Blogia
vgomez

NOMES PROPIOS

REINHARD GENZEL E ANDREA GHEZ

REINHARD GENZEL E ANDREA GHEZ

 Reinhard Genzel e Andrea Ghez / Imaxe:svt.se

O premio Crafoord de astronomía, impartido pola Academia Sueca de Ciencias e considerado o "Nobel da astronomía", foi otorgado en 2012 ao astrónomo alemán Reinhard Genzel e á estadounidense Andrea Ghez. Segundo a Academia Sueca, este galardón recoñece «as observacións das estrelas orbitando arredor do centro galáctico, o que indica a presenza dun buraco negro supermasivo

O premio Crafoord foi establecido en 1980 polo empresario sueco Holger Crafoord (1908-1982) e é administrado pola Real Academia de Ciencias Sueca. Ten por obxectivo promocionar a investigación básica en Astronomía, Matemáticas, Xeociencias e Biociencias, disciplinas que complementan ás premiadas co premio Nobel. A dotación económica do premio, ao redor de medio millón de euros, ten por obxecto axudar á financiación das investigacións dos gañadores. Ao igual que o Nobel, o premio Crafoord entrégao o Rei de Suecia.

Reinhard Genzel naceu en 1952 en Bad Homburg vor der Hoehe, Alemaña. Obtivo o seu doutoramento en 1978 na Universidad de Bonn. Foi profesor de física na Universidad de California en Berkeley (EEUU). Desde 1986 es director del Instituto Max-Planck de Física Extraterrestre (Munich, Alemaña), posto que compaxina dende 1990 cun novo profesorado en Berkeley. Recibíu diversos galardóns e nomeamentos honoríficos. Foi nomeado académico correspondente da Real Academia de Ciencias de España en 2011.

Andrea Ghez naceu en 1965 en Nueva York (EEUU). Obtivo o seu doutoramento no Instituto de Tecnoloxía de California (Caltech) en 1992 e actualmente é profesora na Universidad de California nos Ánxeles (EEUU). No ano 2004 ingresou na Academia Nacional de Ciencias de EEUU e foi incluída na lista, elaborada pola revista Discover, dos 20 investigadores estadounidenses que demostraran un alto nivel de comprensión das súas respectivas disciplinas.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia


JEANNE BARET

JEANNE BARET

‘MAD LLA BARÉ’, artista descoñecido. Extraído de “Navigazioni de Cook pel grande oceano e itorno al globo”, Vol. 2, 1816, Sonzogono e Comp, Milano/Fonte:pays-de-bergerac.com

O outro día falamos dunha planta, a Buganvilla, á que lle adicamos un artigo. Daquela quedaramos de adicarlle outro a moza que se fixera pasar por mozo nunha viaxe a bordo do l’Etoile como axudante do botánico Philibert Commerson e que ao paracer foi quen fixo a maior parte do traballo pois o naturista pasou a maior parte da viaxe enfermo. Esa moza foi Jeanne Baret.  

Como recoñecemento ao labor desta botánica, despois de 250 anos, Eric Tepe (botánico de 41 anos adscrito ás universidades de Utah e Cincinnati (EEUU) e o seu equipo, déronlle o seu nome a unha unha planta: Solanum baretiae. Esta especie é unha planta trepadora que se atopa no sur de Ecuador e ao norte de Perú, e pertence ao mesmo xénero que a pataca, o tomate e a berenxena, aínda que sen tubérculo comestible. 

Pero coñezamos algo máis desta muller: Jeanne Baret  naceu 27 de xullo 1740 nun pequeno pobo da Borgoña francesa, pasando os seus primeiros anos na granxa do seu pai. A morte deste, tendo ela 22 anos, convertíuse na institutriz do fillo do viúvo doutor Philibert Commerson. Asombrado pola intelixencia desta moza Commerson deulle clases de botánica, confiándolle a perparación dos herbarios.

En 1764, Commerson foi nomeado botánico do rei Louis XVI e, como tal, debe facer unha viaxe ás Terras Austrais, acompañando a Monsieur de Bougainville. Dado que Baret, por ser muller, non podía embarcar, fíxose pasar, disfrazada de home, como axudante de Commerson, facéndoo o día 1 de febreiro de 1767 a bordo do l’Etoile. Realmente Baret era a amante de Commerson, pero a relación era levada con moito disimulo.
Durante todo o tempo que estivo a bordo, recolectou plantas xunto a Commerson en localizacións como Río de Xaneiro, o Estrecito de Magalláns, Tahití, Illa Mauricio e Madagascar. Cando a mala saúde de Commerson impedíulle levar a cabo o traballo de campo, Baret foi a responsable de tódalas coleccións, incluíndo a recolección da especie máis famosa da expedición, a " Bougainvillea", da que xa famalomos no artigo citado anteriormente.
Tras diversas peripecias, Commerson morre na illa Maurice e Baret debe casarse cun militar francés para poder regresar a Francia, facéndoo en 1776. Commerson e Baret recolleron máis de 6.000 especímenes, que se conservan no Museo Nacional de Historia Natural de París. Durante a expedición e nos anos venideros, unhas 70 especies foron bautizadas co nome específico de "commersonii" en homenxe ao botánico Commerson.
O seu traballo con Commerson é recoñecido oficialmente polo Rei que lle concede unha pensión de 200 libras. Jeanne Baret morre o 5 de agosto 1807, aos 67 anos.
FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia e ztfnews.wordpres.com

NOBEL DA PAZ 2011

NOBEL DA PAZ 2011

De esquerda a dereita: Ellen Johnson-Sirleaf, Leymah Gbowee e Tawakul Kerman.

 

O Premio Nobel da Paz recaeu este ano en tres mulleres: a presidenta de Liberia, Ellen Johnson-Sirleaf, a tamén liberiana Leymah Gbowee, responsable da organización Rede de Mulleres pola Paz e a Seguridade en África, e a activista iemení Tawakul Kerman.

O Comité do Nobel da Paz manifestou que as tres laureadas son recompensadas "pola loita non violenta en favor da seguridade das mulleres e dos seus dereitos a participar nos procesos de paz”.

Ellen Johnson-Sirleaf, de 72 anos, é a primeira africana que accede de forma democrática á presidencia dun país nese continente. Dende 2006 e pese a vir marcado (Liberia) por máis de 14 anos de guerra, Johnson-Sirleaf, economista de profesión, logrou dirixir o país e poñelo no bo camiño do desenvolvemento.

Leymah Gbowee, de 39 años, é unha activista coñecida por organizar a chamada "folga de sexo", o movemento pacifista que, a través de instar ás mulleres a non manter relacións sexuais, logrou poñer fin, en 2003, á segunda guerra civil que desangraba Liberia. A labor de Gbowee foi fundamental para impulsar o proceso de democratización que posibilitou a celebración de eleccións e o triunfo de Johnson-Sirleaf.

Tawakul Kerman, é unha política yemení e activista pro dereitos humanos que lidera o grupo de Mulleres Periodistas Sin Cadeas, creado en 2005. Iemen é un dos países árabes máis golpeados pola onda de cambio. O seu presidente, Ali Abdulá Saleh, mantense no poder pese ás masivas protestas e aos centos de iemeníes mortos nos choques contra as forzas de seguridade.

FONTE: Diario El País.

WANGARI MAATHAI

WANGARI MAATHAI

Wangari Muta Maathai / Imaxe:finance.qq.com

Hoxe adico este espazo de NOMES PROPIOS a unha gran muller que hoxe faleceu a causa dun cancro:  Wangari Muta Maathai

Wangari Muta Maathai: bióloga, veterinaria e ecoloxista keniana (1 de abril de 1940-26 de setembro de 2011). Foi unha activista medio-ambiental e política de Kenia. Recibiu o Premio Nobel da Paz no ano 2004 polo seu labor en defensa da natureza e a potenciación ao mesmo tempo do labor da muller, a través da plantación de máis de 30 millóns de árbores, co Movemento Cinturon Verde. Foi a primeira muller africana en recibilo. A doutora Maathai foi membro electa no parlamento e ministra de Medio Ambiente e Recursos Naturais dentro do goberno presidido por Mwai Kibaki ata novembro de 2005. 

Pena de perder esta muller! Descanse en paz!

NOMES PROPIOS: GREGOR MENDEL

NOMES PROPIOS: GREGOR MENDEL

 Gregor Mendel / Imaxe:ojocientifico.com

O pasado día 20, celebrouse o cumpreanos dun home que pasou á historia como o pai da herdanza xenética: GREGOR MENDEL.

Gregor Mendel (20 de xullo de 1822 - 6 de xaneiro de 1884). Biólogo austríaco. Realmente o seu nome era Johann, tomando o nome de pai Gregor ao ingresar como fraile agustino, en 1843, no convento de Brno, onde se ordeou sacerdote en 1847. Para poder seguir a carreira docente, foi enviado a Viena, onde se doctorou en matemáticas e ciencias (1851).

Pasou a historia polos traballos que levou a cabo con diferentes con diferentes variedades da planta do chícharo (Pisum sativum),  as hoxe chamadas leis de Mendel que rixen a herdanza xenética.

As tres leis enúncianse como segue: segundo a primeira, cando se cruzan dúas variedades puras dunha mesma especie, os descendentes son todos iguais e poden parecerse a un ou a outro proxenitor ou a ningún deles; a segunda afirma que, ao cruzar entre sí os híbridos da segunda xeneración, os descendentes divídense en catro partes, das que unha paréces á avoa, otra ao avó e as dúas restantes aos seus proxenitores; por último, a terceira lei conclúe que, no caso de que as dúas variedades de partida difiran entre si en dous ou máis caracteres, cada uno deles transmítese de acordo coa primera lei con independencia dos demais.

Un aspecto non moi coñecido da vida de Mendel é que se adicou durante os últimos 10 anos da súa vida ás abellas. Mendel recoñeceu que as abellas resultaron un modelo de investigación frustrante. É probable que o experimento realizado con abellas fose guiado para confirmar a teoría da herdanza.

Se queres profundizar no coñecemento destas leis, visiona o vídeo superior.

DÍA DO CIENTÍFICO GALEGO 2011

DÍA DO CIENTÍFICO GALEGO 2011

Ramón María Aller Ulloa/ Imaxe:lavozdegalicia.es


O astrónomo  Ramón María Aller Ulloa protagonizará a edición  deste ano do Día do Científico Galego que se celebra o 26 de abril. A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) elixíuno por unanimidade. Entre os motivos para tomar esta decisión están o seu papel como introductor da astronomía como disciplina científica en Galicia e a súa contribución ao impulso dunha escola de investigadores do campo dos astros na nosa comunidade.

Ramón María Aller (Lalín-Pontevedra,1878-1966) foi, realmente, un personaxe singular. Un científico alentado pola curiosidade cuxa única aspiración era o coñecemento. Pero era, por encima de todo, un sacerdote, un home da Igrexa, cunha enorme devoción científica, que acabou converténdose tamén en pai da astronomía en Galicia. Dicía misa todos os días, aínda que non predicaba nin tiña parroquia, porque o seu exercicio sacerdotal era puramente vocacional e nunca quixo nin cobrar por iso nin acceder a ningún cargo relixioso. Morreu aos 66 anos no seu pobo natal.

Doutor en Teoloxía, doutor en Ciencias Exactas (Matemáticas) e catedrático e director vitalicio do observatorio de Santiago.

Como curiosidades dicir que estudou no colexio dos Xetuítas na Pasaxe, no noso concello e que hai un cráter na Lúa que leva o seu nome.

En anos anteriores foron adicados a:

2008 Profesor Dr. Enrique Vidal Abascal

2009 Profesor Dr. Isidro Parga

2010 D. Cruz Gallástegui Unamuno

EDWARD O. WILSON

EDWARD O. WILSON

Edward O. Wilson / FUNDACIÓN BBVA

Edgar O. Wilson (Birmingham, Alabama -EEUU-,1929). Biólogo e entomólogo, pai do concepto de biodiversidade na lingua científica.

Obtivo o bachiller en ciencias e o master en Bioloxía na Universidade de Alabama (Tuscaloosa), doutorándose posteriormentese na Universidade de Harvard.

A Real Academia Sueca, que concede o Premio Nobel, concedeulle o premio Crafoord, unha concesión deseñada para cubrir as áreas (bioloxía, oceanografía, matemáticas, astronomía xerais) non cubertas polos premios Nobel. Foi premio Pulitzer no ano 1979 ("A natureza humana") e en 1991 ("As formigas").

Escribíu "O futuro da vida" e  "A creación", reclamando, neste último, a atención sobre a extinción de especies, e avogando por unha aliaxe entre ciencia e relixión ("as dúas forzas máis poderosas do mundo") para mobilizar a sociedade e os políticos. 

Hai uns días, Wilson, de 81 anos, na actualidade profesor honorario e conservador do museo de zooloxía comparada en Harvard, recibíu o premio Fronteiras do Coñecemento, da Fundación BBVA, na categoría de Ecoloxía e Bioloxía da Conservación.

Este especialista en formigas, chegou a dicir que "se o ser humano desaparecese o mundo continuaría, pero sen os insectos dubido que a especie humana durase máis de tres meses". 

DARWIN: 202 ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO

DARWIN: 202 ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO

Charles Robert Darwin / Imaxe:medioambiente.net

Estamos a celebrar o 202 aniversario do nacemento de Charles Robert Darwin, nado o 12 de febreiro de 1809 e finado o 19 de abril de 1882.

Este naturalista inglés observou e postulou, achegando evidencias relevantes, que todas as especies de organismos vivos evolucionaron a partir dun único antecesor común por medio dun proceso denominado selección natural.

Con este motivo os Museos Científicos de A Coruña presentaron unha nova web como recurso online sobre a teoría da evolución e o seu autor, vinculada á exposición "O asombro de Mr. Darwin" da Casa das Ciencias. Se queres coñecela só tes que pinchar AQUÍ.