Blogia
vgomez

FRASES

SABES QUEN O DIXO?

Políticos, escritores, músicos, científicos..., deixaron un legado incrible de citas soadas e moitas desas frases oímolas a miúdo. Atreveríaste a averiguar se coñeces quen as dixeron? Si. Pois empezamos!

1. Unha destas frases non pertence ao pai do socialismo científico, Karl Marx.

- O home é o ser supremo para o home

- “A relixión é o opio do pobo

-O comunismo atopa gran audiencia alí onde non goberna

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muyinteresante.es

REFLEXIÓNS PARA ACADAR A FELICIDADE

O Dalái Lama / Imaxe: Instagram@dalailama

O actual Dalái lama (océano de sabedoría),líder espiritual do lamaísmo ou budismo tibetano, é Tenzin Gyatso (1935, 84 anos), proponnos algunhas reflexións para acadar a felicidade:

O home sorpréndeme, porque sacrifica a súa saúde para gañar diñeiro. Logo sacrifica o seu diñeiro para recuperar a súa saúde. Logo é tan ansioso sobre o futuro que non goza o presente; como resultado non vive no presente nin o futuro; o home vive coma se nunca fóra a morrer, e morre coma se nunca vivise”.

A maioría dos nosos problemas teñen a súa orixe no apego a cousas que de forma errónea cremos permanentes”.

O verdadeiro propósito desta vida é a felicidade, a cal é sostida por esperanza. Non temos ningunha garantía a futuro pero vivimos coa esperanza de algo mellor. Esperanza significa seguir tentándoo, pensar que se pode facer”.

Só existen dous días no ano nos que non podes facer nada. Un chámase onte e outro mañá. Por tanto, hoxe é o día ideal para amar, crecer, facer e vivir”.

Ás veces as cousas saen mal, iso é normal, pero temos un dito no Tíbet: ‘Nove veces fallas, nove veces volves tentar”.

Pensar que o futuro da humanidade solucionarase con rezos e pregarias relixiosas non é realista. Hai que tomar acción. Facer algo”.

Reflexións moi profundas!

NADAL

frases-navidad

 

Estamos a piques de celebrar as festas do Nadal, tempo de estar coa familia e os amigos e comer e beber algo máis do normal.

Imos reflexionar, a través de frases célebres, do significado desta festa:

A primeira é de Calvin Coolidge (1872-1933), trixesimo presidente dos Estados Unidos:

"O Nadal non é un momento nin unha estación, senón un estado da mente. Valorar a paz e a xenerosidade e ter mercé é comprender o verdadeiro significado de Nadal"

 A segunda é do escritor e novelista inglés Charles Dickens (1812-1870):

 “Feliz, bo nadal, a que fai que nos acordemos das ilusións da nosa infancia, lémbrelle ao avó as alegrías da súa mocidade, e transpórtelle ao viaxeiro á súa cheminea e ao seu doce fogar!

A terceira é do escritor e periodista mexicano Alberto Pérez Rojas (1970):"O Nadal é un bo motivo para vivir a fraternidade que une a todos os seres deste planeta"

 A cuarta, e última, é do escritor e investigador americano Harlan Miller:

"Oxalá  pudiesemos meter o  espiritu do Nadal en xerros e abrir un xerro cada mes do ano

Bo Nadal a tod@s!

A MENTIRA

A Pinocho médralle o nariz coas mentiras / Imaxe:jornaldaorla.com.br

O dicionario da RAG (Real Academia Gagega) define MENTIRA como: Aquilo que unha persoa presenta como verdadeiro sabendo que é falso.

Imos hoxe reflexionar sobre esta palabra a través de frases célebres:

A primeira é de Martín Lutero (1483-1546), teólogo alemán e pai espiritual da Reforma protestante:

"Unha mentira é como unha bóla de neve; canto máis roda, máis grande vólvese"

A segunda é do peota inglés Alexander Pope (1688-1744):

"O que di unha mentira non sabe que tarefa asumiu, porque estará obrigado a inventar vinte máis para soster a certeza desta primeira"

A terceira é do psicólogo e filósofo estadounidense William James (1842-1910):

"Non hai maior mentira que a verdade mal entendida"

A cuarta é do escritor, pintor e cineasta fráncés Jean Cocteau (1889-1963):

"Un vaso medio baleiro de viño é tamén un medio cheo, pero unha mentiras a medias, de ningún modo é unha media verdade"

A quinta é do contante estadounidense, o Rei do Pop, o xenial Michael Jackson (1958-2009):

"As mentiras corren carreiras curtas, as verdades corren maratóns"

Para rematar, un refrán popular:

 "Píllase primeiro a un mentiroso que a un coxo"

Como conclusión, a mentira non é boa compañeira de viaxe!


FRASES: A MULLER

Obra de Christiaan Lieverse / Imaxe: blog.artintern.net

 

 O apartado FRASES adícollo hoxe á MULLER que esta presente na nai, na irmá, na compañeira... Reflexionemos:

A primeira frase é da política británica e primeira ministra do Reino Unido Margaret  Thatcher (1925-2013):

“Se queres que se diga calquera cousa, pídello a un home. Se queres que se faga algo, pídello a unha muller”

A seguNda é da executiva de publicidade americana Lois Wyse (1926-2007):

“Aos homes ensínaselles desculparse polas súas debilidades, ás mulleres polas súas capacidades”

A terceira é do biólogo, médico e científico Alexis Carrel (1873-11944):

"O papel das mulleres no progreso da civilización é moito maior que o do home, polo que debería desenvolver as súas aptitudes de acordo coa súa natureza, sen imitar aos homes"

Para rematar, unha frase do dramaturgo e poeta noruego Henrik Johan Ibsen (1828-1906):

“A nosa sociedade é masculina, e ata que non entre nela a muller non será humana”


FÚTBOL

Historia del fútbol

Balón y campo / Imaxe: okdiario.com

En pleno Mundial Rusia 2018, o apartado de FRASES non podía ser doutra maneira que adicalo ao FÚTBOL. Reflexionemos sobre o tema coas seguintes frases:

A primeira é do futbolista e entrenador arxentino nacionalizado español Alfredo Di Stéfano (1926-2014).

"Ningún xogador ñe tan boi como todos xuntos"

A segunda é do xogador brasileiro Edson Arantes do Nascimento "Pelé" (1940).

"Eu nacín para o fútbol como Bethoven naceu para a música"

A terceira corresponde ao futbolista e adestrador español Santiago Bernabéu (1895-1978).

"Non hai xogadores novos e vellos, hainos bos e hainos malos"

E para rematar unha do futbolista camerunés Samuel Eto’o (1981).

"Correrei como un negro, para vivir mañá como un branco"

Que disfrutedes do fútbol!

CONSELLOS PARA A FELICIDADE DE EINSTEIN

La teoría de la felicidad de Einstein aparece en una nota manuscrita en Tokio

As dúas notas escritas en alemán /  AFP/eluniverso.com

 

Un par de vellas notas manuscritas. E nelas, unha receita, a de como ter unha vida feliz. Ambas foron entregadas polo mismísimo Albert Einstein a un mensaxeiro en Tokio e agora, 95 anos máis tarde, ven a luz nunha poxa celebrada en Xerusalén e polas que pagaron 1,33 millóns de dólares.

A historia das notas é unha anécdota digna de contar: corría o ano 1922 e o xenial físico atopábase en Tokio, dando unha serie de conferencias. Facía pouco que recibira o premio Nobel e a súa fama non deixaba de crecer en todo o mundo.

Un día, un mensaxeiro xaponés entrou ao Hotel Imperial, onde Einstein aloxábase, para entregarlle unha mensaxe. Non se sabe se o mensaxeiro, segundo os hábitos locais, negouse a aceptar propina ou se o físico non levaba diñeiro solto encima nese momento.

O que está claro é que Einstein non quixo que o raparigo se fose de alí cunha man chea de nada e outra cousa de ningunha e escribiulle alí mesmas dúas notas, a man e en alemán, segundo conta o vendedor das notas, que é parente do xa desaparecido mensaxeiro e que vive en Hamburgo.

"Quizá, se tes sorte, díxolle o físico ao mensaxeiro,  estas notas transformaranse en algo moito máis valioso que unha propina normal e corrente".

Unha das notas, na que aparece o membrete do Hotel Imperial de Tokio, di textualmente que "unha vida tranquila e modesta trae máis felicidade que unha procura constante de éxito, unida a unha axitación constante".

A outra, escrita nun sinxelo papel branco, di simplemente "onde hai vontade, hai un camiño".

A día de hoxe, resulta imposible determinar se as dúas notas de Einstein, descoñecidas ata agora, son unha mera reflexión sobre a súa xa entón crecente fama.

Por certo, descoñécese se o mensaxeiro en cuestión chegou lonxe na vida aplicando a receita do xenio...

FONTE: xornal abc/ciencia

A MODA

A MODA

Pasión pola moda / Imaxe:visitflanders.com

É difícil escapar da MODA. Todo está marcado por ela: roupa. peiteados, mobles... Hoxe imos reflexionar sobre esta palabra a través das seguintes frases.

A primeira é do escritor e dramaturgo inglés Henry Fielding (1707-1754): "A moda é a ciencia da aparencia, e que lle inspira a un o desexo de parecer máis que de ser"

A segunda é do escritor e poeta irlandés Oscar Wilde (1854-1900): "A moda é sempre un esperpento tal que nos vemos obrigados a cambiar cada seis meses"

Para rematar, a terceira é do deseñador italiano Gianni Versace (1941-1997): "Non deixes que a moda te domine, ti decides quen eres e que queres expresar"