AUGA DOS OCÉANOS PROCEDENTE DE COMETAS
A firma química da auga do cometa Hatley 2 é moi similar á da auga terrestre, o que indica que eses corpos puideron facer unha notable aportación aos océanos /NASA/JPL-CALTECH/R.HURT
A auga dos océanos debeu de chegar á Terra, procedente do espazo, varios millóns de anos despois da formación do propio planeta, porque ao principio sería un mundo tan abrasador que se evaporaría toda a auga que podera haber. Ata agora pensábase que serían fundamentalmente os asteroides que impactaran aquí os que trouxeran a auga, pero uns científicos afirman que tamén os cometas puideron facer a súa aportación. Ao menos nun, o Hartley 2, atoparon auga cunha firma química (proporción de hidróxeno e deuterio) moi similar á terrestre.
O cometa Hartley 2 pasou hai case un ano relativamente cerca da Terra (a uns 18 millóns de quilómetros), e un equipo de investigadores aproveitou para enfocalo co telescopio espacial Herschel , da Axencia Europea do Espazo (ESA) e facer unha análise da súa luz, podendo así determinar as características da auga na súa coma (a envoltura gasosa do cometa que se forma ao aproximarse ao Sol).
O deuterio é un isótopo pesado do hidróxeno, cun neutrón no seu núcleo atómico ademais do protón. Na auga terrestre a proporción de deuterio e hidróxeno é de un en 6.400 aproximadamente, e debería ser igual nos corpos do Sistema Solar que a trouxeron. Na análise do Hatley 2, descubríuse que esta proporción de deuterio e hidrógeno é de un en 6.200, o que significa un valor moi próximo ao terrestre. O achádefo foi presentado na revista Naturer .
Ningún dos cometas estudados ata agora mostraban unha firma química da auga parecida á terrestre. A cantidade de auga pesada (na que un dos dous átomos de hidróxeno é deuterio) dá pistas sobre o entorno no que se formou o cometa. O Hartley 2 procede do Cinturón de Kuiper (máis alá de Neptuno), mentras que outros cometas analizados son da moito máis afastada Nube de Oort.
FONTE: Xornal El País
0 comentarios