Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

PREMIOS JAIME I DO 2012

PREMIOS JAIME I DO 2012

Os científicos e investigadores Nazario Martín (Investigación Básica), Jesús Egido (Investigación Médica), Manuel Arellano (Economía), Juan Luis Ramos (Protección do Medio Ambiente), José Capmany (Novas Tecnoloxías) e Noriel Pavón (Emprendedor) lograron os Premios Jaime I de 2012.

Estes premios están dotados con 100.000 euros en cada unha das súas seis modalidade e  están instituídos pola Generalitat e a Fundación Valenciana de Estudios Avanzados (FVEA) para estimular e recoñecer a investigación en España.

Nazario Martín , doutor en Química e catedrático de Química Orgánica da Universidade Complutense de Madrid, foi premiado en Investigación Básica polas súas contribucións no campo da química supramolecular, "particularmente na combinación da química de fullerenos coa nanotecnoloxía".

Jesús Egido , Xefe do servizo de Nefroloxía e Hipertensión da Fundación Jiménez Díaz, foi premiado en Investigación Médica polos seus "descubrimentos clave no desenvolvemento das enfermidades renais, sobre todo na importancia da anxiotencina como causante do dano crónico dos riles".

Manuel Arellano , profesor de Econometría no Centro de Estudos Monetarios e Financieiros de Madrid, foi premiado en Economía, polas súas aportacións empíricas á economía laboral e á economía do comportamento nos fogares.

Juan Luis Ramos , profesor de investigación do CSIC en Sevilla, foi premiado na modalidade de Protección do Medio Ambiente polo seu traballo relacionado co uso de microbios para aplicacións medioambientais e biotecnolóxicas na eliminación de contaminantes.

José Campmany , doutor enxeñeiro de Telecomunicacións e director do Instituto Universitario de Telecomunicacións e Aplicacións Multimedia (Iteam) da Universidade Politécnica de Valencia, foi premiado en Novas Tecnoloxías polo seu "liderado mundial en investigación de transmisión de ultracapacidade e procesado óptico de sinais de microondas", multiplicando por dez a banda para transmitir datos.

Noriel Pavon , fundador e presidente de Oncovisión, empresa valenciana adicada ao desenvolvemento de equipamento automatizado para sistemas de diagnose e tratamento clínico, foi premiado na categoría de Emprendedor polo "positivo impacto social da innovación na alta tecnoloxía sanitaria".

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

 

POSIBLE CHOQUE DA VÍA LÁCTEA E ANDRÓMEDA

POSIBLE CHOQUE DA VÍA LÁCTEA E ANDRÓMEDA

Composición fotográfica do choque da Vía Láctea e Andrómeda / NASA

A Vía Láctea, o conxunto de miles de millóns de estrellas ao que pertence o Sol, acabará chocando frontalmente coa súa veciña Andrómeda, que está agora a unha distancia duns 2,5 millóns de anos luz. Como resultado da colisión ámbalas dúas acabaran fusionadas en só unha. A esta conclusión chegaron uns científicos que lograron medir con grande precisión a velocidade e desprazamento de Andrómeda (tamén chamada M31) co telescopio espacial Hubble e concretaron os seus cálculos mediante simulacións por ordenador. O Sol non resultará destruído no choque, aínda que acabará nunha posición diferente da actual, seguramente máis afastado do centro galáctico. As estrelas están tan lonxe unhas doutras que non chocarán, explican os investigadores.

As dúas galaxias están aproximándose debido á mutua atracción gravitatoria que exerce a materia (incluída a materia escura que rodea a unha e á outra). Isto sábese dende hai tempo, pero calcular con detalle como e cando se producirá a colisión esixíu medir con grande precisión o desprazamento de Andrómeda, que é o que fixeron agora no Instituto del Telescopio Espacial, en Baltimore, EE UU. Os resultados expóñense na revista Astrophysical Journal. Ata agora non se sabía se a colisión galáctica sería frontal ou se ámbolos conxuntos estelares só se rozarían.

FONTE: Xornal El País/Ciencia.

A MOLÉCULA "OLÍMPICA"

A MOLÉCULA "OLÍMPICA"

Imaxe da molécula "olympicene" / RSC

O seu aspecto parécese moito aos cinco aneis do símbolo das Olimpiadas, e por iso os seus creadores bautizárona como "olympicene". Trátase da estructura molecular con forma de anel máis diminuta posible. De feito, é 100.000 veces máis delgada que un cabelo humano. Unha colaboración entre a Royal Society of Chemistry e a Universidad de Warwick, ambalas dúas no Reino Unido, e IBM Research, en Zurich (Suiza), permitíu a un equipo de científicos crear e presentar ao público esta molécula, utilizando unha combinación de química sintética intelixente e técnicas de imaxe.

Os químicos da Universidad de Warwick, empregaron química orgánica sintética para crear a insólita estructura molecular de "olympicene" que consideran que poden ofrecer un grande potencial para a próxima xeración de células solares de alta tecnoloxía, e fontes de iluminación, como os LED.

O grupo de IBM Research en Zurich analizou a estructura química de "olympicene" cunha resolución sen precedentes, usando unha técnica complexa coñecida como microscopía de forza atómica sen contacto. Con esta técnica, os autores lograron reproducir esta molécula única, de tan só 1.2 nanómetros de ancho (un nanómetro é a milmillonésima parte dun metro), e 100.000 veces máis fina que un cabelo humano.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

AS RAS VOLVEN TER DENTES

AS RAS VOLVEN TER DENTES

Ra Gastrotheca guentheri /news.nationalgeographic.com

Un novo estudo, realizado polo biólogo evolucionista John Wiens da Stony Brook University do Estado de Nueva York, afirma que as ras volven a ter dentes na mandíbula inferior, despois de 200 millóns de anos sen eles. Segundo os expertos, dito descubrimento cuestiona unha das pedras angulares da teoría evolutiva.

Das máis de 6.000 especies de ras, só unha, a ra marsupial arborícola denominada Gastrotheca guentheri, conta con dentes tanto na mandíbula superior como na inferior. A maioría das ras só presentan minúsculos dentes na mandíbula superior.

Unha nova análise da árbore xenealógica das ras revela que o seu antepasado común, que presentou durante moito tempo dentición na mandíbula inferior, perdeuna hai máis de 230 millóns de anos, antes de que se extinguise por completo.

A ra marsupial Gastrotheca guentheri non presentaba dentición inferior, ata que “de repente, hai entre uns 5 e 15 millóns de anos, apareceu".

Segundo Wiens, dito descubrimento vai en contra dun principio denominado a lei de Dollo, que establece que as estruturas físicas perdidas durante o proceso evolutivo non se poden recuperar.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia

FOTOSÍNTESE ARTIFICIAL

 

Investigadores do Grupo de Dispositivos Fotovoltaicos e Optoelectrónicos da Universitat Jaume I de Castellón, desenvolveron (facendo uso da nanotecnoloxía), un dispositivo con materiais semiconductores que, en medio acuoso, xera hidróxeno de forma autónoma, empregando únicamente luz solar.

Así o difundiron fontes da institución académica, quen explicaron que esta tecnoloxía, que recibe o nome de fotosíntese artificial, está inspirada na fotosíntese que se produce na natureza (proceso no que as plantas aproveitan a enerxía solar para transformar a materia inorgánica en compostos orgánicos, liberando a enerxía química almacenada nos enlaces da molécula adenosina trifosfato-ATP, e obtendo compostos enerxéticos como azúcres e carbohidratos).

A produción de hidróxeno de forma eficiente empregando materiais semiconductores e luz solar constitúe "un reto crucial para facer realidade un cambio de modelo enerxético ata unha tecnoloxía de conversión sostible, basado en recursos inesgotables e respetuoso co medio ambiente", indican as mesmas fontes.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

INSECTOS POLINIZADORES NA ÉPOCA DOS DINOSAURIOS

INSECTOS POLINIZADORES NA ÉPOCA DOS DINOSAURIOS

Unha das femias de tisanóptero, co pole nas súas patas / Imaxe:IGME

Cando os dinosaurios vivían sobre a Terra, uns diminutos insectos cargados de pole quedaron atrapados no ámbar, e alí estiveron durante 110 millóns de anos, ata que un equipo de investigadores do Instituto Xeológico e Mineiro de España (IGME) descubíunos. Son a evidencia máis antiga de polinización realizada por insectos na historia da vida. O anterior rexistro tiña "só" 20 millóns de anos, e tamén foi feito polo IGME.

As mostras de ámbar foron recollidas hai uns anos no xacemento de Peñaferrada (Álava), pero ata agora non se puxeran baixo o microscopio.

Un artículo informativo publicouse esta semana en "Proceedings of National Academy of Science".

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

O CROCODILO MÁIS GRANDE QUE HABITOU NA TERRA

O CROCODILO MÁIS GRANDE QUE HABITOU NA TERRA

Fósil do cranio do "Crocodylus thorbjarnarsoni" / Imaxe:C. Bronchu

Un crocodilo, tan grande que podía tragar seres humanos con só abrir a boca, habitou hai entre dous e catro millóns de anos en África do Leste, compartindo a súa contorna cos primeiros ancestros da nosa especie. Chegaba a medir uns nove metros, bastante máis que o máis grande que se coñecía, o que o converte, de momento, no arcosaurio de maior tamaño que habitou a Terra.

Comparativa del tamaño del cocodrilo primitivo, los ancestros humanos y nuestra especie. |Chris Brochu                                                       Comparativa do tamaño do crocodrilo primitivo, os
                                                       ancestros humanos e a nosa especie./Chris Brochu

O descubrimento dos restos deste espectacular exemplar foi publicado pola revista "Journal of Vertebrate Paleontology " , onde se indica que "puido exceder os 8,3 metros de lonxitude, cando o crocodilo do Nilo máis grande coñecido medía 6,4 metros e a maioría son moito máis pequenos".

Os fósiles dese exemplar, bautizado como "Crocodylus thorbjarnarsoni", atopáronse nun xacemento en Kenia, non lonxe de onde habitan agora os temibles crocodilos do Nilo. Foron encontrados hai tempo, pero foi hai tres anos, durante unha visita ao Museo Nacional deste país africano, cando un investigador (Chris Brochu) "reencontrounos", descubrindo que era unha nova especie, que non está emparentada cos actuais e é moito máis grande.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

A SELECCIÓN NATURAL SEGUE PRESENTE NA EVOLUCIÓN HUMANA

A SELECCIÓN NATURAL SEGUE PRESENTE NA EVOLUCIÓN HUMANA

O ser humano segue evolucionando / Imaxe:mokanews.es

Rematou o proceso de evolución do ser humano? Estancouse a especie debido ao efecto das adaptacións culturais e do avance das sociedades? Un dos grandes debates abertos entre biólogos e científicos sociais é ata que punto as poboacións humanas continúan experimentando os efectos da selección natural exposta por Charles Robert Darwin. Os procesos para o estudo deste campo están perfectamente definidos pola ciencia, pero a falla de bases de datos suficientemente grandes e fiables complicaron a súa investigación.

Un grupo internacional de científicos, liderado por investigadores do Departamento de Ciencias Animais e Vegetais da Universidade de Sheffield (Reino Unido), acaba de presentar un estudo en profundidade do rexistro da igrexa luterana de Finlandia para determinar se os cambios demográficos, culturais e tecnolóxicos acontecidos despois da revolución agrícola afectaron á selección natural e sexual na especie humana actual.

A investigación, publicada na revista científica "Proceedings of the National Academy of Sciences" (PNAS) contou con datos de 5.923 persoas nacidas entre 1760 e 1849. Como parece lóxico pola época e o lugar nos que viviron os individuos, a poboación estudada caracterizábase por unha monogamia imposta socialmente. Segundo citan os propios autores no traballo, o rexistro da igrexa luterana contiña unha completa información sobre a supervivencia, apareamento e éxito reprodutivo de cada individuo.

Os resultados presentados polos investigadores demostran que os seres humanos están en constante evolución. "As nosas conclusións enfatizan a idea de que os cambios demográficos, culturais e tecnolóxicos dos últimos 10.000 anos non descartaron o potencial da selección natural e sexual da nosa especie", aseguran os autores no artígo publicado en PNAS. O aumento da supervivencia de individuos debido aos avances na medicina e na tecnoloxía non conseguíu alterar os procesos descritos no século XIX polo pai da Evolución, Charles Darwin.

FONTE: Xornal El País/Ciencia