Blogia
vgomez

CAPA DE LAVA EN IO

CAPA DE LAVA EN IO

Imaxe de Ío na súa cor verdadeira observada pola Sonda Galileo/Wikipedia

Unha vestigación dirixida por científicos das Universidades UCLA, UC Santa Cruz e Michigan-Ann Arbor e  publicada pola revista Science  confirman a existencia dunha capa de lava en Io, a lúa volcánica de Xúpiter.

Grazas á nave espacial da NASA, Galileo , que empezou a orbitar arredor de Xúpiter en 1995, descubríuse un océano de lava líquida, ou parcialmente líquida, debaixo da superficie de Io, a lúa volcánica de Xúpiter. A capa de lava oceánica sería de polo menos 50 quilómetros de espesor, máis do 10% do volume do manto da Lúa. A temperatura da lava oceánica superaría os 1.200 graos centígrados.

A misión espacial Galileo foi unha misión ao planeta Xúpiter que constaba dun orbitador e dunha sonda. A misión foi lanzada o 18 de outubro de 1989. A sonda penetrou na atmosfera de Xúpiter o 7 de decembro de 1995 sumerxéndose uns 200 km no interior da atmósfera ata ser destruída polas altas presións e temperaturas pero transmitindo importantes datos da composición química e da actividade meteorolóxica de Xúpiter. O orbitador permaneceu operativo recopilando datos científicos da atmósfera de Xúpiter, o seu campo magnético, sistema de aneis e dos principais satélites como Ío e Europa ata a fin da misión no 2003. 

0 comentarios