Blogia
vgomez

FRASES

DÍA DA TERRA

Día da Terra, 22 de abril de 2022 / ucsp.edu.pe

Hoxe, e dende o 22 de abril de 1970, celebrase o Día da Terra, sendo unha boa ocasión para reflexionar sobre a situación do noso planeta e a imperiosa necesidade de restablecer o equilibrio ecolóxico perdido.

A primeira reflexión é de Gary Sherman Snyder (San Francisco, 1930), poeta e activista estadounidense.

 “A natureza non é un lugar para visitar. É o fogar

A segunda reflexión é Mahatma Gandhi (Porbandar, 1869 - Nova Delhi, 1948), líder pacifista indio.

A terra prové o suficiente para satisfacer as necesidades de cada home, pero non a avaricia de cada home

A terceira reflexión é de Thomas Fuller (Northamptonshire, 1609 - Londres, 1661), clérigo e historiador inglés,

 “Nunca recoñeceremos o valor da auga ata que o pozo estea seco

A cuarta e última, de Félix Rodríguez de la Fuente (Poza de la Sal, 1929 - Alaska, 1980), naturalista español.

 “Hai que facer algo para protexer a unha Nai que non se queixa, que nos deu todo o que temos, e á que estamos a matar!"

O futuro da Terra está nas nosas mans!

ENTROIDO, CARNAVAL...

Entroido, antroido, entruido, entrudio, entrudo e carnaval. Son estas as palabras que aparecen no dicionario da Real Academia Galega como denominacións da festa que fai vibrar todo o país nestes días.

Imos reflexionar sobre esta festa a través destas fráses:

A primeira é da figura capital da música popular brasileira contemporánea: Marcus Vinícius da Cruz de Melo Moraes (1913-1980):

- A felicidade do pobre parece a gran ilusión do carnaval, a xente traballa o ano enteiro por un momento, un soño para facer a fantasía de rei, de pirata ou xardineiro. Para todo acabarse o mércores.

A segunda é un Anonimo:

- O entroido permítenos por un momento ser outra persoa, dar renda solta aos nosos instintos, para logo, volver ser o que somos, o que fomos.

A terceira é de do escritor e  periodista británico Gilbert Keith Chesterton (1874-1936):

- A algúns homes os disfraces non os disfrazan, senón revélanos. Cada un disfrázase daquilo que é por dentro.

Para rematar, parte dunha canción de Úrsula Hilaria Celia de la Caridad De La Santísima Trinidad Cruz Alfonso (1925-2003), acantante cubana máis coñecida como Celia Cruz:

- Ai! non hai que chorar, que a vida é un carnaval e as penas vanse cantando.

Disfrutade do Entroido!

Imaxe: lacasainfantil.com

MOZ@S E CAMBIO CLIMÁTICO

Greta Thunberg e activistas de Mocidade polo Clima e Fridays For Future durante a rolda de prensa en Madrid / Getty.

Estes días estase a celebrar en Madrid a COP25. Nel participa Greta Thunberg, que cos seus 16 anos, converteuse nun dos personaxes máis relevantes do ano 2019 polo seu activismo climático.

Aquí tes algunhas das frases máis importantes que pronunciou Greta durante a súa presenza nos eventos da COP25:

Eu só son unha pequena peza, necesitamos máis referentes no activismo polo clima

Espero realmente que a COP25 sexa unha ocasión para que os políticos fagan algo fronte á emerxencia, e que isto sexa algo que non poidan ocultar máis

"O cambio é o que os mozos pedimos, e a nosa voz está a ser por fin escoitada. Por iso, están desesperados por tentar silenciarnos"

Levamos un ano facendo folga sobre o clima, e seguen sen facer nada. A xente está a sufrir e morrendo e non podemos continuar así

Os eloxios non nos van a salvar, senón as vosas accións

Non queremos só promesas, e xa oímos moitas. Queremos que actuedes"

FONTE: Laura Marcos/muyinteresante.es

ALGUNHAS FRASES DE OSCAR WILDE

Oscar Wilde / semanariouniversidad.com

Oscar Wilde (Oscar Fingal O’Flahertie Wills) (Dublín-Irlanda, 1854 - París-Francia, 1900) permanece como un dos pensadores máis punzantes, divertidos e contemporáneos. De ser o rei da alta sociedade londiniense á morte solitaria e cruel en París por amar a quen non debía, el mesmo foi a súa mellor creación. Son especialmente famosas as súas obras teatrais, pero que ninguén perda os seus artigos e relatos curtos. Incluso a transcrición do xuízo que desgraciou a súa vida para sempre (foi condenado por "indecencia grave" ao descubrirse a súa relación con Alfred Douglas) está cheo de momentos  hilarantes.

Quí tes algunhas das súas frases que son tan universais e contemporáneas que son facilmente aplicables ao aquí e o agora: a un mundo cada vez máis individualista, uns políticos cada vez máis ensimesmados e un futuro cada vez menos claro.

-A sociedade existe só como un concepto mental, no mundo real só existen os individuos

-Os nenos comezan amando aos seus pais, despois dun tempo xúlganos, e raramente, se é que nunca, perdóanos

-A vida é unha cousa demasiado importante como para tomala en serio

Non ten inimigos, pero é enormemente desprezado polos seus amigos

- Cada vez que a xente está de acordo comigo sinto que me estou equivocando

- A experiencia non é máis que o nome que damos aos nosos erros

-  “O home está máis afastado de si mesmo cando fala de cara. Dálle unha máscara e dirache a verdade”.

-Cando era mozo pensaba que o diñeiro era o máis importante na vida, agora que son maior sei que o é

- Os verdadeiros amigos apuñálante de fronte

Memorables!

FONTE:icon/elpaís.com

SABES QUEN O DIXO (FIN)

A contestación correcta á pregunta do último día de Quen o dixo? é Verdadeiro. Oscar Wilde (1854-1900) foi un dos dramaturgos máis destacados do Londres victoriano tardío e moi coñecido na súa época polo seu incrible enxeño. “Perdoa ao teu inimigo. Non hai nada que lle enfurezca máis ás veces si", é outra das súas citas famosas.

Sinatura de Wilde/Wikipedia

Así remata esta serie adicada a frases celebres e os seus autores. Ata a próxima! 

FONTE: muyinteresante.es

SABES QUEN O DIXO XII

A contestación correcta á pregunta do último día de Quen o dixo? éSoamente aquel que constrúe o futuro ten dereito a xulgar o pasado. Friedrich Nietzsche (1844-1900) foi un filósofo, poeta, músico e filólogo alemán.

Por certo, as outras dúas son do escritor e filósofo italiano Umberto Eco falecido en 2016.

E imos coa proposta para hoxe, e última!

12.As preguntas nunca son indiscretas. As respostas, si” é unha famosa cita de Óscar  Wilde

- Verdadeiro

- Falso

Mañá a solución!

FONTE: muyinteresante.es

SABES QUEN O DIXO XI

A contestación correcta á pregunta do último día de Quen o dixo? é Robert Oppenheimer  (1904-1967). Foi o director científico do proxecto Manhattan, cuxo obxectivo era que Estados Unidos fóra dos primeiros en desenvolver a primeira arma nuclear, polo que a miúdo era nomeado como un dos «pais da bomba atómica»

 E imos coa proposta para hoxe!

11. Cal destas citas soadas si foi pronunciada por  Nietzsche?

-Sabedoría non é destruír ídolos, senón non crealos nunca

-A instancia ética sobrevén non cando finximos que non hai inimigos, senón cando se tenta entendelos, poñerse no seu lugar

-Soamente aquel que constrúe o futuro ten dereito a xulgar o pasado

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muyinteresante.es


SABES QUEN O DIXO X

A contestación correcta á pregunta do último día de Quen o dixo? é Alfred Hitchcock (1899-1980). Con máis de 50 películas, este director de cinema londiniense sentou as bases de dous novos xéneros: o suspense e o  thriller psicolóxico. Psicose é a súa obra máis emblemática.

E imos coa proposta para hoxe!

10. Agora, convertinme na morte, destrutora de mundos”. Que famoso físico pronunciou esta frase?

- Robert Oppenheimer

- Albert Einstein

- Richard Feynmann

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muyinteresante.es