Blogia
vgomez

HERBAS MEDICINAIS

ALLO

ALLO

Allo / Imaxe:blogdefarmacia.com

O allo (Allium sativum ) é unha hortaliza. O seu bulbo empregase comúnmente na cociña mediterránea. Ten un sabor forte (especialmente estando crudo) e lixeiramente picante. Tradicionalmente agrupábase dentro da familia das liliáceas pero actualmente ubícase dentro da subfamilia das alióideas das amarilidáceas.

O allo xa ocupaba un destacado lugar na alimentación dos exipcios e dos hebreos. O exipcios elevárono incluso, ao rango de divinidade.

USOS:

O allo diminúe a agregación plaquetaria e aumenta sensiblemente a actividade fibrinolítica. Estes dous efectos conxugados confirenlle propiedades antitrombóticas. Grazas a súa actividade hipolipemiante e hipocolesterolemiante, prevén igualmente a arteroesclerose e os accidentes vasculares asociados á mesma. Polo tanto, o allo mellora a circulación sanguínea e en consecuencia unha acción beneficiosa sobre a hipertensión arterial. En traballos realizados recentemente demostraron que non só é bacteriostático, senón tamén antifúngico e un bo desinfectante intestinal. As propiedades dos allo débense a unhas substancias de natureza azufrada, a aliína e o ajoeno.

En resumo, ideal para a hipertensión, prevención de accidentes vasculares, antiséptico pulmonar e intestinal e un bo vermífugo (contra as lombrigas).

AZAFRÁN

AZAFRÁN

 Azafrán / Imaxe:mujer.name

O azafrán é unha especia que se obtén da planta Crocus sativus , con flores cor lila, chamadas comunmente rosa de azafrán. Destas flores xurden tres estigmas (as hebras de azafrán). O azafrán é un híbrido, polo tanto as súas flores son estériles e non producen sementes, sendo o seu único medio de propagación polos seus bulbos (cebola de azarán).

O azafrán é a especia máis cara do mundo, rondando os 3.000 € o quilo. Por certo, para a obtención de só 1 quilo de estigmas precísanse cerca de 100.000 flores.

USOS:

Deixando a un lado as súas propiedades como colorante e aromatizante para a comida (grazas a un tinte chamado crocin, que lle dá á comida unha cor amarelo- dourado),  o azafrán é eficaz para mellorar o apetito, evitar náuseas, contra a depresión e ansiedade, en aplicación externa en molestias da dentición, combate a tos, mitiga os cólicos e o insomnio, contribuíndo a remediar numerosos desarreglos dos ovarios, tendo un efecto beneficioso sobre enfermidades do corazón, propiedades antitumorales, etc.

 

EUCALIPTO

EUCALIPTO

Eucalipto / Imaxe:np-d.com

 Eucalipto (Eucalyptus globulus)

É unha árbore da familia das mirtáceas. Existen ao rededor de 700 especies, a maioría oriundas de Australia. En España, foi introducido en Galicia en 1860 por Frai Rosendo Salvado, misioneiro en Australia mediante un envío de sementes á súa familia en Tui, polo seu valor ornamental dado o seu grande porte.

USOS:

Empréganse as súas follas (sobre todo da especie globulus) polas súas propiedades antisépticas nas vías respiratorias. Estas son moi olorosas, ricas nun aceite esencial, cun compoñente principal: eucaliptol. Este é mucolítico, é dicir, que fuidifica as secrecións pulmonares favorecendo a súa expulsión. É antitusivo e inhibe a irritación bronquial nas bronquites agudas e crónicas. Posúe igualmente unha acción antibacteriana.

É recomendado para tratar as infeccións do aparato respiratorio, xa que o aceite esencial elimínase en gran parte, por via pulmonar, o que lle permite actuar directamente sobre a gorxa e os bronquios.

En resumo é adecuado para afeccións do aparto respiratorio: gorxa, nariz, seos nasais, gronquite e gripe, e afeccións agudas dos bronquios.

ARANDEIRA

ARANDEIRA

Arandeira co seu froito: o arando / Imaxe:infojardin.com

Arandeira (Vaccinium myrtillus)

En castelán arándano ou mirtilo.

É un arbusto da familia das ericáceas de pequeno tamaño, entre 15 e 35 cm. Medra nos bosques galegos por riba de 700 metros. As pólas, verdes, son triangulares e as súas flores, pequenas e verdosas, teñen os pétalos xunguidos formando un globo. As follas son ovais, dentadas e puntiagudas. Raramente cultivadas, o seu froito, o arando (unha baga pequena azulada ou negra) ten taninos, ácido cítrico, ácido málico e, o que é infrecuente, ácido benzoico.

USOS:

Está indicado en caso de hemeralopía (reducción da visión ante a luminosidade intensa) ou calquera outro trastorno das arterias dos ollos. É un remedio ideal para as persoas que conducen moitas horas seguidas, especialmente durante a noite, onde a agudeza visual acontece diminuír. Ademais, o arando, permite que os ollos se recuperen despois dunha intensa xornada de traballo.

Grazas a súa beneficiosa acción sobre a microcirculación, produce unha atenuación das pequenas veas que aparecen na cara, fundamentalmente no contorno do nariz e meixelas, coñecida co nome de cuperosis.

Resumindo, mellora a visión (hemeralopía, miopía e rinitis pigmentaria), fraxilidade capilar, varices e hemorroides.

CROQUES

CROQUES

Croques / Imaxe:Elvirapais.com

Croques Digitalis purpurea

(En castelán: Dedaleira, digita)

Outros nomes: Belitroques, sanxoáns, estraloques, dedaleira.

A dedaleira ou croques é unha planta herbácea que en Galicia atópase adoito e que normalmente dura dous anos. No primeiro ano bota unha roseta de follas basais e no segundo  emite o talo florífero que pode chegar ata os 2 metros de altura.

As follas son grandes, pilosas, ovaladas ou lanceoladas, coa marxe dentada, pecioladas as inferiores e subsésiles ou sésiles as da parte superior.

Flores en acios longos e unilaterais, pentámeras, con cáliz verdoso e corola bilabiada, de 3 a 5 centímetros, longamente tubulosa e e cor púrpura (raro branca), androceo con 4 estames didínamos e xineceo con ovario bicarpelar súpero.

Froito en cápsula ovoide que se abre por dúas valvas deixando saír numerosas sementes de pequeno tamaño.

Florece de maio ata o mes de agosto.

USOS

A folla figura en numerosas Farmacopeas, ademais da española, debido ás súas interesantes propiedades cardiotónicas. Toda a planta é moi tóxica en non se debe empregar en autotratamentos.

Emprégase como medicinal o po da folla, a partir do cal se preparan infusións ou as tinturas que, aplicadas a doses terapéuticas, actúan sobre o corazón enfermo producindo un aumento da contractibilidade  do miocardio, redución do ritmo do corazón e diminución da excitabilidade.

Ademais das accións sobre o corazón, é necesario destacar a acción diurética, pouco marcada nas persoas sas, pero manifesta nos casos de edemas e estase venoso.

A tintura da dedaleira foi moi empregada por prescripción facultativa para o tratamento da insuficiencia cardíaca e alteración dos ritmos, pero a estreita marxe entre a dose terapéutica e a tóxica unida á dificil eliminación dos principios activos, determinou que se deixase de utilizar, empregándose desde entón perparacións farmacéuticas de dixitoxósido e doutros dixitálicos semisintéticos.

HERBAS MEDICINAIS: SARXA

HERBAS MEDICINAIS: SARXA

Sarxa Salvia officinalis

(En castelán salvia)

Outros nomes: Xarxa, Salva


A sarxa é unha planta arbustiva, leñosa na base, pero con anovos anuais herbáceos, erguida, moi aromática, que pode acadar os 60-70cm, moi ramificada, coas ramas estendidas e tomentosas. Follas pecioladas, opostas, ablongo-ovais ou lanceoladas, con finos dentes redondeados, verdosas pola face e abrancazado-pubescentes polo envés, sendo máis pubescentes de novas.

Flores hermafroditas e pentámeras, agrupadas (5-10) en verticilos, formando un acio simple e laxo, con brácteas oval-acuminadas. Cáliz bilabiado de 10 a 14 mm, pubescente e con punteaduras glandulares, con cinco dentes lanceolados, e con abundante nerviación reticulada entre as veas principais. Corola de ata 35mm, excedendo amplamente o cáliz, de cor branca, rosada, azul ou violeta, co labio superior case dereito e o inferior con 3 lóbulos ben definidos, sendo o do medio máis grande.

Froito en tetraquenio, 4 núculas ovoides e lisas. Florece a finais da primavera e durante o verán.

USOS

Contén aceites esenciais, flavonoides e principios amargos. Ten moitas propiedades medicinais como antisudorífica, hipoglucemiante, emenagoga, estimulante, antiespasmódica, astrinxente e antiséptica.

Durante milleiros de anos empregouse como planta culinaria e medicinal. Sábese que axuda no proceso dixestivo estimulando a secreción da bile. É particularmente útil para reducir a acumulación de gases intestinais e calmar os cólicos abdominais.  Contén tamén unhas substancias chamadas fitoesterois que teñen un efecto estroxénico e refrescante. Nas mulleres menopáusicas reduce a sudación excesiva, polo que é moi eficaz para reducir as quenturas e suores nocturnas. Diminúe ou detén o fluxo de leite, polo que non debe ser utilizada por mulleres en período de lactancia.

Tamén se pode empregar externamente. Posúe propiedades antisépticas, polo que é útil aplicar un pano mollado cunha infusión de sarxa sobre as picaduras de insectos, cortaduras e outras feridas externas. Emprégase tamén pra tratar a xenxivite e aftas bucais.

Consumida regularmente axuda a reducir os niveis de azucre no sangue en persoas diabéticas.

As partes utilizadas son as follas e sumidades floridas, coas que se preparan infusións, pílulas, tinturas, etc.

 

HERBAS MEDICINAIS

HERBAS MEDICINAIS

Hoxe comenzo unha nova sección: HERBAS MEDICINAIS. Cada día están máis de moda, volvendo ás prácticas dos nosos antepasados. Un coñecemento das mesmas pódennos axudar. Para empezar falaremos dunha planta que dá (é unha das hipóteses) nome ao noso centro: SANGUIÑO.

 

Sanguiño Frangula alnus Miller

(En castelán Arraclán, Avellanillo)

Outros nomes: Sangubiño, Sangumio, Sanguño

 

O sanguiño é un arbusto de 1 a 6 m de talle, lampo, con talos e ramiños de cor parda avermellada con numerosas lentícelas de cor abrancazada. Follas alternas, ovaladas, con pecíolo moi curto, caducas, de cor verde brillante pola face e polo envés, con bordo enteiro e nervación moi marcada. As flores agrúpanse en inflorescencias umbeliformes axilares, de 2 a 10 flores pequenas pouco vistosas, hermafroditas e pentámeras. Cáliz de 5 sépalos libres, de cor verdosa. Corola de 5 pétalos libres, abrancazados, ovais, maís cativos ca os sépalos. Andoceo de 5 estames. Ovario súpero con estilo simple.

Froito de drupa con 2-3 endocarpos, de 6 a 8 mm de diámetro e de cor vermella que se ennegrece ao madurar.

Flocerece na primavera, podendo alongarse a floración ata setembro. Os froitos maduran a finais do verán

USOS

A codia, desecada ao sol, das ramas e troncos novos figura na farmacopea española polas súas propiedades purgantes e laxantes. Os principios activos son compostos antracénicos, derivados da oximetilantroquinona: frangulósidos A e B, glucofrangulósidos A e B, frangulaemodina e vaisofenol. Débese empregar a codia desecada e conservada un ano antes de empregala; non empregar a codia fresca pois actúa enerxicamente producindo cólicos e vómitos.

Empréganse as decoccións, extracto fluído ou o po, en caso de estreñimento ou en disquinesias biliares grazas á súa acción colagoga. Está contraindicado o seu uso no embarazo, lactación, menstruación, úlcera gastroduodenal e hemorroides.

Por certo, esta planta témola na rampa do xardín posterior do noso iES.