Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

UN COMETA QUE SÚA DOUS VASOS DE AUGA POR SEGUNDO

UN COMETA QUE SÚA DOUS VASOS DE AUGA POR SEGUNDO

Primeira detección de vapor de auga / Imaxe: esa.int

 

A nave da Axencia Espacial Europea (ESA) Rosetta descubriu que o cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko/Churyumov-Gerasimenko está a emitir auga ao espazo, unha cantidade equiparable a dous vasos de auga pequenos cada segundo, mesmo á xélida distancia de 583 millóns de quilómetros do Sol.

Segundo informa a ESA nun comunicado, as primeiras observacións en que se detectou emisión de vapor de auga foron realizadas co Instrumento de Microondas de Rosetta, MIRO, o pasado 6 de xuño, cando a nave se encontraba a uns 350.000 quilómetros do cometa. Dende entón detectouse vapor de auga cada vez que se apuntou MIRO cara ao cometa.

A auga é un dos principais compoñentes volátiles dos cometas, xunto con monóxido de carbono, metanol e amoníaco. MIRO está deseñado para contribuír a determinar a abundancia de cada un destes ingredientes, clave para entender a natureza do nucleo do cometa, o proceso de emisión en si e en que parte da superficie se orixina.

Estes gases escapan do núcleo cargados de po, formando a coma que rodea o cometa. A medida que o cometa se aproxima ao sol a súa coma expándese; eventualmente, a presión do vento solar fará que unha parte do material que a compón se estenda e forme unha longa cola.

Rosetta estará aí para considerar de preto estes procesos. O cometa e Rosetta chegarán ao punto de máximo achegamento ao sol en agosto de 2015, entre as órbitas da Terra e Marte.

Determinar os cambios no ritmo de produción de vapor de auga e doutros gases, a medida que este corpo xeado se move arredor do sol, é importante para a ciencia que investiga os cometas. Pero tamén é vital para a planificación da misión, porque cando Rosetta estea máis preto do cometa, a emisión de gas pode alterar a traxectoria da nave.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

O ESTADO LÍQUIDO DUNHA SOA DIMENSIÓN

O ESTADO LÍQUIDO DUNHA SOA DIMENSIÓN

 

É posible que exista materia nun estado descoñecido ata agora?

Grazas a novos cálculos teóricos realizados polo investigador Alexander Rozhkov del Instituto de Física e Tecnoloxía de Moscú aparece en escena a posible existencia de materia fermiónica en forma de líquido dunha soa dimensión.

Os fermiones e os bosones son os dous tipos básicos de partículas existentes na natureza pero, no modelo estándar da física de partículas, son os fermiones os elementos esenciais da materia.

Así, dos estados xa coñecidos da materia, preséntase un novo, o estado líquido dunha soa dimensión, dado que non pode ser descrito polos modelos existentes. E de feito, non é un estado observable a simple vista, a nivel macroscópico.

"Na actualidade hai dous modelos xerais da materia fermiónica, a saber: o líquido fermiónico (para espazos de tres e dúas dimensións) e o líquido Tomonaga-Luttinger (para espazos dunha soa dimensión). Agora, demostrei que é posible producir outro estado da materia nunha dimensión axustando determinadas interaccións. Este estado é similar a estes dous modelos, pero non se pode reducir a ningún. Suxerín chamalo líquido aquasi-fermiónico", afirma Rozhkov.

Segundo as estimacións iniciais, o novo estado líquido unidimensional pode obterse utilizando átomos arrefriados a temperaturas moi baixas en trampas magnéticas.

FONTE: Revista Muy Interesante

OS DINOSAUROS, NIN ECTOTERMOS NIN ENDOTERMOS

OS DINOSAUROS, NIN ECTOTERMOS NIN ENDOTERMOS

Esqueleto do tiranosaurio rex exposto mo museo Field de Chicago / Richard T. Nowitz/Corbis

Os animais de sangue frío, como os réptiles, manteñen a súa temperatura corporal aproveitando a calor do ámbito; nos de sangue quente, como os mamíferos e as aves, é o seu metabolismo, o seu propio organismo, o que se encarga de conservar a nivel axeitado esa temperatura. Sobre os dinosauros vénse debatendo o asunto dende hai tempo porque, se se consideraba tradicionalmente que estarían entre os primeiros, os animais de sangue frío ou ectotermos, dende hai uns anos empezou a gañar terreo a teoría, en principio herética, de que serían de sangue quente, ou endotermos. Agora uns científicos que estudaron case 400 animais (uns extintos e outros actuais) conclúen que esa dicotomía ectotermos/endotermos é demasiado simplista e que os dinosauros estarían a metade de camiño, cun metabolismo intermedio entre o sangue quente e o sangue frío, como algunhas quenllas, atúns, ou grandes tartarugas mariñas, segundo afirman na revista  Science, na que presentan os seus resultados.

O asunto é importante porque os animais de sangue quente son máis activos, máis enerxéticos, cun crecemento rápido, fronte aos máis dependentes da enerxía captada do exterior, dos de sangue frío. Os dinosauros, están máis ben entre os mesotermos, animais que poden aumentar eles mesmos a súa temperatura corporal, pero non mantela sempre ao nivel axeitado, explicase en Science. A ectotermia, "require moita menos enerxía do ámbito; o animal non se pode alimentar en condicións de frío e ten unha capacidade limitada de manter moita actividade mesmo cando lle quenta o Sol. O enorme tiranosauro Rex, por exemplo, necesitaba tales cantidades de alimento para vivir, tanta enerxía para logralo, que como endoderma "probablemente tería morto de fame".

Non é tarefa doada determinar que metabolismo terían uns animais que existiron hai millóns de anos, se regulaban a calor corporal interna ou externamente. E a achega esencial deste estudo é o método que desenvolveron para iso, baseado non só na taxa de crecemento anual do animal, que queda reflectido nos ósos e, polo tanto, nos fósiles, senón nos patróns de desenvolvemento corporal a medida que o animal vai crecendo dende o nacemento ata converterse nun adulto. A inmensa maioría dos animais están na categoría dos enerxéticos endodermas, de crecemento rápido e alta taxa de metabolismo, ou na dos ectodermos, con ambos os dous factores baixos. Pero estes científicos encontraron tamén un puñado de especies (algunhas quenllas, atúns e réptiles como as grandes tartarugas mariñas) que parecen estar nesa situación intermedia como os dinosauros, apunta Balter, aínda que as taxas de crecemento destes varían entre unhas especies e outras.

O equipo investigador conxecturan que a mesotermia tería permitido aos dinosauros medrar moito en tamaño cun custo enerxético comparativamente baixo, apuntando que nun planeta máis cálido que agora, tampouco era necesario ser un animal completamente endoderma.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

A ORIXE DA MANDÍBULA NOS VERTEBRADOS

 

A evolución das mandíbulas nos animais vertebrados foi unha longa e complexa odisea evolutiva que durou millóns de anos. Ao longo deste proceso, unha serie de arcos osudos arredor da cabeza nas especies máis primitivas fóronse adaptando ata formar esta estrutura. Agora, o achado de novos fósiles en Canadá desvelou un elo clave nesta cadea evolutiva: o peixe Metaspriggina, que hai uns 505 millóns de anos xa posuía estes arcos distribuídos ao longo da súa cabeza, protexendo as súas branquias.

O descubrimento, que acaba de publicar a revista  Nature, supón un fito importante para coñecer os animais predecesores dos primeiros vertebrados con mandíbulas.

O achado do peixe Metaspriggina, polo tanto, é unha peza clave para completar o puzle da evolución dos vertebrados, xa que pode considerarse o punto de partida que deu orixe á mandíbula aos peixes e posteriormente aos dinosauros, mamíferos e demais especies de vertebrados que foron poboando a Terra, incluíndo ao ser humano.

Na actualidade, os únicos animais que viven sen mandíbulas son as lampreas e mixines, peixes que se alimentan grazas a unha boca redondeada que succiona a comida.

As escavacións que permitiron o achado leváronse a cabo en 2012 nun depósito de fósiles situado preto do Canón de Mármore do Parque Nacional de Koontenay (ao oeste de Canadá). Alí, os investigadores desenterraron 44 fósiles destes peixes xa extintos. Ata entón, os científicos só contaban con dous exemplares de Metaspriggina, pero estaban incompletos e parecía unha misión case imposible estudar as súas características físicas.

No seu traballo de Nature, o equipo sinala que este singular peixe primitivo pertencía á familia dos cordado, cuxa espiña dorsal se distribúe ao longo do seu corpo. Tamén comprobaron que viviu hai uns 505 millóns de anos (no  Cámbrico) e tiña un corpo alongado que medía uns 60 milímetros de longo, pero non pasaba dos 13 milímetros de ancho. Ademais, contaba cun par de foxas nasais, un posible cranio e unhas grandes concas oculares que lle permitían permanecer atento ao que sucedía ao seu arredor.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia 

IMPRESIONANTE EXECCIÓN DE MASA COROLAL (CME)

 

Unha exección de masa coronal (CME) xurdiu dende un lado do Sol o pasado 9 de maio. Agora as súas imaxes asombran a todo o mundo: o observatorio solar máis moderno da NASA, o Interface Region Imaging Spectrograph (IRIS), atrapouna con extraordinario detalle e publicounas en vídeo.

Unha CME é un fenómeno solar que consiste nunha nube ardente de partículas e radiación enviada ao espazo. Pode alcanzar o noso planeta entre un e tres días máis tarde. Pero, aínda que se produciron outras execcións antes, esta foi a primeira observada e gravou polo IRIS, lanzado en xuño de 2013 para observar os niveis máis baixos da atmosfera do Sol cunha resolución sen precedente.

 

As imaxes do IRIS céntranse no material a 30.000 graos Kelvin na base da CME. A liña que se move a través da metade da película é a fenda de entrada para o espectrógrafo do IRIS, un instrumento que pode dividir a luz nas súas moitas lonxitudes de onda, unha técnica que en última instancia permite aos científicos medir a temperatura, a velocidade e a densidade do material solar detrás da fenda.

 

FONTE: Xornal abc/ciencia

BOUND4BLUE: UNHA FORMA DE PRODUCIR ENERXÍA RENOVABLE NO MAR

BOUND4BLUE: UNHA FORMA DE PRODUCIR ENERXÍA RENOVABLE NO MAR

Prototipo de barco coas velas ríxidas deseñadas na UPC de Terrassa / Imaxe: ACN/Maria Belmez

 

Dous enxeñeiros polo campus da Universitat Politècnica de Catalunya (UPC) en Terrassa patentaron un sistema de velas para barcos capaces de xerar enerxía en varios países, concretamente en Estados Unidos, China, Xapón e os países de Europa, e que bautizaron como sistema bound4blue.

Trátase da implementación dunhas innovadoras velas ríxidas, similares ás ás dos avións, en barcos convencionais e a innovación permitirá reducir o consumo de combustible de grandes cargueiros, como os petroleiros, e, ao mesmo tempo, poderase utilizar para xerar e almacenar enerxía en forma de hidróxeno e osíxeno.

Deste modo é capaz de producir enerxía renovable no mar, escalable e baseada nun sistema móbil con velas ríxidas que actúan como elemento motora, polo que aforra a instalación de infraestruturas fixas ás embarcacións e evita o impacto paisaxístico.

Un conxunto de turbinas mergulladas xeran enerxía que se almacena a bordo realizando a electrólise da auga do mar, o que converte os barcos en fontes de enerxía verde, xa que aproveitan a forza do vento para obter osíxeno e hidróxeno mentres navegan.

A innovadora proposta dos dous emprendedores cataláns pode revolucionar o sector da enerxía, xa que aplica tecnoloxía aeronáutica ás grandes embarcacións, cun deseño que proporciona unha estabilidade estrutural axeitada ás velas e un rendemento maior que as velas convencionais.

FONTE: Xornal La Vanguardia 

AURORAS SOBRE SATURNO

AURORAS SOBRE SATURNO

Auroras sobre o Polo Norte de Saturno / J. Nichols NASA/ESA

As imaxes tomadas polo telescopio espacial Hubble volveron sorprender unha vez máis os astrónomos. Nesta ocasión, o mítico observatorio captou os fulgores dunha aurora sobre o Polo Norte de Saturno.

A serie completa tomouse xusto no momento no que o telescopio espacial tiña unha boa perspectiva dende a Terra (dende abril ata maio de 2013), pois encontrábse orbitand o onoso planeta a máis de 500 quilómetros sobre o nivel do mar.

Grazas a estas insólitas imaxes, os expertos consideran que se obterán novos detalles sobre o movemento que realiza unha aurora dende o momento no que aparece ata que se esvaece por completo no firmamento.

Ademais, con axuda das capturas a escala ultravioleta do planeta os investigadores observaron como o campo magnético de Saturno é perturbado por pequenas partículas provenientes do Sol e que forman as auroras.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

O MAIOR DINOSAURO DO MUNDO

O MAIOR DINOSAURO DO MUNDO

O paleontólogo Pablo Puerta, ao lado do fémur do dinosauro / Jose Maria Farfaglia (AP)

Os investigadores do Museo Egidio Feruglio, situado na localidade patagónica de Trelew (provincia de Chubut - Arxentina), presentaron restos do que consideran o maior dinosauro encontrado ata agora no mundo. O museo paleontolóxico difundiu imaxes dun fémur de 2,40 metros, o que fai calcular os científicos que o animal, pertencente á especie herbívora dos saurópodos, mediría 40 metros dende a cabeza á cola, tería unha altura de 20 metros e pesaría unhas 77 toneladas, equivalente a 14 elefantes africanos.

 O dinosauro, que aínda non foi bautizado, foi encontrado entre rochas cuxa antigüidade se estima ao redor de 90 ou 100 millóns de anos. A extinción masiva dos dinosauros produciuse hai 65 millóns de anos, no período Cretácico Superior, moito antes de que xurdisen os primeiros homínidos, en África, hai uns catro millóns de anos.

 O maior dinosauro encontrado ata agora tamén era arxentino. Trátase do Argentinosaurus huinculensis, encontrado na provincia de Neuquén en 1989. Ten unha lonxitude de 38 metros e unha altura de 18. Tanto o de Neuquén coma o Chubut alimentábanse da follaxe das árbores. Os científicos cren que podían devorar bosques enteiros en poucos minutos e que podían engordar uns 6.000 quilos cada ano.

 FONTE: Xornal El País/Ciencia