseguiu superalo en 0,17ºC.

A temperatura máis elevada do verán que rexistraron as estacións principais de AEMET deuse o 19 de xullo no aeroporto de Sevilla e en Morón de la Frontera (Sevilla): o termómetro alcanzou entón os 42,3ºC. Aquela xornada formou parte dun dos catro episodios de calor de non máis de catro días que sufriu a Península durante a segunda quincena de xullo e a principios e a finais de agosto; Canarias tamén viviu días de intensa calor a mediados de agosto.

Baleares e algunhas zonas da costa do Mediterráneo son as únicas nas que o verán foi normal ou lixeiramente frío. No resto foi cálido ou, mesmo, extremadamente cálido; este último é o caso de amplas zonas do centro e suroeste da Península.

A día de hoxe, cando resta 1 semana para que se peche o ano hidrolóxico, a precipitación media acumulada en todo o territorio nacional (605 milímetros) desde o 1 de outubro de 2015 quedouse un 3% por baixo da media. As choivas non só foron menos cuantiosas: tamén estiveron mal repartidas. O outono de 2015 foi especialmente seco, situación que se deu a volta entre xaneiro e maio. Por aquel entón, a precipitación acumulada era un 7% maior que o media pero esa tendencia truncouse coa chegada dun verán, o de 2016, moi seco; agosto foi o peor mes neste sentido.

Hai que remontarse a 1994 para atopar un verán máis seco. Só aquelas zonas afectadas por tormentas anotaron valores de precipitación superiores á media entre xuño e agosto deste ano; así sucedeu en varios puntos do límite territorial da comunidade de Estremadura, no interior de Valencia e das illas de Forteventura e Lanzarote, noroeste de Castelló e nordeste de Asturias e de Cidade Real. Dos diversos episodios de choivas intensas do verán destaca o do día 29 de xuño, que deixou 40 milímetros na provincia de Soria.

Para este outono, que entrou o pasado día 22, o AEMET xa adianta que será máis cálido do habitual. É posible que as temperaturas alcancen valores superiores á media en comparación co período entre 1981 e 2010; de feito, a primeira metade de setembro comezou con temperaturas anormalmente elevadas na área peninsular e Baleares. Os modelos, con todo, non aprecian diferenzas significativas no referente ás precipitacións.

FONTE: Xornal El Mundo/Medio Ambiente

IMAXES DA NATUREZA (III)

Publicado: 15/06/2016 07:59 por vgomez en FOTOVERDE

 

Falaba hai uns días dun fotógrafo, Will Burrard-Lucas, e dos seus traballos publicados en Instagram.

Ademais do seu Instagram, Burrard-Lucas creou o "BeetleCopter", un dron co que toma imaxes e vídeos tan impresionantes como o que vedes na parte superior do Parque Nacional Serengueti (Tanzania)

Espectacular!

FONTE: Revista Consumer/medioa Ambiente/Natureza

IMAXES DA NATUREZA (II)

Publicado: 13/06/2016 08:05 por vgomez en FOTOVERDE
20160608173523-sin-titulo2.png

 

Continuo coa sere de fotógrafos que coas súas marabillosas fotografías incitan a que nos involucremos na conservación da natureza, e que podemos ver publicadas en Instagram.

Imos coñecer hoxe a Will Burrard-Lucas.

Unha das características que fan único o traballo fotográfico de Will Burrard-Lucas (británico, criado en Tanzania) son as instantáneas desde puntos de vista diferentes aos habituais, como a que tedes na parte supeior, o Machu Picchu (Perú) na que unha chama parece facerse un selfi.

Se queredes coeñcer máis fotos da súa autoría premede AQUÍ .

En próximos días seguire con máis fotógrafos.

FONTE: Revista Consumer/medioa Ambiente/Natureza

IMAXES DA NATUREZA

Publicado: 09/06/2016 07:26 por vgomez en FOTOVERDE
20160608173147-sin-titulo.png

 

As redes sociais poden ser unha boa ferramenta a favor do medio ambiente. Unha delas é Instagram, onde unha comunidade de persoas, tanto afeccionados como profesionais, ofrecen a todos os seus seguidores belas imaxes de paisaxes, animais, montañas, océanos, etc. Ao contemplar estas marabillas os seus autores incitan a que nos involucremos na conservación da natureza.

Imos coñecer hoxe un  deses autores:Joel Sartore

Joel Sartore (1962, Ponca City, Oklahoma, Estados Unidos) é un fotógrafo da revista National Geographic que puxo en marcha o proxecto Photo Ark, co que pretende retratar ás especies en perigo antes de que desaparezan, como a pantera de Florida, que vedes na parte superior.

Se queredes coeñcer máis fotos da súa autoría premede AQUÍ.

En próximos días seguire con máis fotógrafos.

FONTE: Revista Consumer/medioa Ambiente/Natureza

ESPECIES ASOMBROSAS DO 2016: UMMA GUMMA

Publicado: 06/06/2016 08:19 por vgomez en FOTOVERDE
20160529210509-36.jpg

 

O Instituto Internacional para a Exploración de Especies publica, como cada ano, o seu Top 10 das especies máis asombrosas entre as descubertas durante os últimos 12 meses. Os científicos do centro, dependente da Universidade Estatal de Nova York (EE UU), elixiron estes 10 entre as 18.000 especies descritas o ano anterior. Ao longo de varios días iremos coñecendo estas especies elexidas.

Este cabaliño do diaño de Gabón é unha das 60 novas especies descubertas no último ano por un mesmo grupo investigador en África. O seu nome en latín, “Umma gumma, homenaxea ao cuarto álbum de estudo da banda británica Pink Floyd, Ummagumma, que ademais é un termo empregado polos estudantes en Cambridge para referirse ao sexo.

FONTE:Theodore W. Pietsch, Universidade de Washington/Xornal El país/Ciencia

20160524183251-1463991390-682243-1463993446-album-normal.jpg

 

O Instituto Internacional para a Exploración de Especies publica, como cada ano, o seu Top 10 das especies máis asombrosas entre as descubertas durante os últimos 12 meses. Os científicos do centro, dependente da Universidade Estatal de Nova York (EE UU), elixiron estes 10 entre as 18.000 especies descritas o ano anterior. Ao longo de varios días iremos coñecendo estas especies elexidas.

Hoxe tócalle a iste feo peixe de apenas cinco centímetros, descuberto no Golfo de México nunha expedición para comprobar os danos provocados tras a catástrofe da plataforma petrolífera Deepwater Horizon. O peixe, "Lasiognathus dinema", pertence á orde dos Lophiiformes, ao que tamén pertence o rape. Destaca o apéndice sobre a súa cabeza, que actúa como un reclamo para engulir ás súas presas. Posúe, literalmente, unha cana de pescar.

FONTE:Theodore W. Pietsch, Universidade de Washington/Xornal El país/Ciencia

FOTOGRAFÍA SUBMARINA UPY LONDON 2016

Publicado: 24/02/2016 08:00 por vgomez en FOTOVERDE
20160220113246-401.jpg

 

O prestixioso concurso de fotografía subarina UPY LONDON, deu a coñecer os gañadores da edición 2016.

De todas as categorías, a que máis me chamou a atención foi esta, na categoría de COMPORTAMENTO. A fotografía gañadora é “Tartaruga comendo medusas" d fotógrafo Richard Carey  (Tailandia).

A imaxe foi captada nas illas Similan. Unha tartaruga verde (Chelonia mydas) despois de alimentarse dunha augamar (Thysanostoma Thysanura).

Se queres ver o resto de fotografías paraticipantes e as gañadoras das respectivas categorías preme AQUÍ. Por ceto, despois preme sobre calquera fotografía para abrir o ábum e ter mellor panorámica.

Espectaculares!

FONTE: upylondon.com

MELLORES IMAXES DA NATUREZA 2015

Publicado: 24/11/2015 08:01 por vgomez en FOTOVERDE
20151120191740-cagados-por-riba.jpg

 

A Royal Society elixe un ano máis as 10 imaxes máis cativadoras de natureza do ano 2015, que quere celebrar o poder da fotografía para informar sobre ciencia. Formarán parte dunha exposición na súa sede en Londres, xunto con outras que recibiron unha mención especial.

Esta é a fotografía gañadora: "Cágados por riba" de BERT WILLAER (BÉLXICA)

Se queres ver o resto de fotografías preme AQUÍ.

20151119225523-ardilla-voladora-japonesa.jpg

Pteromys momonga / 9GAG.COM

O esquío anano voador xaponés (Pteromys momonga) é un roedor adorable. Non supera os 15 centímetros de lonxitude nin os 200 gramos de peso, de media. Ten un ventre branco que contrasta coa cor pardo das súas costas. A súa cola plana permítelle saltar dunha árbore a outra, aínda que disten a bastante distancia, ou escapar dun depredador: pode planear uns 100 metros. Non hiberna, aínda que pode durmir varios días seguidos sen problemas. E desde o portal de noticias 9GAG.COM pregúntanse se non se trata do animal máis encantador do planeta. Podes atopalos nos bosques das illas Honshu e Kyushu. Son sociais (así que poden observarse varios exemplares -unicamente do mesmo sexo cando non é tempada de cría- xuntos sobre a mesma rama). Son vegetarianos: podes ofrecerlles noces e sementes, por exemplo.

FONTE: Xornal abc/natural

20150909123829-1441129377-063771-1441130624-album-normal.jpg

Fotografía finalista do Wildlife Photographer of the Year do español Francisco Mingorance / Imaxe: Xornal El país

O premio a Fotógrafo da Vida Salvaxe (Wildlife Photographer of the Year) que desenvolve e produce o Museo de Historia Natural de Londres, darase a coñecer o próximo 13 de outubro.

Durante varios días mostrareivos algúns dos seus finalistas.

Para comezar, o fotógrafo español Francisco Mingorance captou os niños de tres parellas de cegoñas brancas nunha instalación do Museo Vostell Malpartida, preto de Cáceres. As aves aniñan nunha escultura do artista alemán Wolf Vostell que inclúe un avión ruso MiG-21, dous coches, pianos e pantallas de ordenador.

Espectacular!

CONCURSO FOTOGRÁFICO BMC ECOLOGY

Publicado: 15/08/2015 07:37 por vgomez en FOTOVERDE
20150810083321-1438349475-439755-1438355654-album-normal.jpg

“O paxaro palestino” / Mohamed Shebl

A revista "BMC Ecology" elixe as mellores fotografias que mostran a beleza e fraxilidade da biodiversidade da Terra. Nesta edición 2015 a gañadora é: “O paxaro palestino”. Nela unha Suimanga palestina apañándollas para esquivar as afiadas espiñas desta Echinops spinosissimus, cuxo nome o di todo, e chegar ata as súas flores. Para o xurado, esta bela imaxe mostra toda a grandeza da vida e é unha metáfora de como, a pesar de todo, sae adiante.

se queres coñecer o resto de fotografías seleccionadas preme AQUÍ.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

A IMAXE DA "ÁRBORE DA GALAXIA"

Publicado: 27/05/2015 09:41 por vgomez en FOTOVERDE
20150526134722-foto.jpg

"A árbore da galaxia" 25 de maio de 2015 / Imaxe: César Vega Toledano

Esta impresionante imaxe da Vía Láctea contoneándose ao compás da silueta das ramas dun carballo foi elixida como a  Imaxe Astronómica do Día  pola NASA.

O primeiro que chamou a atención do seu autor, o español César Vega Toledano, foi a bonita estampa que ofrecía un bosque de carballos recén podados en Salamanca.

A continuación apareceu a galaxia. Dende esta perspectiva, elixida coidadosamente polo seu autor, as liñas de po da galaxia da Vía Láctea parecen prolongacións naturais das ramas da árbore.

César Vega quedou esperto ata as 2 da madrugada esperando que a galaxia emerxese sobre este carballo de aparencia maxestosa. E este é o resultado.

Espectacular!

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

UNDERWATER PHOTOGRAPHER OR THE YEAR 2015

Publicado: 28/02/2015 09:40 por vgomez en FOTOVERDE
20150226194909-9084fe19-a868-4dcb-9d85-bc7d128342ef-1020x684.jpeg

Gañador Internacional Gran Angular: Raffaele Livornese (Italia ) con “Desde a continuación " da Manta ray nas Maldivas / Imaxe:theguardian.com 

Como cada ano DIVE Magazine organiza a Underwater Photographer of the Year 2015, o concurso fotográfico marino por excelencia (máis de 2.500 profesionais de 40 paises). O xurado xa deu a coñecer os mellores traballos na súas 10 categorías.

Se queres ver todos os traballos só tes que premer AQUÍ.

20150107180357-matthew-smith-gallery.jpg

Anzang Nature Photographer of the Year 2014 - Gañador absoluto da competición: Physalia Physalis

A pesar do seu aguillón potencialmente perigoso, a Physalia Physalis ou carabela portuguesa é unha criatura incriblemente fermosa.

A foto deste hidrozoo con aparencia de augamar foi tomada en Bushrangers Bay, Shellharbour, Nova Gales do Sur (Australia). O fotógrafo que se fixo co maior galardón deste ano do Anzang Nature Photographer of the Year é Matthew Smith de Nueva Gales do Sur.

Se queres ver o resto de fotografías galardoadas só tes que premer AQUÍ.

FONTE: Revista Muy Interesante

A PERFECCIÓN DA CAMUFLAXE I

Publicado: 10/12/2014 09:05 por vgomez en FOTOVERDE
20141209214848-mimeticos-hoja-mimeticos-hoja-7484.jpg

 

O insecto folla xigante (Phyllium giganteum) é unha especie de insecto pau e como podemos comprobar a súa camuflaxe é excelente. Utiliza unha coloración críptica para evitar os depredadores. Adoita manterse inmóbiles durante moito tempo e poden ser encontrados nos bosques tropicais de Malaisia. O curioso desta especie é que só existen femias; elas poñen ovos sen fertilizar dende os que nacen novas femias.

FONTE: Revista Muy Interesante/Naturaleza

FERREIRIÑO ABELLEIRO

Publicado: 03/12/2014 08:21 por vgomez en FOTOVERDE
20141130110904-1416302944-045886-1416303511-album-normal.jpg

 

Exemplar de Ferreiriño abelleiro (Parus major), fotografado por JORGE REMACHA LORENZO en Fresno de Cantespino (Segovia).

A imaxe de fíxose mediante un dispositivo que dispara a cámara automaticamente cando detecta un posible obxectivo.

FONTE: Fotoaves 2014/El País

20141117195405-1416228969-427720-1416232170-album-normal-1-.jpg

Saltón Zabalius oftálmico / Imaxe: Piotr Maskrechi

Fixádevos ben na fotografía. Esta nela, aínda que ben camuflado!

Este saltón Zabalius oftálmico está moi estendido na parte oriental de África subsahariana. Pon os seus ovos na codia e pasa toda a súa vida nas árbores. Entrou este ano na Lista Vermella como de preocupación menor. Nos últimos anos colonizou con éxito áreas urbanas de Sudáfrica.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

FOTOGRAFÍA DA VIDA SALVAXE

Publicado: 31/10/2014 09:27 por vgomez en FOTOVERDE
20141031092735-michael-nichols-michael-nichols-7404.jpg

 

O estadounidense Michael Nichols gañou o premio de Fotografía de Vida Salvaxe na 50º edición dos WPY Awards. Para conseguir a súa fotografía, "Leoas durmintes", Nichols seguiu de preto un grupo de leoas no Parque nacional Serengueti (Tanzania).

Se queres ver o resto de gañadores nas diferentes categorías só tes que premer AQUÍ.

FONTE: Revista Muy Interesante

PEQUENO CALAMAR

Publicado: 29/10/2014 08:14 por vgomez en FOTOVERDE
20141027071310-1413996243-853463-1413996955-album-normal.jpg

"Pequeno calamar" / Imaxe: Fabien Michenet (Natural History Museum, BBC)

 

Imaxe dun calamar bioluminiscente de Tahití captada polo francés Fabien Michenet. Só ten uns tres centímetros de lonxitude.

FONTE: Xornal El País/Natureza

BRITISH WILDLIFE PHOTOGRAPHY AWARDS 2014

Publicado: 19/09/2014 08:23 por vgomez en FOTOVERDE
20140915114244-rs-56106.jpg

 

O famoso concurso British Wildlife Photography Awards (BWPA) de 2014 deu a coñecer os gañadores. Aquí tedes o galardoado na categoría Urban Wildlife: “O Turista”. Ganso común, Londres, Inglaterra. Fotografía: Lee Acaster

Este prezado concurso estableceu en 2009 como obxectivos: Recoñecer o talento dos fotógrafos que exercen no Reino Unido, mentres que ao mesmo tempo resaltar a gran riqueza e diversidade da historia natural de Gran Bretaña, creando conciencia sobre a súa biodiversidade, as especies e os hábitats.

Se queres coñecer o resto de fotografías gañadoras nas diferentes categorías só tes que premer AQUÍ.

FONTE:bwpawards.org

20140722121049-scale.jpeg

Xusto nas inmediacións do Banco de Galicia atópase un enorme depósito de gas coñecido como ou Gran Burato / IGME

 

É unha enorme montaña submarina con pendentes que acadan os 5.000 metros de profundidade, un auténtico tesouro da biodiversidade do que apenas a ciencia desvelou unha pequena parte dos seus segredos. É o Banco de Galicia, unha extensa contorna submarina situado a pouco menos de 200 quilómetros da costa galega que empezou a ser coñecido tras o afundimento do Prestige en novembro do 2002, a máis de 3.000 metros de profundidade, e que agora converterase nun espazo protexido dentro da Rede Natura 2000.

Forma parte da proposta publicada o pasado día 21 no Boletín Oficial do Estado polo Ministerio de Medio Ambiente xunto a outros tres espazos mariños que contan cunha superficie total de 1,7 millóns hectáreas. Tanto o Banco de Galicia como o sistema de canóns do golfo de León e a Canle de Menorca, na zona levantino-balear, e os Volcáns de lodo do golfo de Cádiz son as apostas españolas para ser declaradas por parte da Unión Europea como Lugares de Importancia Comunitaria (LIC) da Rede Natura, aínda que a aceptación europea non supón máis que un trámite e só é cuestión de tempo que a catalogación teña rango oficial.

O Banco de Galicia alberga unha biodiversidade composta por 730 especies catalogadas, das que seis están en perigo de extinción. Destacan os enormes campos de arrecifes de coral de augas frías, que se estenden sobre as ladeiras dunha xigantesca montaña cuxa cima plana está situada a 730 metros de profundidade. É unha zona relativamente pouco explotada pola frota pesqueira e que destaca tamén pola elevada presenza de cetáceos mariños, especialmente de rorcuales e de golfiño mular.

Nunha zona moi próxima atópase o Gran Burato, un extenso depósito de gas submarino aloxado nun enorme cráter que podería ser explotado algún día. Se a protección que agora se dará á zona non o impide.

FONTE: Xornal La Voz de Galicia

 

A contaminación lumínica é toda a luz que se emite ou escapa por enriba da horizontal das luminarias nunha instalación de iluminación de exteriores. Produce un halo luminoso ou resplandor sobre as poboacións, ao iluminar as particulas de po ou auga que o aire contén en suspensión. Cando hai nubes, a base destas vese iluminada.

A contaminación lumínica causa serios problemas. A luz esnaquiza a esencia da noite, a escuridade. Os humanos temos un medo ancestral á escuridade, pero demasiada luz produce efectos moi negativos no ecosistema e na nosa saúde.

Dedicándonos a iluminar o ceo non só tiramos os nosos cartos senón que abusamos dos recursos naturais, agredimos o hábitat de animais nocturnos e migratorios, e arrebatamos aos nosos fillos a contemplación do ceo estrelado.

Este vídeo trata deste tema. Espero que sexa útil!

GANADORES GDT NATURE PHOTOGRAPHER 2014

Publicado: 21/05/2014 11:26 por vgomez en FOTOVERDE
20140521112631-k6-paul-kornacker-artdunes.jpg

 

Fotografía gañadora no Concurso GDT Nature Photographer 2014, na categoría Natureza Xeral. Título: "Art Dunes" (dunas de arte)  Autor: Paul M. Kornacker.

Se queres ver o resto de fotografías premiadas nas diferentes categorías preme AQUÍ.

FONTE: Revista Muy Interesante

LUGARES INCRIBLES DO MUNDO III

Publicado: 20/04/2014 08:25 por vgomez en FOTOVERDE
20140409120019-centinelas-del-artico-finlandia.jpg

 

Terceiro deses lugares incribles do mundo, que parecen quitados de películas de ciencia ficción, pero que son reais, sen ningún retoque fotográfico:  Sentinelas do Ártico (Finlandia).

Estas "sentinelas" son realmente xigantescas árbores cubertas de neve e xeo. Esta estraña imaxe prodúcese en inverno, cando as temperaturas oscilan dende -40 ata -15 ºC.

A beleza encantada destas árbores de xeo vese enaltecida polas suaves cores do amencer, azuis claros, rosas, violetas e a luz do sol que se esparexe como unha escuma divina.

FONTE: numaniaticos.com

LUGARES INCRIBLES DO MUNDO I

Publicado: 27/03/2014 07:11 por vgomez en FOTOVERDE
20140326211937-montanas-tianzi-china.jpg

 

Comezo este apartado adicado eses lugares incribles do mundo, que parecen quitados de películas de ciencia ficción, pero que son reais, sen ningún retoque fotográfico.

O primeiro lugar corresponde ás Montañas Tianzi (China)

Estas montañas son únicas. Son tan estrañas que se utilizaron na película "Avatar" de James Cameron. Formadas baixo a auga hai 380 millóns de anos. A terra elevouse como resultado da actividade volcánica. Algúns dos piares chegaron a máis de 4.000 metros sobre o nivel do mar.

Espectaculares!

FONTE:numaniaticos.com

QUENLLA PEREGRINA

Publicado: 03/02/2014 08:04 por vgomez en FOTOVERDE
20140131194631-1391104605-329224-1391104664-noticia-normal.jpg

Viñeta de Ramón, no xornal El País, do pasado día 31de xaneiro

A quenlla peregrina (Cethorinus maximus) é unha especie de elasmobranquio carcarriniforme da familia Carcharhinidae. Acada os 10 metros de lonxitude e catro toneladas de peso, polo que é considerado o segundo peixe máis grande do mundo. Aínda que a súa forma asemella á dunha quenlla cazador, con forma hidrodinámica e fociño agudo, aliméntase nadando coa boca aberta filtrando a auga a través dunhas inmensas branquias, móvese moi lentamente. 

ARTE PLÁSTICA BAIXO O MAR

Publicado: 18/03/2013 08:43 por vgomez en FOTOVERDE
20130317100823-ywwwy.jpg

Un dos cadros de Alfonso Cruz Suarez / Imaxe: www.alfonsocruz.com

O home que presento hoxe fai algo que só tres ou catro persoas fan no mundo: plástica baixo a auga. El é Alfonso Cruz Suárez (Terrassa-Barcelona, 1958), un artista que realiza unha experiencia insólita: mergúllase no mar e pinta en directo esceas submarinas.

Cadros pintados ao óleo, que non se disolve, sobre lenzos impermebilizados, amosan as esceas dese fondo con todo o seu colorido. Se queres coñecer polo miúdo a súa obra só tes que premer AQUÍ.

Insólito!

AGARRÁNDOSE AO CHAN

Publicado: 24/10/2012 07:14 por vgomez en FOTOVERDE
20121021125545-sany0418.jpg

 

Curiosa fotografía que tomei hai uns días no pais veciño, concretamente fronte á praia do Muíño, pero claro do outro lado do río: Piñeiral dos areais de Camarido.

Nela apréciase un piñeiro agarrándose fortemente a ese chan tan inestable. Vense as súas raíces, grosas, como se quixese dar un paso adiante ou erguerse para ver mellor o océano, que outras árbores llo impiden.

O ACUARIO DO NOSO IES

Publicado: 31/01/2012 08:10 por vgomez en FOTOVERDE
20120130123134-acuario-ies-a-sangrina.jpg

Acuario do IES " A Sangriña" / Imaxe:sangriña.es

A principios do pasado decembro, e dende o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, instalamos no noso IES un acuario, coa finalidade de que fose un espazo didáctico a empregar polo alumnado de P.I. (Proxecto Interdisciplinar) de 1º ESO como polo alumnado dos Contratos Programa de toda a ESO.

Pouco tempo tivo inquilinos, xa que o día 21 de decembro, último día de clase da 1ª avaliación, procedemos a súa solta no mar. Hai uns días, volvemos a ter "clientes": estrelas de mar, algunha nécora, anemones, lapas...

Podedes pasar por este recuncho do Centro, pero con respecto polos seus moradores e o seu medio. Tamén podedes ver máis fotografías pinchando AQUÍ.

PENÍNSULA IBÉRICA DE NOITE

Publicado: 28/12/2011 09:32 por vgomez en FOTOVERDE
20111227085321-iss030-e-010008-lrg.jpg

"Península Ibérica de noite". Este é o subtítulo desta fotografía que publica a web oficial do Observatorio da Terra da NASA , onde tralo anoitecer vense as luces da xeografía de España e Portugal.

O cometido deste observatorio é compartir co público imaxes, historias  descubrimentos sobre o clima e o medio ambiente que xurden das investigacións levadas a cabo pola axencia espacial estadounidense.

FONTE:earthobservatory.nasa.gov


PREMIOS FOTCIENCIA 2011

Publicado: 23/12/2011 07:27 por vgomez en FOTOVERDE
20111222185737-estructura-invisibles.jpg

Estruscturas invisibles / Imaxe:Fotciencia.es

FOTCIENCIA 2001 chegou á súa 9 edición. É un certame de fotografía científica convocado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Fundación Española para a Ciencia e aa Tecnoloxía (FECYT) cuxo obxectivo é achegar a ciencia e a tecnoloxía aos cidadáns mediante unha visión artística e estética a través de imaxes científicas.

A gañadora absoluta nesta edición é "Estructuras invisibles", que podedes apreciar na fotografía adxunta, e o seu autor é Carlos Cuenca Solana. Nela amósase a acumulación de burbullas, tras un longo repouso, estructuras tan finas e lixeiras que parecen invisibles. A substancia que forman estas pompas baséase unha mestura de xabrón, glicerina e auga en proporcións concretas, ademais do aire que queda ocluído dentro. O líquido discorre por gravidade deixando as aristas cada vez máis finas e a estructura cada vez máis débil. Sen embargo, esta sabia e espontánea construcción segue en pé. A eficiencia dos materiais constitutivos, líquido e aire, é extremadamente alta. Poderemos trasladar este principio de eficiencia e aforro material a estructuras para a arquitectura e a inxenaría? A resposta sempre está na natureza e na ciencia.

Se queres ver o resto das fotos gañadoras só tes que premer AQUÍ.

CELACANTO

Publicado: 30/11/2011 17:31 por vgomez en FOTOVERDE
20111130173100-coleacantos06-714x475-1.jpg

 

Fotografía de Laurent Ballesta, na revista National Geographic de novembro, na que amosa un celacanto (Latimeria chalumnae), peixe considerado extinguido xunto cos dinosaurios e redescubero en 1938. Situase en zonas illadas do Índico. De aspecto prehistórico pode medir ata 2 m de longo e pesar case 90 kg.

GAÑADOR DO CERTAME DE FOTOGRAFÍA WPY

Publicado: 03/11/2011 08:33 por vgomez en FOTOVERDE
20111102163428-wpoty-2011.jpg

"Still life in oil", foto gañadora do Veolia Environnement Wildlife Photographer of the Year

 

O Veolia Environnement Wildlife Photographer of the Year  (WPY), considerado o premio de fotografía do medio ambiente máis prestixioso do mundo, xa ten gañadores na edición 2011. O español afincado en Estados Unidos Daniel Beltrá é o gañador co seu traballo sobre a marea negra do Golfo de México.

O traballo de Beltrá reflexa algunhas das consecuencias da marea negra ocurrida no Golfo de México en 2010 pola rotura dunha plataforma petrolífera da multinacional BP.

A imaxe gañadora titúlase "Still life in oil" (Aínha hai vida no petróleo). Nela retrátase a oito pelícanos afectados pola catástrofe nun centro provisional de rescate de aves en Fort Jackson (Luisiana, Estados Unidos). A foto recolle o momento no que se tratou con aceite aos animais para retirarlles o crudo das súas plumas. Os membros do xurado valoraron a súa simplicidade, a súa beleza, a súa perfección técnica e a súa impactante maneira de facer denuncia ambiental.

Paralelamente ao primeiro premio, o concurso ten unha categoría homóloga para mozos, así como outras categorías específicas divididas por idades (poden concursar nenos menores de 10 anos e mozos de entre 11 e 17 anos), animais (aves, mamíferos, mundo submarino, plantas, vida urbana, etc.) ou estilos (creativo, en branco e negro, etc.). Un total de 40.000 fotografías presentáronse a este certame. 

Merece a pena dar un paseo virtual pola GALERÍA DE IMAXES dos premiados, tanto deste ano como de edicións anteriores.

FONTE:Revista Eroski Consumer

OURIZO CACHO

Publicado: 25/06/2011 01:34 por vgomez en FOTOVERDE
20110624134059-ourizo-cacho.jpeg.bmp

O pasado xoves, na saida á praia que fixemos no noso IEs co alumnado de 1º ESO, captei unha imaxe dun ourizo caho, que pretendía agocharse ante o ruído que facían os escolares.

O ourizo cacho (Erinaceus europaeus), tamén coñecido como ourizo cacheiro, é un mamífero insectívoro, aínda que tamén pode comer caracois, lesmas e incluso ras. A súa actividade é fundamentalmente nocturna.

É un animal moi beneficioso para a agricultura, polo que moitas persoas téñeno nas casas de campo.

LEOPARDO

Publicado: 11/06/2011 00:42 por vgomez en FOTOVERDE
20110606193346-leopardos02-714x473.jpg

O leopardo pasa moito tiempo encaramado nas árbores. Nun refuxio seguro onde dormir, descansar ou dar conta do seu alimento, e unha boa atalaia dende a que localizar posibles presas / Imaxe:Sergey Gorshkov 

O fotógrafo ruso de natureza Sergey Gorshkov manifesta:

"Cando hai moitos anos viaxei por primeira vez a África, a Zimbabwe, fíxeno, como moitos dos meus compatriotas, cun rifle nas miñas mans. Eu era un cazador obstinado: o obxectivo da miña viaxe era un leopardo, o trofeo máis envexado dos chamados «Cinco Grandes» (león, elefante, búfalo, rinoceronte e leopardo). Pero cando por fin localicei á «miña» presa e apuntei, quedei tan fascinado pola súa beleza que me foi imposible disparar".

FONTE: National Geographic España. Xuño 2011.


AURORA

Publicado: 18/03/2011 09:10 por vgomez en FOTOVERDE
20110313200112-20110311elpepuint-35.jpg

Aurora / Imaxe: Bob Hallinen (AP)

Esta imaxe fantástica dunha aurora boreal que ilumina o ceo por riba da Takotna (Alaska), prodúcese cando unha exección de masa solar choca co polo norte da magnetosfera terrestre, producindo unha luz difusa pero predominante proxectada na ionosfera (ou termoesfera) terrestre, composta de partículas protónicas que difunden a cor.

 

ALIÑACIÓN ESQUERDA

Publicado: 08/12/2010 20:37 por vgomez en FOTOVERDE
20101208203727-temporal-no-mar-051210-16-2.jpg

Nesta fotografía curiosa (que forma parte dunha reportaxe de galiciauroeste.info) do temporal de mar do pasado día 5, amosa a alineación das gaivotas para soportar os ventos.

Parecen realmente soldados coa aliñación esquerda e con gran marcialiadade.

IMAXES DENDE A ISS

Publicado: 23/11/2010 17:08 por vgomez en FOTOVERDE
20101123170838-1290186200-extras-albumes-0.jpg

Posta de Sol no Ócéano Índico/NASA

Onte falabamos dun habitáculo acristalado do que disón a ISS (Estación Espacial Internacional). Aquí a tedes:

Vista desde el interior de la Estación Espacial Internacional.| AP

Vista desde o interiord a ISS / AP

Esta plataforma de observación permite ter unha visión panorámica da Terra dende o espazo. Se onte amosaba unha aurora austral, a de hoxe non se queda atrás pola súa fermosura: unha posta de Sol no Océano Índico.

Pena de non contemplalo nós! Sempre nos quedan as fotografías!

AURORA AUSTRAL DENDE A ISS

Publicado: 22/11/2010 10:54 por vgomez en FOTOVERDE
20101122095512-1290185869-extras-albumes-0.jpg

Aurora austral / NASA

Imaxes como a que vedes, son tomadas dende a Estación Espacial Internacional (ISS), concretamente dende un habitáculo acristalado que foi instalado no pasado mes de febreiro.

A imaxe é unha aurora austral. As auroras polares son un fenómeno en forma de brillo ou luminiscencia que aparecen no ceo nocturno, usualmente nas zonas polares, aínda que poden aparecer noutras partes do mundo por curtos períodos de tempo. Se acontecen no hemisferio norte noméanse como aurora boreal e se acontecen no hemisferio sur, como é o caso da nosa imaxe, aurora austral.

As auroras acontecen cando os ións (partículas cargadas) do vento solar chocan cos átomos de osíxeno e do nitróxeno na atmosfera superior. Os átomos son excitados por estas colisións e emiten típicamente a luz mentras que volven ao seu nivel de enerxía orixinal. A luz crea a aurora que vemos.

FONTE:NASA: earthobservatory.nasa.gov

20101024125548-tortuga-apuros.jpg

Foto de Jordi Chias, gañadora da categoría One Earth.

O outro día daba conta do gañador do prestixioso concurso Veolia Environnement Wildlife Photographer of the Year 2010, gañado polo húngaro  Bence Máté co traballo  Unha marabilla de formigas. Pero neste concurso tamén hai varias categorías e tres fotógrafos españoles viron recoñecido o seu traballo nesta edición:  Jordi Chias que acadou o premio One Earth, que recoñece as imaxes que denuncian as actividades do home contra a natureza, onde amosa unha tartaruga enredada nunha rede de pesca, tomada en 2009 entre Baleares e Barcelona; Francisco Mingorance, que gañou o permio á mellor fotografía que recoñece ás imaxes con carga creativa, cunha imaxe aérea que amosa as beiras do Rio Tinto totalmente tinguidas de vermello; e Daniel Beltrá, que conseguíu o segundo premio na categoría One Earth, pola fotografía na que se denuncia a tala indiscriminada de árbores en Indonesia para gañar terreo ás plantacións de palma.

Felicidades!

Qe queres ver as fotos gañadoras pincha AQUÍ.

PREMIO "WILDLIFE PHOTOGRAPHER OF THE YEAR"

Publicado: 22/10/2010 12:14 por vgomez en FOTOVERDE
20101022114943-1287669740-extras-albumes-0.jpg

Foto gañadora do Wildlife Photograph of the Year / Bence Mate

Esta é a fotografía gañadora deste ano do Wildlife Photographer of the Year, o premio de fotografía da natureza máis prestixioso do mundo. A foto leva por título "A marabilla das formigas" e nela mósase a un exército destes insectos despedazando unha folla e levando os seus fragmentos cara o seu formigueiro. O seu autor é o húngaro Bence Máté, que captou a imaxe durante unha expedición de seis meses en Costa Rica.

O Wildlife Photograph of the Year é un concurso organizado polo Museo de Historia Natural de Londres e a revista Wildlife Magazine da BBC. Tanto a imaxe gañadora como as outras 100 candidatas ao premio expoñeranse no museo da capital británica. Como seguramente non teredes a sorte de poder visitalo, podedes facelo virtualmente pinchando Museo de Historia Natural.

FONAMAD

Publicado: 10/01/2010 10:56 por vgomez en FOTOVERDE
20100109120229-praia-de-las-catedrales.jpg

Unha das fotografías da exposición da FONAMAD. A praia das Catedrais. Monumento Natural de Galicia (Foto: Daniel Jara)

Con motivo da celebración neste ano 2010 do Ano Internacional da Biodiversidade, estase a celebrar ata o 28 de febreiro no  CENEAM (Centro Nacional de Educación Ambiental) en Valsaín (Segovia) a exposición “ESPACIOS NATURALES, guardianes de la Biodiversidad" na que a través de 36 fotografías móstranse os diferentes espazos naturais españois , especies animais no seu habitat e plantas, algunhas delas en perigo de extinción. En resumo a exposición representa un país como España, no que o seu territorio alberga unha mostra tan representativa da biodiversidade mundial, asemellando a un continente en miniatura.

A exposición foi realizada pola FONAMAD (Asociación de Fotógrafos da Natureza de Madrid).

 Como non podemos, polo menos eu, asistir a tal evento, ímolo facer polos medios que nos ofrece a tecnoloxía, pinchando en Exposición FONAMAD 2009

FOTO CURIOSA

Publicado: 09/01/2010 11:11 por vgomez en FOTOVERDE
20100109111044-unha-ollada-ao-solpor.jpg

Onte, 8 de xaneiro, atopei esta fotografía que me chamou moito a atención. Encontrábase no xornal dixital galiciasuroeste, que diariamente leo. Forma parte de motias fotos, enviadas polos lectores ao citado diario, que se engloban no termo FOTOS LECTORES.

O seu autor é Francisco Cadilla e a fotografía leva por título "Unha ollada ao solpor". Nela, o autor, consegue, con moi bo efecto, integrar na mesma foto dous motivos : o ollo e a posta de Sol, integrándose no feito real de que o noso ollo capta a imaxe do solpor.

Os meus parabéns!

 

 

FOTO-NIKON 2009

Publicado: 28/12/2009 10:19 por vgomez en FOTOVERDE
20091228101934-1261172057-0.jpg

Hai uns días falláronse os premios Foto-Nikón 2009, na que participaron ao redor de 400 fotógrafos, a maioría profesionais, e cun total de 1.200 fotos a concurso. Estes premios teñen tres categorías: Natureza, Deporte e Xente e Sociedade.

Os gañadores foron Jodi Blas (coa foto que vedes arriba e que pertence á categoría de Natureza), Manuel Fernández e Sofía Moro.

Parabéns!

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA A21EG

Publicado: 16/05/2009 10:28 por vgomez en FOTOVERDE
20090515195508-image002.jpg

Foto gañadora

Na votación de toda a comunidade educativa do IES, celebrada entre os días 14 e 15 do presente mes, para elexir os gañadores do II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA A21EG, amosou os seguintes resultados:

1º PREMIO para a alumna de 2º de bacharelato C, Miriam Carrera Fernández, que levará un diploma e unha cámara fotográfica.

2º PREMIO para a alumna de bacharelato D, Sara Cabral Portela, que levará un diploma e un MP4.

3º PREMIO para a alumna de 2º de bacharelato C, Mélodi Rodríguez Lomba, que levara un diploma e un MP3.

A entrega de premios realizarase o próximo luns 18, ás 12 horas no Salón de actos do IES. Entre todos os votantes da elección sortearase, ao final do mesmo, un pen drive.

 

 

E.D.A.R. DE A GUARDA

Publicado: 24/03/2009 14:56 por en FOTOVERDE
20090324145530-dscn1309.jpg

No día de hoxe, martes 24 de marzo, o alumnado de 1º ESO visitou a EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais) do noso Concello. A actividade está organizada polo Seminario de Bioloxía-Xeoloxía e a A21EG, contando co asesoramento da empresa que leva a xestión da planta para o Concello.

A EDAR está pensada para unha poboación equivalente de 23.000 habitantes, para un caudal medio de 268,30 m3/h, podendo chegar a un caudal máximo de 644 m3/h. A depuradora consta de dúas liñas diferenciadas:

1ª. Liña de auga:

A auga residual que chega é sometida en primeiro lugar a un pretratamento para a eliminación das materias sólidas grosas e finas, da area e máis da graxa. Despois pasa ao biolóxico de aireación prolongada, caracterizado pola súa flexibilidade e baixo custo. A decantación é o seguente proceso, onde se consegue a clarificación da auga xa depurada. Por último a auga sométese á desinfección por raios ultravioleta.

2ª. Liña de lodo:

O lodo que se produce, recircúlase constantemente do decantador ao biolóxico. Os lodos en exceso envíanse ao espesador para sometelos a un acondicionamento químico que permita a súa centrifugación, e deste xeito que sexan aptos para o transporte (compost que se emprega como fertilizante).

Esta actividade, xunto con outras, sitúase na conmemoración do Día Internacional da auga, celebrado o pasado domingo 22.

PREMIOS "FOTCIENCIA08" III

Publicado: 14/12/2008 22:33 por vgomez en FOTOVERDE
20081212172431-premios-fotciencia08ii.jpg

"Vapores volcánicos", de Irineu Illa Bochaca (Girona), accésit.

 

PREMIOS "FOTCIENCIA08" II

Publicado: 12/12/2008 22:33 por vgomez en FOTOVERDE
20081212172859-premios-fotciencia08iii.jpg

"Libre al sur del Duero", de Alberto García Gómez (Madrid)

Esta é a fotografia máis votada na categoría xeral polos visitantes na páxina web de Fotociencia.

PREMIOS "FOTCIENCIA08"

Publicado: 12/12/2008 17:20 por vgomez en FOTOVERDE
20081212172013-premios-fotciencia08.jpg

"Estímulos olfativos", de Pablo García García (León), primeiro premio na categoría xeral.

O CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e a  Fundación para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) concederon os premios de fotografía científica 2008. Durante varios día publicaremos as mellores fotografías. Hoxe escomenzamos co primeiro premio.

BOLBORETA MONARCA

Publicado: 27/10/2008 09:08 por vgomez en FOTOVERDE
20081026170136-1219944044-extras-albumes-0.jpg

A bolboreta monarca (Danaus plexippus). Unha das bolboretas máis famosas e populares debido ás súas migracións e á súa singular bioloxía. (Foto: Travis Morisse)

COGOMELOS I : CANTHARELLUS

Publicado: 26/10/2008 11:10 por vgomez en FOTOVERDE
20081026110638-p30b-f568d.jpg

O pasado venres, na saída da A21eG ao monte Aloia, un grupo de rapaces e rapazas estiveron buscando cogomelos. A especie maioritaria que atopamos foi o Cantharellus, concretamente os xéneros Cantharellus cibarius e Cantharellus tubaeformormis.

É unha especie fácil de distinguir e moi difícil de confundir con especies perigosas. O seu sombreiro é lixeiramente convexo e aplanado de novo e en forma de funil na madurez, con bordo irregular moi lobulado. Superficie lisa de tacto untuoso, con cor amarela ouro ou incluso alaranxada. Non ten verdadeiras láminas, son máis ben unha serie de pregues de aspecto veoso. Carne consistente, de cor branca amarelenta, cunha fragancia agradable, que nalgúns exemplares lembra aos albaricoques.

É un dos cogomelos comestibles máis apreciados e buscados.

Lembra sempre as normas: En caso de dúbida consultar cun experto. Nunca consumir sen estar seguro. Cortar, nunca arrancar. Cesta, non bolsas de plástico. Respecta o monte.

GRULLA REAL GRIS

Publicado: 23/10/2008 23:01 por vgomez en FOTOVERDE
20081023230059-3e6c9201f0162ddb67382fa6f9ab88c9-extras-albumes-0.jpg

Exemplar da GRULLA REAL GRIS ( Balearica regulorum) Foto: AFP/Roberto Schmidt

LAURA LAGO E AS BOLBORETAS

Publicado: 10/10/2008 09:01 por vgomez en FOTOVERDE
20081009170528-1laulag6-1-.jpg

COLIAS CROCEA (Foto: Laura Lago)

Non é a primeira vez que falamos dela, incluso temos publicado algunhas das súas fotografías. Tratáse dunha profesora do noso centro (IES A Sangrina) do Departamento de Lingua Castelá e Literatura: LAURA LAGO. É unha gran fotógrafa e a súas paixon son as bolboretas.

ANABAM (Asociación Naturista Baixo Miño) acaba de publicar na súa páxina unha colección de fotografías sobre este tema e o máis curioso é que son de especies desta zona.

Se estas interaso en velas pincha en BOLBORETAS DE LAURA LAGO

TEIDE

Publicado: 01/10/2008 23:43 por vgomez en FOTOVERDE
20081001233634-139teiden.jpg

 Teide (Foto: Antonio Perera)

Moita xente de A Guarda e das zonas limítrofes están ou estiveron traballando na Illas Canarias. Un referente da Illa de Tenerife é o Teide.

O Teide é un volcán, o pico máis alto da Península Ibérica, e atópase a unha altura de 3.718 metros sobre o nivel do mar. 

FLAMENCOS

Publicado: 09/09/2008 18:29 por vgomez en FOTOVERDE
20080909182548-140flamenco.jpg

FLamencos (Phoenicopterus ruber) Foto: Juan Tébar

MARTA

Publicado: 29/08/2008 11:49 por vgomez en FOTOVERDE
20080829114342-martes2.jpg

A Marta  ou Martaraña (Martes martes) é un mustélido carnívoro. Posúe unha cabeza pequena, un fuciño agudo, un corpo delgado, patas curtas e pelame espesa e suave, máis escuro polo lombo que polo ventre. Os seus hábitos son nocturnos, adoitan vivir nas árbores e aliméntanse de pequenos mamíferos, pequenas aves, insectos e ras. Tamén comen algúns froitos e ovos de paxaros. O seu peor inimigo é o home, que a apreza pola súa fina pel.

A súa clasificación científica é:

Reino:Animal.    Filo:Cordados.    Clase:Mamíferos.   

Orde:Carnívoros.   Familia: Mustelidae.    Xénero: Martes.

 

CORMORÁN MOÑUDO

Publicado: 23/08/2008 20:38 por vgomez en FOTOVERDE
20080823201944-1219335037-extras-albumes-0.jpg

Cormorán Moñudo "Phalacrocorax aristotelis"

Na fotografía de Florian Möllers/ www.wild-wonders.com, vemos un cormorán moñudo adulto (’Phalacrocorax aristotelis’) que está a mudar a súa plumaxe.

É unha ave de tamaño medio-grande.  Ten un pescozo longo e unha gorxa amarelada. Os adultos, na época de apareamento despregan unha pequena cresta "moño", de onde provén o seu nome. A súa clasificación científica sería:

Reino: Animal. Filo: Cordados. Clase: Aves. Orde: Pelecaniformes. Familia: Phalacrocoraciidae. Xénero: Phalacrocorax.

A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO

Publicado: 12/08/2008 10:30 por vgomez en FOTOVERDE
20080808125306-images.jpg

"Amorphophallus titanum" (Foto: Seattle Parks)

É moi grande e fede. Estas son as dúas características cando falamos desta flor "Amorphophallus titanum", literalmente falo amorfo titánico, ou como tamén é coñecida: aro xigante ou flor cadáver.

A "Amorphophallus titanum", é unha herba que pode superar os 3 metros de altura. Ten un tubérculo superficia, do que brota un único talo de ata 1 m, que á súa vez presenta unha única folla e un pedúnculo floral.

A súa floración é un acontecemento, pois só o fai tres ou catro veces na súa vida (que dura sobre 40 anos). O máis grandiso desta flor que só dura 3 días son as súas medidas: 2,50 m de altura, 1 m de diámetro e uns 75 kg de peso.

A súa clasificación científica sería:

Reino: Plantas División: Magnoliophyta Clase: Liliopsida

Orde: Alismatales Familia: Araceae Xénero: Amorphophallus

SABANA

Publicado: 10/08/2008 11:30 por vgomez en FOTOVERDE
20080810113055-20080808elpepusoc-3.jpg

Sabana de Garamba, na República Democrática do Congo (Foto: Gorka Lejarcegi)

En Garamba, situada ao noreste da República Democrática do Congo, atópase o Parque de Garamba, creado en 1938 e decalarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1980. É un dos reductos dos elefantes e rinocerontes. Na fotografía apreciase un solpór con treboada na sabana pura, cunh árbore denominada salchichón.

CORAL

Publicado: 15/07/2008 10:56 por vgomez en FOTOVERDE
20080715105629-1215704994-extras-albumes-0.jpg

Corais de Rajá Ampat en Papúa, Indonesia. (Foto: Sterling Zumbrunn / SCIENCE)

Os corais non son plantas, aínda que o parezan. É un animal, un pequeno pólipo duns milímetros de diámetro. Teñen a capacidade de fixar sobre os seus tecidos o calcio disolto no mar, formando estructuras ríxidas caracteríaticas.

Eles tamén son víctimas da contaminación producida polo home. Un tercio das especies está nun elevado risco de extinción.

FOTOVERDE: GLACIAR

Publicado: 23/06/2008 13:23 por vgomez en FOTOVERDE
20080623132352-138glaciar.jpg

Glaciar Colonia (Chile) Foto:Diego Sáinz

"UNICORNIO"

Publicado: 12/06/2008 23:01 por vgomez en FOTOVERDE
20080612201203-1213279720-g-0.jpg

O corzo "unicornio" (Foto: AP)

Non se trata dun unicornio (esa criatura semellante a un cabalo, dotada de "poderes curativos máxicos", que aparece en lendas e relatos ao longo da historia, desde textos antigos e medievais ata as novelas de Harry Potter), é un  corzo nacido en cautiverio no Parque do Centro de Investigacións en Prato, unha poboación veciña de  Florencia (Italia).

Ao parecer trataríase dunha anomalía xenética, xa que o seu irmán, nacido do mesmo parto ten a cornamenta completa.

¡Cousas da xenética!

OSO POLAR

Publicado: 25/04/2008 23:59 por vgomez en FOTOVERDE
20080425235910-44osopolar.jpg
Oso polar, nova especie en perigro de extinción (REUTERS)

A MUDA

Publicado: 26/03/2008 20:58 por vgomez en FOTOVERDE
20080326205805-123muda.jpg
A muda (Foto: José B. Ruíz)

LEUCOSPERMUM GERRARDII

Publicado: 29/02/2008 19:11 por vgomez en FOTOVERDE
20080229191102-1193413265-extras-albumes-0.jpg
Imaxe dunha planta indíxena sudafricana  (Foto:NIC BOTHMA / EFE)

GORILAS

Publicado: 24/02/2008 20:45 por vgomez en FOTOVERDE
20080224204523-1194008244-extras-albumes-0.jpg
Gorilas de chaira (Foto: Gustavo Catalán Deus)
 
Estes gorilas de chaira atópanse na pequena reserva de Lesio-Louna-Lefini, a 200 km de Brazaville (Congo). Están en perigo de extinción debido á caza ilegal e ao virus do ébola, que nos últimos anos mataron a máis do 25% dos seus efectivos.
 
 

CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA

Publicado: 19/02/2008 08:17 por vgomez en FOTOVERDE
20080217113042-1198247849-extras-albumes-0.jpg

Fotografía: EFE/Alex Hofford

Dúas imaxes recientes da cidade Hong-Kong tomamadas dende o mesmo lugar, á mesma hora (seis da maña) pero en días diferentes. Nunha delas o nivel de polución era moi alto e na outra a atmosfera está completamente limpa.  

FORTES NEVADAS EN CHINA

Publicado: 05/02/2008 10:38 por vgomez en FOTOVERDE
20080204115040-1201897738-extras-albumes-0.jpg
Imaxe tomada polo satélite MODIS que amosa a capa de neve que paralizou o leste, sur e centro de China (Foto EFE/NASA)

A MÁXICA NATUREZA IBÉRICA VII

Publicado: 17/01/2008 17:00 por vgomez en FOTOVERDE
20080117170050-1199457819-extras-albumes-0.jpg
Baixo as estrelas (Malpartida de Cáceres-Cáceres) Fotografía: José B. Ruíz

A MÁXICA NATUREZA IBÉRICA VI

Publicado: 16/01/2008 19:27 por vgomez en FOTOVERDE
20080113204043-1199457646-extras-albumes-0.jpg
CAZANDO A DISTANCIA (Piñeiral de Barbate-Cádiz) Fotografía: José B. Ruíz

A MÁXICA NATUREZA IBÉRICA V

Publicado: 15/01/2008 10:28 por vgomez en FOTOVERDE
20080113203652-1199457937-extras-albumes-0.jpg
UNIDO AO SEU ESPELLO (Plá de Xirau-Alicante) Fotografía:José B. Ruíz

A MÁXICA NATUREZA IBÉRICA IV

Publicado: 10/01/2008 18:59 por vgomez en FOTOVERDE
20080110185931-1199457430-extras-albumes-0.jpg
Retrato de familia (Pinoso-Alicante) Fotografía:José B. Ruíz

A MÁXICA NATUREZA IBÉRICA III

Publicado: 10/01/2008 11:33 por vgomez en FOTOVERDE
20080107143111-1199457170-extras-albumes-0.jpg
Mirada con mensaxe (Antequera-Málaga) Fotografía: José B. Ruíz

A MÁXICA NATUREZA IBÉRICA II

Publicado: 09/01/2008 17:48 por vgomez en FOTOVERDE
20080107142620-1199458023-extras-albumes-0.jpg
Calculando distancias (Orito-Alicante) Fotografía: José B. Ruíz

A MÁXICA NATUREZA IBÉRICA

Publicado: 08/01/2008 16:52 por vgomez en FOTOVERDE
20080106122227-1199456823-extras-albumes-0.jpg
Gardiáns da cova: MORENAS (Illa de Benidorm-Alicante)
Co título A MÁXICA NATUREZA IBÉRICA, e durante varios días irán aparecendo as fotografías dunha exposición itinerante do fotógrafo José B. Ruíz e patrocinada pola Caixa do Mediterráneo (CAM). Merece a pena admiralas.

365 XESTOS PARA SALVAR O PLANETA III

Publicado: 06/01/2008 12:12 por vgomez en FOTOVERDE
20080101141951-1198868186-extras-albumes-0.jpg
Volcán Piton da Fourniaise en plena actividade (Isla da Reunión). Foto: Phillippe Bourseiller.

365 XESTOS PARA SALVAR O PLANETA II

Publicado: 05/01/2008 12:02 por vgomez en FOTOVERDE
20080101141852-1198868750-extras-albumes-0.jpg
Baleas xorobadas baixo as augas da Polinesia. Foto: Phillippe Bourseiller.

365 XESTOS PARA SALVAR O PLANETA

Publicado: 01/01/2008 14:14 por vgomez en FOTOVERDE
20080101141456-1198868854-extras-albumes-0.jpg

Deserto de Namib (Namibia). Fotografía de Philippe Bouseiller.

 

PRADEIRA SUMERXIDA

Publicado: 17/12/2007 23:40 por vgomez en FOTOVERDE
20071217234016-113praderas.jpg
Juan Cuetos/OCEANA

DESASTRE ECOLÓXICO EN COREA

Publicado: 12/12/2007 23:33 por vgomez en FOTOVERDE
20071212233342-115desastre-corea.jpg
Desastre ecolóxico en Corea. (AFP)

OUTONO TARDÍO

Publicado: 11/12/2007 00:01 por vgomez en FOTOVERDE
20071211000147-109luzotonal.jpgParece que chegou, tarde pero chegou o OUTONO. Temperaturas suaves, para a época do ano. Poucas chuvias. Esto está cambiando. Nesta época ía moito frío. ¿Que pasa? Seguro que o pagarenos.

KOALA

Publicado: 29/11/2007 11:45 por vgomez en FOTOVERDE
20071128083901-75koala.jpg
Koalas. (Reuters)
Koala (Phascolarctos cinereus) é marsupial arborícora, con hábitos moi tranquilos e que pode acadar os 76 cm.
El koala es un marsupial arborícola que posee unos hábitos muy tranquilos, como los de un perezoso.
El koala es un marsupial arborícola que posee unos hábitos muy tranquilos, como los de un perezoso. Su longitud corporal puede alcanzar unos 76 centíEl koala es un marsupial arborícola que posee unos hábitos muy tranquilos, como los de un perezoso. Su longitud corporal puede alcanzar unos 76 centímetros aproximadamente.metros aproximadamente.

¿CAMBIO CLIMÁTICO?

Publicado: 27/11/2007 10:51 por vgomez en FOTOVERDE
20071124133050-36groenlandia.jpg

Desxeo acelerado en Groenlandia

Foto de J.A. Dowdeswell/Science

 

 

ACEBO

Publicado: 23/11/2007 11:03 por vgomez en FOTOVERDE
20071122191829-30acebo.jpg

Acebo (Ilex aquifolium) (Cristina Sánchez-Turrero)

FOTO NEGRA

Publicado: 13/11/2007 23:21 por vgomez en FOTOVERDE
20071113231937-enrique-prestige.jpg
Fotonegra, parece contradictorio publiclalo en FOTOVERDE, pero hai que telo presente para nunca esquecelo UN DESASTRE: PRESTIGE.
Nestes días vemos no norte de Europa e en América máis do mesmo. 
Cada un que pense o que queira pero eu ...Boca sellada

PASIFLORA

Publicado: 13/11/2007 17:25 por vgomez en FOTOVERDE
20071111135245-29pasiflora.jpg
Pasiflora (Fotografía de Cristina Sánchez-Turrero)

 

Pasiflora ou flor da pasión (Passiflora caerulea). Familia das Pasifloráceas. Planta perenne de ata 9 metros de lonxitude. Talos trepadores, leñosos. Follas alternas, trilobadas, verdes oscuras; brotes brandos vermellos. Flores cremosas con tintes rosados pálidos. Froitos comestibles semellantes ao ovo.

É un dos mellores remedios contra o insomnio e con propiedades sedantes, antiespasmódicas e analxésicas.

 


BALEA BELUGA

Publicado: 08/11/2007 19:03 por vgomez en FOTOVERDE
20071106235947-65primbeleu.jpg
Nace a primeira balea beluga europea (Oceanográfico de Valencia)

ICEBERG

Publicado: 04/11/2007 09:09 por vgomez en FOTOVERDE
20071104090935-26iceberg.jpg
Iceberg (Bego Vendrell)

É HORA DE SALVAR O PLANETA

Publicado: 22/10/2007 18:05 por vgomez en FOTOVERDE
20071022180539-explorar.jpgPortada do xornal EL PAIS 21/10/2007

MEANDROS

Publicado: 20/10/2007 09:10 por vgomez en FOTOVERDE
20071020091047-78meandros.jpg

Ana Claudia Jatahy. Greenpeace

ARCO DA VELLA

Publicado: 17/10/2007 11:59 por vgomez en FOTOVERDE
20071014174457-106arcoiris.jpg
Arco da vella. (AP/Casey Chistrie)

BOLBORETAS IV

Publicado: 13/10/2007 08:33 por vgomez en FOTOVERDE
20071012103442-th-podalirios.jpg

LAURA LAGO FDEZ. Podalirios xunto ao río Miño

MÁIS BOLBORETAS

Publicado: 07/10/2007 14:10 por vgomez en FOTOVERDE
20071005173330-11902816yk.jpg

lycaena tityrus. LAURA LAGO FERNÁNDEZ

BOLBORETAS

Publicado: 05/10/2007 17:27 por vgomez en FOTOVERDE
20071005172654-11909739hh.jpg
Triste final para esta macaón.
 
Na sección de FOTOVERDE amoso hoxe, e volverei a facelo durante varios días, fotos de bolboretas que foron feitas por unha compañeira de traballo, profesora de Lingua Castelá e Literatura: LAURA LAGO FERNÁNDEZ. Ao meu entender son fantásticas.

O COMETA HALE BOPP

Publicado: 01/10/2007 18:32 por vgomez en FOTOVERDE
20070930231955-91halebopp.jpg
(AP) O cometa Hale Bopp ao seu paso por Stonehenge (Inglaterra)

OUTONO

Publicado: 01/10/2007 10:53 por vgomez en FOTOVERDE
20070930230259-21otono.jpg
(Cristina Sánchez-Turrero)
20070930225337-48desierto.jpg
(UNEP)