Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

A ESPECIE MÁIS LONXEVA DA BIOSFERA

A ESPECIE MÁIS LONXEVA DA BIOSFERA

Pradaría de posidonia no mar Mediterráneo / CSIC

Un equipo de investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) atopou en Formentera un clon de Posidonia oceanica, unha especie mariña ameazada e endémica do Mediterráneo, con 100.000 años de idade. Os resultados, publicados no último número da revista revista PLoS ONE, convírtena na especie máis lonxeva da biosfera.

A clave atópase no crecemento clonal, un proceso que a  Posidonia comparte co resto das anxiospermas (plantas superiores con flor) mariñas. Está basado na continua división dos seus meristemos (rexións onde se producen novas células) e rizomas, talos que medran a un ritmo extremadamente lento, aproximadamente un centímetro ao ano, e conectan as novas plantas que se van creando.

Os científicos descubriron agora que os rizomas ocupan lentamente o espazo ata estenderse varios quilómetros producindo millóns de plantas a partir dun mesmo clon.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

CHEGA O ASTEROIDE 433 EROS

CHEGA O ASTEROIDE 433 EROS

O asteroide Eros, captado pola sonda NEAR / NASA

O asteroide 433 Eros pasará hoxe a 26,7 millóns de quilómetros da Terra, na súa viaxe máis próxima ao planeta dende 1975.

433 Eros é un asteroide do tipo S, o que significa que ten unha composición de silicatos de magnesio e ferro. Este tipo de corpos representan arredor do 17% dos asteroides coñecidos, son moi brillantes e os máis comuns no cinto interior de asteroides.

En febreiro do 2000 a nave espacial NEAR Shoemaker da NASA aterrou sobre a súa superficie. A través de máis de 160.000 imaxes da súa superficie identificáronse máis de 100.000 cráteres e axudou aos investigadores a concluír sobre a súa composición.

A NASA sinalou que, a pesar da proximidade do asteroide, non hai perigo de colisión coa Terra xa que hai "unha distancia moi respectable". Neste sentido, precisou que pasará a máis de 80 veces a distancia á que pasou o 2005 YU55 no novembro pasado, que se achegou ao noso planeta a unha distancia inferior á órbita da Lúa sen ningún tipo de perigo.

Segundo indicaron os expertos, aqueles que queirades ver o corpo dende España podedes facelo a partir das 04:00 horas do 1 de febreiro cun telescopio de afeccionado. Eros permanecerá visible ata o próximo dia 10 e non volverá pasar tan preto da Terra ata 2056.

FONTE: Xornal El Mindo/Ciencia

 

DUNAS DE MARTE

DUNAS DE MARTE

Dunas de Marte / Imaxe: NASA

O  satélite Mars Reconnaissance Orbiter  (MRO) da NASA, obtivo imaxes da superficie de Marte nas que poden verse unhas dunas formadas pola acción dol vento. Segundo explicaron os expertos, a distribución espacial e morfoloxía das dunas marcianas están directamente relacionadas polos cambios na dirección e intensidade do vento, ao igual que pasa na Teerra, e grazas a estas formacións e aos patróns de erosión que se poden ver nas imaxes, os científicos poden obter detalles sobre a historia do terreo.

Concretamente, as fotografías captadas corresponden a unhas dunas de area atrapadas no interior dun cráter na zona de Noachis Terra, no cono sur do planeta vermello e foron tomadas o pasado 29 de novembro a unha altura de 252,20 quilómetros con respecto á superficie do planeta. A imaxe ten unha resolución tal que cada píxel corresponde a unha distancia de 25 centímetros e, polo tanto, a área cuberta na imaxe equivalería apr Xornaloximadamente a un quilómetro cadrado.

O satélite foi lanzado en 2005 e entrou na órbita de Marte en outubro de 2006, uníndose así a outros 3 satélites artificiais que orbitan arredor deste planeta. La MRO leva aloxada unha cámara de alta resolución de nome HiRISE (High-Resolution Imaging Science Experiment) coa que a NASA está sacando imaxes de alta resolución da superficie marciana. Concretamente, dende o seu lanzamento, capturáronse máis de 20.000 imaxes da superficie marciana.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia

NA BOTÁNICA, IMPONSE O INGLÉS EN DETRIMENTO DO LATÍN

NA BOTÁNICA, IMPONSE O INGLÉS EN DETRIMENTO DO LATÍN

Exemplo do uso do latínSwaziland ao describir unha nova planta. McCallum, D. A. & Balkwill K. (2004) A new species of Ocimum (Lamiaceae) from . Botanical Journal of the Linnean Society 145: 379-383)

O latín acaba de perder unha das súas últimas batallas. Dende o 1 de xaneiro, quen descubran unha nova especie vexetal, e aínda quedan moitas por coñecer, non terán que incluír unha breve descrición en latín do seu descubrimento para que sexa aceptado internacionalmente. Poderán facelo en inglés. Asi o acordaron no seu último congreso o Código Internacional para a Nomenclatura Botánica. Deste xeito rematase cun dos últimos redutos da lingua na vida profesional. Os nomes científicos das plantas, eso sí, seguirán sendo en latín (ou en algo parecido, xa que vale cualquera nome ao que se lle enfade unha terminación latina).

FONTE:Xornal El Pais/Ciencia

LAPARADA SOLAR

 

Hai tres días, durante a mañá do 16 de xaneiro (ás 04:00 UT), as manchas solares 1401 e 1402 estouparon producindo unha laparada solar de clase C6 e unha brillante exección de masa coronal que impactou directamente, a última hora de onte, contra o planeta Venus, arrancándolle unha pequena parte da súa atmosfera.

Non se trata dunha erupción solar excesivamente forte, senón dunha de intensidade media. Segundo como sexa de potente o seu pico de emisión de raios X (medido en Watios por metro cadrado), as erupcións solares clasifícanse coas letras A, B, C, M ou X (sendo X as máis potentes). Cada letra, ademais, vai seguida por un número do 1 ao 9.

De calquera xeito, e a pesar de que a laparada non foi especialmente intensa, a inmensa nube de ardente radiación e materia solar (a exección de masa coronal ou CME) turrará de cheo co planeta veciño, segundo a traxectoria calculada polos expertos do Laboratorio do Clima Espacial Goddard.

A diferencia do que sucede na Terra, Venus non conta cun escudo magnético que poida protexelo desta clase de eventos espaciais, polo que o impacto deixarase notar directamente na súa atmosfera.

Hoxe a gran nube de partículas da exección de masa solar llegará ata a Terra e chocará contra o seu campo magnético, que a desviará na súa maior parte cara os polos. Espérase unha intensa actividade xeomagnética e auroras boreais  ao redor do Círculo Polar Ártico.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia

PAMPAPHONEUS BICCAI

PAMPAPHONEUS BICCAI

Foto do cranio en Rio Grande do Soul (Brasil) / J.C. Cisneros

Hai 270 millóns de anos, no Pérmico, no territorio que agora ocupa Sudamérica, vivíu un carnívoro depredador, de máis envergadura que un león, e uns seis metros de lonxitude, que chegou a colonizar boa parte do planeta, onde aínda non existían os dinosaurios. Trátase dun dinocéfalo, un "cabeza terrible" que pertenceu á familia dos réptiles (terápsidos) e que vivíu en Brasil. Neste país sudamericano un equipo internacional lograou localizar o cranio completo dun exemplar, cuxa especie foi bautizada como "Pampaphoneus biccai".

O dinocéfalo é un réptil mamaliforme, parente alexado dos mamíferos. Tiñan incisivos entrelazados, polo que eran moi cortantes, e certo engrosamento nos ósos do cranio, que suponse que era unha adaptación ás embestidas doutros conxéneres cando disputában polo territorio ou polas femias. Algunhas especies incluso desenvolveron un corno.

Neste caso concreto do del Pampaphoneus biccai, chamado así por ser atopado na rexión da Pampa do Rio Grande do Soul e o nome do propietario da granxa onde foi encontrado Jose Bicca, o cranio descuberto mide uns 35 centímetros de lonxitude.

O achádego é importante, pois é o carnívoro terrestre máis antigo de Sudamérica, ou para ser máis exacto, o "superdepredador", como o son os felinos de hoxe en día.

FONTE: Xornal El Mundo

A COR DA NOSA GALAXIA

A COR DA NOSA GALAXIA

Imaxe do centro da Vía Láctea / EFE

Branca. Como a fina neve de comenzos da primavera unha hora antes de amencer ou unha hora despois da posta do Sol. Así se ve a Vía Láctea dende fóra do noso planeta. Os astrónomos revelaron este, tan pouco sorprendente, descubrimento, no 219º encontro da Sociedade Americana de Astronomía que rematou o pasado día 12 en Austin, EE UU.

Dende a Terra, a cor que percibimos da Vía Lactea por un efecto da luz é o branco. A cuestión é como se ve dende fóra. E os resultados das investigacións revelan que é o mesmo.

FONTE: Xonal El Pais/Ciencia

ABELLAS SOLDADO

ABELLAS SOLDADO

Unha abella recolectora (esquerda) e unha soldado (dereita) / Universidade de Sussex

 

É ben coñecido que nalgunhas sociedades de insectos, como nos grupos de termitas e formigas, existen algúns membros cuxo físico foi especialmente "deseñado" para exercer unha función "militar" e defensiva. Non obstante, esto nunca se detectara entre as abellas, que forman comunidades altruístas e cooperativas, onde  traballadoras coidan do niño e da proxenie da reina. Ata agora, porque científicos da Universidades de Sussex e Sao Paulo identificaron en Brasil por primeira vez abellas soldado, unhos especímenes máis grandes, coas patas máis longas e a cabeza máis pequena que a dos seus conxéneres, cuxa función é precisamente, protexer ao resto. Non teñen aguillón, pero utilizan a especial forma de seu corpo para "bloquear" o paso de abellas inimigas daninas. O descubrimento que aparece publicado na revista Proceedings da Academia Nacional de Ciencias de EE.UU. (PNAS) é significativo para comprender a evolución das comunidades avanzadas de insectos.

O descubrimento destas abellas soldado foi realizado polos científicos cando estudaban unha abella tropical sen aguillón común en Sao Paulo, a Tetragonisca angustula, onde son coñecidas popularmente como Jataí. Aniñan en cavidades de árbores e de paredes. Cada niño ten unha reina e ata 10.000 obreiras.

Os investigadores descubriron que as abellas soldado Jataí, que poden supoñer un 1% da colonia, son un 30% máis pesadas que as súas compañeiras do niño e a súa forma difire lixeiramente das cazadoras-recolectoras, coas pernas desproporcionadamente grandes e a súa cabeza pequena. 

Como ocurre con outros insectos sociais, as Jataí empregan os seus soldados para protexer a entrada do niño e voan preto da entrada para proporcionar unha alerta rápida en caso de que detecten un perigo.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia