Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

PEQUENO CRANIO PARA UN DINOSAURIO XIGANTE

PEQUENO CRANIO PARA UN DINOSAURIO XIGANTE

Vista en tres dimensións do cranio do "Turiosaurus riodevensis" / Francisco Gasco/Dinópolis

O cranio do dinosaurio "Turiasaurus riodevensis", coñecido como o xigante europeo, foi presentado o pasado martes na Fundación Dinópolis en Teruel. Mide só 78 centímetros de longo, cando estes dinosaurios podían chegar a medir ata 35 metros, algo normal nun saurópodo (dinosaurio herbívoro), que teñan pequenos cerebros. Os restos fósiles foron atopados en 2005 xunto aos do esqueleto, en Riodeva (Teruel), pero estaban moi fragmentados e foron precisos anos de limpeza e estudo para confirmar o descubrimento, que se publica na prestixiosa revista Journal of Systematic Palaeontology.

Con esta información coñécese xa aproximadamente a metade do esqueleto do xigantesco animal, que foi clasificado como nova familia de saurópodos, a turiasauria,  cando se publicara en 2006 na revista Science.

Trátase dun dos tres únicos cranios destes xigantescos animais do Xurásico que se coñecen en todo o mundo.

FONTE: Xornais El Pais e El Mundo/Ciencia

VENUS ATRAVESA AS PLÉYADES

VENUS ATRAVESA AS PLÉYADES
Traxectoria do planeta Venus sobre unha imaxe das Pléyades / Gustavo E. García/AASU

 

Estes días, Venus atravesará o famoso cúmulo estelar das Pléyades, un paseo celestial que, se o tempo acompaña, poderase observar a simple vista. O maior achegamento producirase hoxe, martes 3 de abril. O espectáculo comenza ao atardecer ata a medianoite.

Este achegamento visual é posible porque o sistema solar formouse a partir dun disco protoplanetario quedando todos os corpos aproximados a un mesmo plano. As Pléyades atópanse en Taurus, unha das constelacións atravesadas por ese plano, así que este cúmulo de estrelas é susceptible de ser "visitado" pola Lúa e o resto de planetas do sistema solar, segundo explica a Rede Española para a Divulgación da Astronomía (REDA) nun comunicado.

Venus, é o terceiro corpo celeste máis brillante visto dende a Terra tralo Sol e a Lúa.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia

GRS: UNHA POSIBILIDADE DE ARREFRIAR A TERRA

GRS: UNHA POSIBILIDADE DE ARREFRIAR A TERRA

Imaxe do Ártico que amosa o aumento de temperatura entre 1981 e 2009 / NASA / GISS

Se a actividade humana está cambiando o sistema climático da Terra a unha velocidade de vértigo, non se podería facer algo na dirección oposta? Contra o quentamento, non haberá algunha forma de arrefriar o planeta? Si que hai formas. De momento só son ideas e as investigacións ao respecto non pasan, por agora, de simulacións no ordenador ou experimentos de laboratorio. A formación artificial de nubes brillantes sobre os océanos ou a inxección de partículas na estratosfera (como fan naturalmente os volcáns), incluso a colocación de espellos e pantaias no espazo ou a adecuación de grandes extensións na superficie terrestre plantando colleitas de coloración clara, son posibilidades do que se denomina Xestión da Radiación Solar (GRS). O obxectivo é rechazar parte da luz e a calor do Sol que chega ao noso planeta e, así, arrefrialo.

Parecen tecnoloxías de ciencia ficción, pero poden chegar a ser viables e a Royal Society británica acaba de publicar un informe ao respecto evaluando os efectos e a conveniencia non xa de poñelas en marcha, senón incluso de empezar a investigalas e probalas. A súa primeira conclusión é que a xeoenxeñería non puede tomarse en consideración como unha alternativa á reducción das emisión de efecto invernadoiro que provocan o quentamento nin ás medidas de adaptación ao mesmo.

A GRS podería ser útil como complemento do control das emisións, pero non é unha solución do problema e conleva riscos de grande alcance.

FONTE:Xornal El País/Ciencia

AUGA XEADA EN MERCURIO

AUGA XEADA EN MERCURIO

Imaxe da sonda Messenger de cráteres de Mercurio onde podería existir auga xeada / Imaxe: NASA

A sonda Messenger da NASA descubríu indicios da existencia de auga xeada nos polos de Mercurio. O achádego é sorprendente, xa que as temperaturas na superficie do planeta máis cercano ao Sol poden superar os 400 graos. Porén, algúns cráteres nos polos de Mercurio atópanse na sombra de xeito permanente, e este factor convérteos no que os científicos denominan "trampas de frío". Anteriores investigacións detectaran algunhas zonas preto dos polos que provocaban reflexos ao analizarse cun radar, unha característica típica do xeo. Agora, a cartografía realizada pola sonda Messenger comprobou que esas zonas que causan reflexos de radar están precisamente nas mesmas rexións escuras que se atopan permanentemente na sombra. Messenger é só a segunda sonda, despois da Mariner 10 nos anos 70, que visitaron o planeta máis próximo á nosa estrela. Ata a chegada desta misión, existían amplas zonas de Mercurio que nunca foran analizadas. As zonas que provocaran reflexos de radar xa foran detectadas por telescopios da Terra nos anos 90, pero ata agora os científicos non puderan precisar o lugar exacto onde se atopaban. De calquera xeito, grazas ás novas imaxes enviadas pola Messenger, comprobaron que coinciden coas rexións polares de sombra permanente. Este  estudo foi publicado na  revista "Science".

FONTE: Xonrnal El Mundo/Ciencia

ASTEROIDE 2012 DA14 CHEGARÁ Á TERRA EN 2013

ASTEROIDE 2012 DA14 CHEGARÁ Á TERRA EN 2013
A órbita do asteroide 2012 DA14

 

A finais de febreiro, un grupo de astrónomos do Observatorio da Sagra, en Andalucía, descubríu un pequeno asteroide duns 50 metros de diámetro nunha órbita moi similar á da Terra. A chamada  2012 DA14, a rocha espacial pasará "rozando" o noso planeta en febreiro de 2013. Tan preto que, só hai uns días, ninguén se atrevía a asegurar que non acabaría impactando contra nós. O 15 de febreiro de 2013, o asteroide pasará apenas a 28.000 km de nós.

A órbita do asteroide, unha elipse algo máis inclinada que a de noso planeta, levarao a pasar cerca da Terra dúas veces ao año, máis ou menos cada seis meses. O último achegamento foi o pasado 16 de febrero, pero a preto de 2,5 millóns de quilómetros de distancia, o que evidentemente non supuxo perigo algún.

Porén, o ano próximo a "visita" será moito máis cercana. De feito, o 15 de febreiro de 2013 o pequeño asteroide pasará "só" a 28.000 km do centro da Terra, a mesma distancia á que se atopan moitos dos nosos satélites. 2012 DA14 convertirase entón nun dos asteroides (observados) que máis preto pasara daTerra. Outros rozaron o noso mundo a distancias aínda menores, pero sen ser detectados durante a súa aproximación. Desprazarase a unha velocidad de uns 7 quilómetros por segundo en relación ao noso planeta. Se ben non hai risco de impacto, a súa órbita vai a desviarse considerablemente pola gravidade terrestre depois do máximo achegamento, o que xerará certa incertidume na predicción dos futuros encontros e o cálculo de posibles impactos no tempo, segundo informa o Observatorio Astronómico de Mallorca.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia

FORMACIÓN DA TERRA: COLISIÓN DE METEORITOS

FORMACIÓN DA TERRA: COLISIÓN DE METEORITOS

 

Os "ladrillos" a partir dos que se formou a Terra poderían ser moi distintos do que os científicos pensaban ata agora. En efecto, un novo estudo suxire que o noso planeta xurdíu a partir dun grande número de colisións de meteoritos, de varias clases e tamaños. O estudo, levado a cabo por investigadores franceses, publicouse recentemente na revista Science.

A teoría clásica da formación da Terra dinos que, hai uns 4.500 millóns de anos, o material sobrante do nacemento do Sol formou arredor da estrela recén nacida un disco de po cuxos grans, moi lentamente e debido á súa propia gravidade,  fóronse agrupando e formando primeiro pequenas pedras, despois rochas máis grandes e por último un embrión planetario, que foi atraendo máis e máis material ata dar forma á Terra que coñecemos.

Tamén pensabamos que a maior parte dos corpos que se foron fusionando ao "embrión terrestre" formáranse nun estreito "corredor" espacial e eran todos moi similares e pertencentes a unha subfamilia de meteoritos chamados condritas de enstatita.

A idea basábase no descubrimento dun grande número de sorprendentes similitudes entre os diferentes isótopos de elementos como o osíxeno, o níquel e o cromo, entre a Terra e ese tipo concreto de meteoritos. Os isótopos son átomos dun mesmo elemento que teñen, sen embargo, distinto número de neutrones no seu núcleo.

Pero unha nova comparación entre isótopos de silicio terrestre e procedente de meteoritos parece suxerir que o noso planeta está "amasado" a partir dunha mestura moi heteroxénea de meteoritos de varias clases. Os xeoquímicos Caroline Fitoussi e Bernard Bourdon, da Ecole Normale Supérieure de Lyon, en Francia, analizaron isótopos de silicio procedentes de distintas rochas do manto terrestres e comparados despois cos mesmos isótopos procedentes de rochas lunares (das mostras traídas á Terra nas misións Apolo) e de meteoritos.

Empregados modelos informáticos da formación da Terra, os investigadores déronse conta de que para producir a mestura exacta de isótopos de osíxeno, níquel e cromo atopada nas mostras terrestres era necesario unir polo menos tres clases diferentes de meteoritos, e non só unha. En outras palabras, non foron só as condritas de enstatita as que formaron o noso planeta.

Formación da Lúa

O feito de que os isótopos de silicio medidos en rochas terrestres e lunares foran case idénticos entre si, suxire que o material que creou a Lúa debeu por forza formar parte do manto terrestre antes de que xurdira o noso satélite. Doutro xeito, os isótopos de ambos corpos serían moi diferentes.

A idea respalda e dá nova consistencia á teoría de que a Lúa formouse como consecuencia do impacto dun asteroide xigantesco (probablemente de tamaño similar a Marte) contra o noso incipiente mundo.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia

NOVOS GRUPOS SANGUÍNEOS

NOVOS GRUPOS SANGUÍNEOS

Bolsas de sangue de diferentes grupos sanguíneos / Imaxe:hy.bestpicturesof.com

Os grupos sanguíneos máis correntes en toda a poboación humana son os A, B, AB e 0 (con factor Rh negativo ou positivo). Pero hai trinta máis recoñecidos pola Sociedade Internacional de Transfusións de Sangue. Aínda que sexan pouco correntes, poden plantexar serios problemas ás persoas que os teñen tanto en casos de transfusión sanguínea como en trasplantes, e de moitos deles tense poca información de base molecular, o que complica máis aínda as análises e os test de identificación. Dous deses grupos raros, denominados Langereis e Junior, nin xiquera están nesa lista ata agora.

Os problemas con estes grupos sanguíneos nas transfusiones son escasos dado que a proporción de persoas que os teñen entre os doantes é moi pequena, pero para esas persoas de tipos de sangue raros si que é un risco. Estímase que hai en Xapón máis de 50.000 persoas do grupo Junior negativo que poden sufrir incompatibilidade nai-feto e complicacións se reciben sangue.

As dúas proteínas identificadas denomínanse ABCB6 y ABCG2 e sábese que están asociadas, ademais, con resistencias a medicamentos anticanceríxenos polo que o descubrimento pode tener implicacións tamén en determinados tratamentos desa enfermidade. O traballo detallado dos investigadores, levado a cabo en EE UU, Xapón e Francia, presentouse en dous artigos no número de febreiro da revista  Nature Genetics.

FONTE:Xornal El País/Ciencia

KAIRUKU

KAIRUKU
Ilustración que amosa a dous pingüíns Kairuruku e un golfiño Waipatia /Chris Gaskin / Geology Museum (University of Otago)

Despois de 35 anos, logrouse completar a reconstrución dun fósil xigante do pingüín, ofrecendo aos investigadores nova información sobre a diversidade dos pingüíns prehistóricos. Os ósos foron recollidos en 1977 polo doutor Ewan Fordyce, paleontólogo da Universidad de Otago, en Nueva Zelanda.

En 2009 e 2011, o douctor Dan Ksepka, da Universidade Estatal de Carolina do Norte, e o douctor Paul Brinkman, viaxaron a Nueva Zelanda para axudar na reconstrución do fósil de pingüín, e agora, publicaron os seus descubrimentos no «Journal of Vertebrate Paleontology».

Os investigadores apodaron Kairuku ao pingüín, unha palabra maorí traducida como "mergullador que volve con comida". A reconstrución levouse acabo a parir de dous fósiles de Kairuku, por separado, empregando o esqueleto dun pingüín rei actual, como modelo. O resultado foi un paxaro alto, de peteiro e aletas alargados, sendo considerado o maior das cinco especies que eran comúns na zona durante o Oligoceno (etapa do Terciario da era Ceanozoica), hai, aproximadamente, 25 millóns de anos.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia