Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

TRATARUGA QUE CONVÍU COS DINOSAURIOS: "POLYSTERNON ISONAE"

TRATARUGA QUE CONVÍU COS DINOSAURIOS: "POLYSTERNON ISONAE"

Reconstrución da tartaruga "Polysternon isonae" a partir dos restos fósiles recuperados en Isona / ÓSCAR SANISIDRO

Un equipo de paleontólogos cataláns descubríu nun xacemento de Isona i Conca Dellà (Pallars Jussà), os restos fosilizados dunha nova especie de tartaruga que convivíu cos dinosaurios e que se extinguíu con eles a diferenza doutras especies de quelonios.

Esta tartaruga, bautizada como Polysternon Isonae, medía medio metro de longo e vivíu hai 65 millóns de anos en augas doces. Os restos fósiles foron localizados en estratos de finais do Cretáceo nun xacemento coñecido como Barranco de Torrebilles.

Os seis investigadores responsables da excavación pertencen ao Instituto Catalán de Paleontoloxía Miquel Crusafont, ao Museo da Conca Dellà e á Universidade Autónoma de Barcelona. Os datos sobre o descubrimento desta tartaruga que convivíu cos dinosaurios foron publicados na semana pasada na revista Cretaceous Research.

O prepirineo de Lleida é unha zona moi rica en restos fósiles de dinosaurios que viviron hai máis de 65 millóns de anos, xa que onde hoxe érguebse elevadas montañas era nesa época unha enorme chaira costeira aberta cara ao océano Atlántico, cun clima tropical, moito máis cálido, e unha vexetación abundante na que se podían atopar incluso palmeiras.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

ATOPADO O ANIMAL TERRSETRE QUE VIVE A MIOR PROFUNDIDADE

ATOPADO O ANIMAL TERRSETRE QUE VIVE A MIOR PROFUNDIDADE

"Plutomurus ortobalaganensis" atopado a 1.980 metros de profundidade / Universidade de Navarra

Non teñen ollos, carecen de pigmentación e co seu minúsculo tamaño (entre 1 e 4 milímetros) sobreviven nun dos ambientes máis inhóspitos da Terra. Unha expedición hispano-rusa atopou catro novas especies na cova Krubera-Voronya, situada na rexión de Abkhazia (República de Xeorxia) cerca do Mar Negro. Cos seus 2.191 metros, está considerada a cova máis profunda do mundo. Dúas destas novas especies, cuxas características publícanse esta semana na revista Terrestrial Arthopod Reviews (TAR), son os artrópodos atopados a máis profundidade.

O inquilino máis illado foi bautizado como "Plutomurus ortobalaganensis". Este artrópodo vive a nada menos que 1.980 metros baixo a superficie terrestre.

Os outros tres artrópodos foron localizados a menos profundidade e foron catalogados como "Anurida stereoodorata", "Deuteraphorura kruberaensis" e "Schaefferia profundísima".

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

GJ1214b: O PLANETA DE AUGA

GJ1214b: O PLANETA DE AUGA

Ilustración do planeta de auga GJ1214b pasando por diante da súa estrela / NASA / ESA / D.AGUILAR

Un novo tipo de planeta súmase á lista dos coñecidos ata agora. Non é un corpo rochoso como a Terra, Marte, Venus ou Mercurio; tampouco é un xigante gasoso como Xúpiter ou Saturno, nin un xigante xeado como Urano e Neptuno. É un planeta na órbita dunha estrela situada a uns 40 anos luz de nós, sobre todo, de auga, cunha densa atmosfera de vapor. Con estas características non se parece nin sequera a outros tipos de planetas extrasolares coñecidos.

O planeta en cuestión, GJ1214b, foi descuberto por David Charbonneau (profesor de astronomía na Universidade de Harvard) e colegas, en 2009, na órbita dunha estrela anana vermella, moito máis pequena que o Sol, pero agora os astrónomos puideron observalo e analizalo co telescopio espacial Hubble e, a partir das súas características, deducir a súa composición e identificalo como un novo tipo de planeta descoñecido ata agora. O seu diámetro é 2,7 veces o terrestre e a súa masa unhas 6,5 veces a do noso planeta; cumpre unha órbita arredor do seu astro cada 38 horas a unha distancia duns dous millóns de quilómetros (a distancia media da Terra ao Sol é duns 150 millóns de quilómetros). “GJ1214b non se parece a ningún planeta que coñezamos, unha gran parte da súa masa é agua”, comenta o líder do equipo científico nun comunicado do Harvard Smithsonian Center for Astrophysics (EE UU).

A partir da masa e o tamaño do planeta, os investigadores poden calcular a súa densidade, que é 2g/cm3, fronte á terrestre, que é, como media, 5,5g/cm3. A densidade da auga, porén, é 1g/cm3, o que suxire que o planeta en cuestión ten moita máis auga que a Terra e moita menos rocha, cunha estrutura moi diferente.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

OS CABACEIROS DENDE A CIENCIA

OS CABACEIROS DENDE A CIENCIA

 O hórreo de Carnota (A Coruña), o   terceiro máis longo de Galicia, con 34,74 m. de longo, 1,90 m. de ancho e 22 pares de columnas ou pías / Imaxe:panageos.es

Cabaceiros, canastros, hórreos...Non facía falla demostrar nada. O hórreo está sobradamente probado polo pobo. O proxecto, llevado a cabo ao longo de dous anos por sete investigadores da Misión Biolóxica de Galicia (Pontevedra), recoñece que “os resultados” do seu traballo “son bastante obvios”. Pero o obxectivo era dar un respaldo científico ao sistema de almaceamento tradicional, deixar probada a súa “viabilidade” futura. Porque “non se debe consentir que se perdan”, e entre os aproximadamente 30.000 hórreos cos que conta en Galicia, xa son máis os que están en ruínas que os que seguen gardando o gran.

Os galegos levan ensaiando a estructura sobre pés, camiño da perfección, dende muoito antes de que o Imperio Romano chegase ao fin do mundo. Un século antes do cambio de era, Marco Terencio Varrón describía sorprendido os almacéns de gran “sobre terra” dos galaicos, sen deixar aclarado para a Historia se entón xa se atopaban por aquí, a pé de castro, algúns hórreos voadores. Foi Plinio o Vello, un século despois, o que se refiríu a estas construcións “suspendidas” do noroeste peninsular. E moitas colleitas e moitas chuvias despois, pero aínda demasiado pronto para que neles se instalase a perpetuidade o millo, Alfonso X mandou retratalos por primeira vez nunha miniatura das que iluminan as Cantigas de Santa María.

Os científicos constataron que o hórreo é un bo método para o secado e que os tornarratos e tornaformigas funcionan. Pero almacen de gran galaico, por moitas cruces que o adornen, non libra ás espigas de insectos voadores como o taladro ou fungos que poden chegar a ser tóxicos. Un “tratamento postcolleita” imposible en tempos de Plinio, como o “secado rápido con aire a 35 graos durante dous días”, bastaría para espantar os riscos.

FONTE: Xornal El Pais

 

AMASIA

AMASIA

Os continentes actuais (á esquerda) e Amasia o supercontinente (dereita), centrada sobre o Ártico / Imaxe:Mitchell et al, Nature

A forte atracción do polo norte provocará dentro de millóns de anos a fusión de América e Asia dando lugar a Amasia, o nome co que científicos estadounidenses bautizaron ao que parece que será o próximo supercontinente da Terra.

Segundo os seus cálculos, esta gran masa de terra chegará a formarse dentro de entre 50 e 200 millóns de anos, segundo unha investigación publicada na revista británica "Nature".

Así, ámbolos continentes uniranse polo polo norte, mediante unha cordilleira montañosa que permitirá cruzar de Alaska a Siberia e viceversa, segundos os expertos da Facultade de Xeoloxía e Xeofísica da Universidade de Yale (EEUU).

América permanecerá situada sobre o anel de lume do Pacífico, unha zona de intensa actividad sísmica e volcánica, pero a súa orografía cambiará radicalmente porque a atracción cara ao Polo fusionará América do Sur co Norte. Este desprazamento provocará a súa vez a desaparición do océano Ártico e do mar Caribe.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

O XATCOBEO ACADOU A SÚA ÓRBITA

O XATCOBEO ACADOU A SÚA ÓRBITA

O foguete Veiga, no momento do seu despegamento, esta mañá na Güiana Francesa / Imaxe:www.esa.int

Hai algún tempo falamos neste blog do XATCOBEO: NANOSATÉLITE GALEGO. Hoxe comenzou a súa andaina. O lanzador europeo Vega despegou este luns do Porto Espacial Europeo en Kourou, na Güiana Francesa, sobre as 11.00 horas (hora española) tal e como estaba previsto, co primeiro picosatélite galego XaTcobeo.

Así comeza a primeira misión do máis pequeno dos lanzadores da Axencia Espacial Europea (ESA), que colocará en órbita nove satélites: os da Axencia Espacial Italiana Lareiras e Almasat, xunto con sete CubeSats de universidades Europeas, entre eles o galego XaTcobeo.

A axencia informou que o lanzamento se producíu "segundo o previsto" sen ningún tipo de complicación. Así, aos 30 segundos do lanzamento, Vega rompeu a barreira do son (a unha altitude de 4,7 quilómetros). Durante a súa viaxe ao espazo o foguete chegou a alcanzar os 3,8 quilómetros por segundo e cumpríu as etapas de apagado e separación, acendido de motor e separación da carena que protexe aos satélites, durante o seu ascenso.

Do mesmo xeito, a ESA informou que ao tratarse dun voo de cualificación (o primeiro do lanzador) o foguete estivo moi supervisado e mesmo se víu algún helicóptero supervisando o lanzamento. Tras a súa saída ao espazo, o foguete iniciou a súa cuarta etapa, na que acadou a súa órbita de destino, a 1.447 quilómetros sobre a superficie da Terra.

FONTE: Xornal Faro de Vigo

AS DÚAS NOVAS LÚAS DE XÚPITER: S/2011 J1 e S/2011 J2

AS DÚAS NOVAS LÚAS DE XÚPITER: S/2011 J1 e S/2011 J2

Xúpiter, o planeta máis grande do Sistema Solar / Imaxe:escuelapedia.com

Xúpiter  ten dúas novas compañeiras. Trátase de dúas pequenas lúas, recentemente dadas a coñecer polos astrónomos. Deste xeito, o quinto planeta do Sistema Solar suma 67 satélites naturais que xiran ao seu redor.

As novas lúas, denominadas S/2011 J1 e S/2011 J2, foron identificadas por primeira vez en setembro de 2011 (razón do seu nome) polo telescopio Magellan-Baade do Observatorio As Campanas de Chile. Moi diminutas, só miden un quilómetro de diámetro cada unha, atópandose entre as lúas máis pequeñas atopadas ata agora no Sistema Solar. A diferencia dos catro grandes satélites de Xúpiter (os chamados galileanos: Io, Europa, Ganímedes e Calisto), que orbitan moi preto do planeta, os dous últimos son moi débiles e atópanse moi lonxe. J1 xira a uns 20 millóns de quilómetros de Xúpiter, e J2 a uns 23 millóns. O primeiro tarda 580 días en completar a súa órbita; o outro, 726 días.

Segundo publica National Geographic é posible que existan moitas máis lúas deste tamaño arredor de Xúpiter.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

A CARA OCULTA DA LÚA

A CARA OCULTA DA LÚA

Imaxe da cara oculta da Lúa tomada pola misión GRAIL / Imaxe:movik.tv

Unha cámara a bordo dunha das sondas xemelgas da misión GRAIL da NASA captou imaxes insólitas da cara oculta da Lúa que nunca se ve dende a Terra. O vídeo foi filmado cunha cámara MoonKAM. As dúas sondas estiveron dando voltas arrededor do  noso satélite natural dende que entraron na órbita lunar o pasado 31 de decembro. 

A cara oculta a Lúa é o hemisferio do noso satélite non observable dende a Terra. Só os astronautas do programa Apolo que orbitaron á Lúa nas décadas dos 60 e 70 puideron observar directamente esta rexión lunar.

Anteriormente, o 7 de outubro de 1959, o Lunik III, foguete espacial soviético, fotgrafou a cara oculta da Lúa dende unha distancia de 62.000 quilómetros da súa superficie. Daquela empregaron un sistema chamado MAS (Mirovaya Automaticheskcaya Stantsia)

En todos os casos demostrouse que esa cara oculta ten o mesmo aspecto que a visible, toda chea de cráteres, se ben algo menos accidentada.