Blogia
vgomez

FRASES

CORAXE

CORAXE

Coraxe / Imaxe: imgrum.me

A coraxe é esa forza moral que leva a acometer calquera empresa, a enfrontarse a un perigo ou dificultade. Imos hoxe reflexionar sobre esta forza a través de 6 frases célebres:

A primeira é de Nelson Mandela (1918-2013): "Aprendín que a coraxe non era a ausencia de medo, senón o triunfo sobre el".

A segunda é de George S. Patton (1885-1945): "A coraxe é medo sostido un minuto máis".

A terceira é de Eddie Rickenbacker (1890-1973):  "A coraxe é facer o que tes medo de facer. Non pode haber coraxe a menos que teñas medo".

A cuarta é de Napoleon Bonaparte (1779-1821): "A coraxe non é ter a forza para seguir, é seguir cando non tes forzas".

E a última, a miña favorita, é de Walt Disney (1901-1966): "Todos os teus soños pódense facer realidade se tes a coraxe de perseguilos".

Teñamos coraxe no noso día a día!


30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

Xornada da Paz / Imaxe: Diaraio La Nación

Desde 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993.

Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

Imos facer unha reflexión sobre iste tema partindo de frases célebres:

A primeira, como non podía ser doutra maneira, é de Gandhi (India, 1869-1948):

"Ollo por ollo, e o mundo rematará cego"

A segunda,é de Golda Meir (Israel, 1898-1978):

"Nós dicimos "paz", e o eco volve do outro lado dicíndonos "guerra".

A terceira, é do Papa Francisco (Arxentina, 1936):

"Para conseguir a paz precísase valor, moito máis que para facer a guerra"

E para rematar, unha de Teresa de Calcuta (Albania, 1910-1997):

"A paz comeza cun sorriso"

Pois empecemos así iste día, cun sorriso cos que temos máis preto!

A NOSA SOCIEDADE

A NOSA SOCIEDADE

A nosa sociedade / Imaxe: libertario.es

Din os máis vellos que a nosa sociedade esta a mudar, que hai unha crise de valores, que actuamos dun xeito distinto. Eu penso que non temos un patrón escrito e que debemos enfrontarnos a novas situacións e con novas estratexias, aínda que hai cousas que non cambian no tempo.

Sobre iste tema imos reflexionar coas seguintes frases:

A primeira é do xornalista e escritor uruguaio Eduardo Galeano (1040-2015):

"Vivimos nun mundo onde o funeral importa mais que o morto, a voda máis que o amor  e o físico máis que o intelecto. Vivimos na cultura do envase, que despreza o contido".

A segunda é do psicólogo e psiquiatra austríacao Alfred Adler (1870-1937):

"Os altos queren quedar onde están; os medianos queren arrebatarlle o seu posto aos altos; os baixos queren abolir todas as distincións e crear unha sociedade na que todos sexan iguais".

Para rematar, a terceira, do xenial actor Charles Chaplin (1889-1977):

"A vida é unha obra de teatro que non permite ensaios. Por iso, canta, ri, baila, chora e vive intensamente cada momento da túa vida. antes que o pano baixe e a obra termine sen aplausos".

DÍA MUNDIAL DA PAZ

DÍA MUNDIAL DA PAZ

Mohandas Karamchand Gandhi / Imaxe:biography.com 

Hoxe, venres, día  30 de  xaneiro, celebrase o  Día Mundial da Paz. Nesta data  conmemorase o asasinato de Gandhi (Mohandas Karamchand Gandhi),  personaxe  que destacou por  ser  un líder  da non violencia curiosamente nunha loita revolucionaria (caso único de tódolos tempos).

Aproveitaremos este motivo para reflexionar sobre a NON VIOLENCIA que practicou, por medio destas seis frases, das moitas que nos deixou:

"Ollo por ollo, e o mundo acabaría cego"

"O que se obtén con violencia, soamente se pode manter con violencia"

"A felicidade consiste en poñer de acordo os teus pensamentos, as túas palabras e os teus feitos"

"A máis atroz das cousas malas da xente mala é o silencio da xente boa"

"Crer en algo e non vivir para iso é deshonesto"

"Máis vale ser vencido dicindo a verdade, que triunfar pola mentira"


Practiquemos a non violencia na nosa vida diaria!

UNHA REFLEXIÓN PARA OS PAIS

 

 

HAI UNHA EDUCACIÓN QUE É GRATUÍTA

A que vostede lle pode inculcar aos seus fillos


Ensínalles a respectar, a non esnaquizar, a non mentir, a non roubar, a ser responsables, esforzados, solidarios, a ter valores, a non ser violentos e a non se deixar manipular.

É moi bo loitar por unha educación de calidade, pero a educación comeza no fogar.


NON DELEGUE NOS MESTRES O QUE VOSTEDE DEBE FACER!

 

 

MAFALDA I

MAFALDA I

 

O pasado día 2 de novembro estiven en Salamanca, visitando a miña filla. Paseando por un parque denominado La Alamedilla, fixeime nunha parede, moi ben pintanda, que limitaba co citado parque e que pertencia a un centro educativo, concretamente ao Colexio Público "Rufino Banco". O texto podedes velo na fotografía que fixen.

Pareime a pensar da autoría desta frase e lembreime: Mafalda, a nena filósofa máis famosa do mundo, nacida da pluma do seu pai QUINO (Premio Príncipe de Asturias da Comunicación e Humanidades deste ano).

Sen comentarios. Merece a pena reflexionar sobre o seu contido!

PARO E DESEMPREGO

PARO E DESEMPREGO

Cola na oficina de emprego / Imaxe:economiaplana.com

 

Hoxe, o tema de reflexión é sobre algo que por desgraza aféctanos a todos, directamente ou indirectamente (familia, amigos…). Falo do PARO E O DESEMPREGO.

A primeira das frase é da narradora e poeta uruguaia Cristina Peri Rossi (Montevideo, 1941): “Na sociedade actual estar no paro é como estar enfermo, síntoma dalgunha escura falta: impotencia, debilidade, mala sorte, ineficacia. Se non podo comprar, non existo".

A segunda corresponde ao que fora  presidente dos Estados Unidos entre 1981 e 1989, Ronald Wilson Reagan (1911-2004): “Recesión é cando o teu veciño queda sen emprego; depresión é cando o perdes ti”.

A terceira é do escritor e articulista Juan Cueto Alas (Oviedo, 1942): "Cando o fracaso se mide polo paro, é lóxico que o triunfo se anuncie pola dilapidación".

Para rematar, unha frase a aplicar, se se pode. É do historiador, crítico social e ensaista británico Thomas Carlyle (1795-1881): “Benaventurado aquel que atopu traballo; que non pida máis”.

FRASES: "NADAL"

FRASES: "NADAL"

 

Nadal!, un tempo que non é igual para todos. Os nenos amosan ledicia e fantasía. Os mozos, diversión e lembranza. Os maiores, nostalxia polo pasado.

Hoxe faremos a nosa reflexión sobre iste tempo a través dase seguintes frases:

A primeira, do expresidente dos Estados Unidos de Norteamérica Calvin Coolidge (1872-1933): "O Nadal non é un momento nin unha estación, senón un estado da mente. Valorar a paz e a xenerosidade e ter mercede é comprender o verdadeiro significado de Nadal"

A segunda é do escritor inglés Charles Dickens (1812-1870): "Honrarei o Nadal no meu corazón e procurarei conservala durante todo o ano

A terceira e última, do escritor e artista inglés Harlan Miller (1964-?): "Oxala pudiesemos meter o espiritud do Nadal en xerras e abrir unha cada mes do ano"