Blogia
vgomez

NOBEL DA PAZ 2011

NOBEL DA PAZ 2011

De esquerda a dereita: Ellen Johnson-Sirleaf, Leymah Gbowee e Tawakul Kerman.

 

O Premio Nobel da Paz recaeu este ano en tres mulleres: a presidenta de Liberia, Ellen Johnson-Sirleaf, a tamén liberiana Leymah Gbowee, responsable da organización Rede de Mulleres pola Paz e a Seguridade en África, e a activista iemení Tawakul Kerman.

O Comité do Nobel da Paz manifestou que as tres laureadas son recompensadas "pola loita non violenta en favor da seguridade das mulleres e dos seus dereitos a participar nos procesos de paz”.

Ellen Johnson-Sirleaf, de 72 anos, é a primeira africana que accede de forma democrática á presidencia dun país nese continente. Dende 2006 e pese a vir marcado (Liberia) por máis de 14 anos de guerra, Johnson-Sirleaf, economista de profesión, logrou dirixir o país e poñelo no bo camiño do desenvolvemento.

Leymah Gbowee, de 39 años, é unha activista coñecida por organizar a chamada "folga de sexo", o movemento pacifista que, a través de instar ás mulleres a non manter relacións sexuais, logrou poñer fin, en 2003, á segunda guerra civil que desangraba Liberia. A labor de Gbowee foi fundamental para impulsar o proceso de democratización que posibilitou a celebración de eleccións e o triunfo de Johnson-Sirleaf.

Tawakul Kerman, é unha política yemení e activista pro dereitos humanos que lidera o grupo de Mulleres Periodistas Sin Cadeas, creado en 2005. Iemen é un dos países árabes máis golpeados pola onda de cambio. O seu presidente, Ali Abdulá Saleh, mantense no poder pese ás masivas protestas e aos centos de iemeníes mortos nos choques contra as forzas de seguridade.

FONTE: Diario El País.

0 comentarios