Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

A TORMENTA DE ASTEROIDES QUE CAMBIOU Á TERRA

A TORMENTA DE ASTEROIDES QUE CAMBIOU Á TERRA

Recreación dun impacto na Lúa /Don Davis-"Nature"

O grande bombardeo de asteroides, coñecido como Bombardeo Intenso Tardío, que se producíu na Terra hai entre 4.200 e 3.500 millóns de anos, ou incluso ata máis tarde, é un dos eventos aos que se atribúen moitas das características do noso planeta, pero os constantes cambios na súa codia terrestre con placas tectónicas e con vida complica aos científicos o desafío de atopar as probas.

A semana pasada, dous traballos na revista "Nature" revelan claves sobre a orixe e a frecuencia desta chuvia de asteroides e cometas, que escomenzou cando se formaba o Sistema Solar.

Nun dos traballos, dous investigadores da Universidad Purdue (Estados Unidos) analizaron un rastro de po procedente destes cometas en capas rochosas onde quedou incrustado. Ao parecer trátase de partículas que se vaporizan durante o impacto do asteroide e chegan á atmósfera, alí se vitrifican (solidifican) e volven a caer á superficie deixando unha capa que son as pegadas destas catástrofes,segundo explica o investigador español Jesús Martínez-Frías, do Centro de Astrobioloxía (CSIC-INTA).

Segundo o investigador español, para confirmar estes modelos haberá que investigar na Lúa, xa que o noso satélite parece ser, en si mesma, unha evidencia destas catástrofes, onde os procesos que ocurriron nestas etapas consérvanse mellor que na Terra (debido á inactividade xeolóxica), podéndose estudar mellor que no soso propio planeta.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

PAN

PAN

Pan, satélite de Saturno / Imaxe:lapatilla.com

Os astrónomos quedaron de pedra ao ver esta imaxe, transmitida á Terra pola sonda Cassini dende Saturno. Trátase de Pan, unha das moitas lúas que orbitan arrededor deste mundo xigantesco, unha que permaneceu ata agora oculta dentro dos seus aneis e polo tanto non fotografada con detalle a pesar de ser descuberta en 1990. A súa forma, que lembra á dun ovni, causou unha grande sorpresa entre os investigadores.

Xunto con Atlas, outra lúa de rara forma, pénsase que Pan naceu da acumulación de grandes cantidades de partículas xeadas dos propios aneis nos que se atopa, un extremo que podería aportar información sobre como os planetas se forman a partir dun disco de materia que rodea ás estrelas recentemente nacidas. Tanto Atlas como Pan, que miden só uns 20 km. de polo a polo, teñen un estraño abultamento nas súas zonas ecuatoriais, o que confírelles o seu raro aspecto de prato voante.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia

MICROORGANISMOS AMEAZAN A EEI

MICROORGANISMOS AMEAZAN A EEI

Estación Espacial Internacional (EEI) / Imaxe:20minutos.es

O vicepresidente da Academia de Ciencias de Rusia, Anatoli Grigóriev, advertíu hai dous días de que os microorganismos que se atoparon na estación espacial internacional supoñen un perigo para a plataforma orbital: "Vímola na estación [soviética] Mir e agora vémola na EEI a acción nefasta da microflora na estrutura da plataforma".

Explicou que estes microbios «danan non só o metal, senón tamén os polímeros, polo que poden ser a causa de danos técnicos». O científico indicou que os experimentos de exposición de microorganismos no casco exterior da EEI demostran que sobreviven en condicións extremas.

Rusia e os demais países que participan no programa da plataforma orbital estudan ampliar ata o 2020 o prazo de explotación da estación, cuxo primeiro módulo foi posto en órbita o 20 de novembro de 1998. Actualmente a EEI alberga a expedición número 30, cos estadounidenses Daniel Burbank e Donald Pettit, o holandés André Kuipers e os rusos Oleg Kononenko, Antón Shkáplerov e Anatoli Ivanishin.

FONTE: Xornal La Voz de Galicia

VIAXE AO INTERIOR DUN ESCARAVELLO

 

Javier Alba Tercedor, investigador da Universidade de Granada, gañou un dos  premios do SkyScan Micro CT Meeting, un certamen celebrado en Bruselas (bélxica), cun vídeo que amosa unha alucinante viaxe ao interior dun escaravello acuático, o Dryops, da orde dos coleópteros. É un traballo de microtomografía computerizada, unha técnica moi empregada en medicina que permite diseccionar virtualmente calquer bichiño ínfimo e distinguir cada un dos seus órganos con cores. O resultado é unha película estética e relaxante, como se se mirase un exótico acuario, de grande interese científico.

Aquí tes un anaco do citado vídeo.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

GRAFENO

GRAFENO

Estructura do grafeno / Imaxe:edu.xunta.es

O grafeno, é o material que ten fascinados aos científicos e á industria debido ás súas fantásticas propiedades. É transparente, flexible, extraordinariamente resistente, impermeable, abundante, económico e conduce a electricidade mellor que ningún outro metal coñecido. 

Aínda que foi sintetizado por primeira vez en 2004, saltou á fama en 2010 cando os seus descubridores, os investigadores de orixe ruso Andre Geim (Sochi, 1958) e Konstantin Novoselov (Nizhny Tagil, 1974) recibiron o Premio Nobel de Física.

Este versátil material permitirá fabricar dende dispositivos electrónicos con pantallas flexibles e transparentes e baterías ultrarrápidas a potentes paneis solares, sen olvidar aplicacións en aeronáutica, medicina e outros sectores que se investigan na actualidade. Ademais, supón unha base excelente para crear novos materiais a medida, en función das necesidades específicas. É decir, algo así como materiais á carta.

O estudo das propiedades do grafeno mantén ocupados a unha grande cantidade de científicos en todo o mundo, entre os que destacan as aportaciones dos físicos teóricos españois.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

ZONAS ESCURAS E MISTERIOSAS DE MARTE

ZONAS ESCURAS E MISTERIOSAS DE MARTE

Zonas escuras e misteriosas de Marte / Imaxe:Universidade Arizona

Zonas escuras e misteriosas, como as da foto, cubren máis de 10 millóns km2 no hemisferio norte marciano. De que está feito este singular terreo é algo que ata agora escapou ás análises dos investigadores. Porén, novos datos da Mars Express suxiren que esas grandes áreas poden estar feitas de cristais, seguramente forxados en antigos volcáns xa extintos do Planeta Vermello. Segundo investigadores da Universidade Estatal de Arizona, trátase de zonas principalmente basálticas e que poden atoparse en moitos lugares do planeta. Analizando ao infravermello moitas desas áreas, utilizando os instrumentos da misión Mars Express, encontráronse coas bandas de absorción típicas do ferro que conteñen os cristais volcánicos, unha substancia brillante e similar á obsidiana que se forma cando o magma se arrefría moi rápido como para que os seus minerais cristalicen. A menudo, eses cristais toman a forma, e o tamaño, de grans de area, e aquí, na Terra, poden encontrarse en lugares como Islandia. Sen embargo, no noso planeta a formación destes cristais teñen moito que ver coa presenza de auga. Descoñécese como se puideron formar tamén en Marte, ainda que os investigadores pensan que existe a posibilidade de que o magma dos volcáns marcianos se mesturasen co xeo e, posiblemente, con neve. Por suposto, esas condicións fan destas rexións escuras candidatas perfectas para buscar signos de vida, algo que non escapoua á atención dos investigadores, que xa planean novas formas de investigar ese tipo de formacións.

FONTE:"El Blog": Ciencia y Tecnoloxía de José Manuel Nieves/Xornal ABC

O NOSO CEREBRO É

O NOSO CEREBRO É

Imaxe do cerebro que amosa as curvas de fibras neuronais / mgh-ucla human connectome project

Tanto falar da enorme complexidade do cerebro, e resulta que, ao menos en canto á arquitectura das súas conexións, é “elegantemente simple”, din uns científicos do Hospital General de Massachusetts (EE UU) que lograron facer un mapa de altísima resolución do cableado neuronal. E esa estructura non é unha maraña de fibras, como moitos pensaban: "O cerebro está feito de fibras paralelas e perpendiculares que se cruzan entre si de forma ordeada”. O avance, sinalan, é importante para poder trazar o atlas das conexións cerebrais, para coñecer o seu desenvolvemento e perfilar mellor as teorías sobre como funciona este órgano e como evolucionou.

O cerebro, explica a revista Science, onde se publica o traballo, está feito de dous tipos de tecido: a materia gris de células nerviosas con funcións específicas, e a materia branca feita de longas fibras interconectadas ou cables. As traxectorias e as formas destes cables, onde e como se cruzan e conectan nos seus percorridos foi considerado sempre un asunto complexo e difícil de abordar, pero estes investigadores amosan que o cableado cerebral está organizado xeométricamente e e sorprendentemente simple.

Todas as fibras forman un único tecido ou rede tridimensional, como unha tea formada por múltiples fios e dobrada. Esta estructura, ademais, non é exclusiva do cerebro humano, xa que os investigadores observaron o mesmo patrón nos seus experimentos con catro especies diferentes de primates non humanos, ademais de persoas voluntarias.

O descubrimento destes científicos resulta inseparable do avance tecnolóxico (empregando un escáner de resonancia magnética, denominado de imaxe por difusión espectral) o que lles permitíu acadar esa alta resolución no seu mapa (aínda parcial aproximadamente un 25%, ) da rede de fibras cerebrais da estructura da rede, do tecido de fibras, do cerebro humano, pero os expertos están xa traballando co novo escáner para chegar ao 75%.

FONTE: Xornal El Pais/Ciencia

UN XIGANTE CON PLUMAS

UN XIGANTE CON PLUMAS

Ilustración do gran dinosaurio con plumas "Yutyrannus huali" / BRIAN CHOO

Un xigante con plumas, de hai uns 130 millóns de anos, foi descuberto nun xacemento de China. Chámase Yutyrannus huali e sería un parente cercano do famoso Tyrannosaurus rex. En realidade non é un dinosaurio só, porque atopáronse tres exemplares: un adulto, que pesaría sobre unha tonelada e media, e dous alevíns, de media tonelada. O máis curioso é que tiñan o corpo cuberto de plumas, ao menos en parte, e trátase do animal máis grande que se conece con esta característica.

Dado o seu volume e o tipo de plumaxe filamentoso (parecido ao dun pito acabado de nacer), os científicos descartan que puidera voar e pensan que as plumas serviríanlle como illante. Ata agora coñecíanse dinosaurios con plumas descubertos en xacementos chinos e de Cuenca (España), pero o maior deles pesaría 40 veces menos que este xigante emplumado. Polo seu peso e a súa lonxitude (uns nove metros o exemplar adulto), o Yutyrannus era moito máis pequeno que o seu parente o Tyrannosaurus rex, explican os investigadores chinos e canadenses que o descubriron e estudiaron e que o presentan agora na revista Nature.

FONTE: Xornal El Pais/Ciencia.