Blogia
vgomez

PAN

PAN

Pan, satélite de Saturno / Imaxe:lapatilla.com

Os astrónomos quedaron de pedra ao ver esta imaxe, transmitida á Terra pola sonda Cassini dende Saturno. Trátase de Pan, unha das moitas lúas que orbitan arrededor deste mundo xigantesco, unha que permaneceu ata agora oculta dentro dos seus aneis e polo tanto non fotografada con detalle a pesar de ser descuberta en 1990. A súa forma, que lembra á dun ovni, causou unha grande sorpresa entre os investigadores.

Xunto con Atlas, outra lúa de rara forma, pénsase que Pan naceu da acumulación de grandes cantidades de partículas xeadas dos propios aneis nos que se atopa, un extremo que podería aportar información sobre como os planetas se forman a partir dun disco de materia que rodea ás estrelas recentemente nacidas. Tanto Atlas como Pan, que miden só uns 20 km. de polo a polo, teñen un estraño abultamento nas súas zonas ecuatoriais, o que confírelles o seu raro aspecto de prato voante.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia

0 comentarios