Blogia
vgomez

FRASES

SABES QUEN O DIXO IX

A contestación correcta á pregunta do último día de Quen o dixo? é Falso. Esta frase pertence ao xenial escritor británico de ciencia ficción Arthur C. Clarke (1917-2008) autor de “2001: Odisea no espazo”, “O sentinela” ou “As fontes do paraíso”.   

E imos coa proposta para hoxe!

9. Estou seguro que a calquera lle gusta un bo crime, sempre que non sexa a vítima”. Díxoo...

- David Fincher

- François  Truffaut

- Alfred Hitchcock

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muyinteresante.es


SABES QUEN O DIXO VIII

A contestación correcta á pregunta do último día de Quen o dixo? é Goya. Francisco José de Goya y Lucientes (1746-1828), o pintor e gravador español que representa un dos grandes alicerces da arte de orixe española. Quizá a súa frase máis famosa sexa esta: “O soño da razón produce monstros” pero dada a súa metamorfose artística, sería máis que evidente.

E imos coa proposta para hoxe!

7. A frase: “Estou seguro de que o universo está cheo de vida intelixente. Simplemente foi demasiado intelixente como para vir aquí” é de Isaac Asimov.

- Verdadeiro

- Falso

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muyinteresante.es

SABES QUEN O DIXO VII

A contestación correcta á pregunta do último día de Quen o dixo? é Si. En efecto foi pronunciada polo escritor e guionista estadounidense de literatura fantástica, ciencia ficción e terror, coñecido internacionalmente pola súa saga fantástica “Canción de Xeo e Lume”, adaptada á televisión como “Xogo de Tronos”: George R. R. Martin (1948).

E imos coa proposta para hoxe!

7. Que famoso artista español dixo... “O tempo tamén pinta

- Picasso

- Goya

- Velázquez

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muyinteresante.es

SABES QUEN O DIXO VI

A contestación correcta á pregunta do último día de Quen o dixo? é William Shakespeare (1564-1616). O autor desta cita é sen dúbida o escritor máis soado en lingua inglesa e, xunto con Miguel de Cervantes, da literatura universal. As súas obras lense e representan coma se pertencesen á historia atemporal. Sempre están de actualidade.

E imos coa proposta para hoxe!

6. Esta frases é de George R. R. Martin?: "O amor é un veleno. Un veleno doce, si, pero un veleno que mata"

- Si

- Non

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muyinteresante.es

SABES QUEN O DIXO V

A contestación correcta á pregunta do último día de Quen o dixo? é “Casa cun arqueólogo. Canto máis vella te fagas, máis encantadora atoparate”. Sen dúbida é unha das frases máis coñecidas desta escritora británica. Agatha Christie (Agatha Mary Clarissa Miller, 1890-1976) é unha das autoras máis traducidas do mundo e as súas novelas e relatos adaptáronse multitude de veces ao teatro e ao cinema.

Por certo, as outras dúas frases son de Indira Gandhi.  

E imos coa proposta para hoxe!

5. De que famoso escritor é esta cita?: “Morrer, durmir… durmir? Talvez soñar

- Lord Byron

- William Shakespeare

- Ernest Hemingway

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muyinteresante.es


SABES QUEN O DIXO IV

A contestación correcta á pregunta do último día de Quen o dixo? é Verdadeiro. O escritor estadounidense Edgar Allan Poe (1809-1849), estandarte da novela gótica, viu escurecido o seu talante e tamén por iso a súa obra, despois de que a súa esposa contraese tuberculose e posteriormente falecese.

E imos coa proposta para hoxe!

4. Cal destas citas soadas si é da xenial escritora Agatha Christie?

-Para liberarse, a muller debe sentirse libre, non para rivalizar cos homes, senón libres nas súas capacidades e personalidade

-Casa cun arqueólogo. Canto máis bela te faga, máis encantadora atoparate

-Co puño pechado non se pode intercambiar un apertón de mans

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muyinteresante.es


SABES QUEN O DIXO III

A contestación correcta á pregunta do último día de Quen o dixo? é “Penso e dubido, logo existo”. Esta frase “Cogito, ergo, sum” (“Penso e dubido, logo existo”) é a máis coñecida das frases do físico e matemático francés rené Descartes (1596-1650). A frase “Daría todo o que sei pola metade do que ignoro”, que el usou non era del senón de Copérmico.

E imos coa proposta para hoxe!

3. O fascinante escritor de contos de terror, Edgar Allan Poe dixo: “A morte dunha muller fermosa é, sen dúbida, o tema máis poético do mundo

- Verdadeiro

- Falso

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muyinteresante.es

SABES QUEN O DIXO? II

A contestación correcta á pregunta do último día de Quen o dixo? é “O comunismo atopa gran audiencia alí onde non goberna”. Esta foi a única, das tres citas propostas, que non ponunciou o militante comunista prusiano de orixe xudeo Karl Marx (1818-1883).

E imos coa proposta para hoxe!

2. A cita máis coñecida de René Descartes é...

-Penso e dubido, logo existo

- Saber que sabemos o que sabemos e saber que non sabemos o que non sabemos, ese é o verdadeiro coñecemento”.

-Daría todo o que sei pola metade do que ignoro

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muyinteresante.es