AZAFRÁN
Azafrán / Imaxe:mujer.name
O azafrán é unha especia que se obtén da planta Crocus sativus , con flores cor lila, chamadas comunmente rosa de azafrán. Destas flores xurden tres estigmas (as hebras de azafrán). O azafrán é un híbrido, polo tanto as súas flores son estériles e non producen sementes, sendo o seu único medio de propagación polos seus bulbos (cebola de azarán).
O azafrán é a especia máis cara do mundo, rondando os 3.000 € o quilo. Por certo, para a obtención de só 1 quilo de estigmas precísanse cerca de 100.000 flores.
USOS:
Deixando a un lado as súas propiedades como colorante e aromatizante para a comida (grazas a un tinte chamado crocin, que lle dá á comida unha cor amarelo- dourado), o azafrán é eficaz para mellorar o apetito, evitar náuseas, contra a depresión e ansiedade, en aplicación externa en molestias da dentición, combate a tos, mitiga os cólicos e o insomnio, contribuíndo a remediar numerosos desarreglos dos ovarios, tendo un efecto beneficioso sobre enfermidades do corazón, propiedades antitumorales, etc.
0 comentarios