Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

A NUBE SMITH EN RUTA DE COLISIÓN COA VÍA LÁCTEA

A NUBE SMITH EN RUTA DE COLISIÓN COA VÍA LÁCTEA
Lugar de impacto da nube de gas na Vía Láctea / NRAO

 

A súa forma lembra vagamente á dun cometa, só que de proporcións xigantescas. En realidade, trátase dunha inmensa nube de hidróxeno que se precipita cara a nós a máis de 240 km por segundo e que chocará sen remedio contra a nosa galaxia, a Vía Láctea, dentro duns 40 millóns de anos. Cando o obxecto chegue a impactar, a súa enorme enerxía creará de golpe deceas de miles de estrelas supermasivas, sendo moitas as que estouparán como supernovas. Se aínda quedan humanos na Terra daquela, os nosos desecendentes asistirán a un dos "fogos estelares" máis incríbles que ninguén vira xamais.

O monstruo, chamado " a nube de Smith " na honra do astrónomo alemán que o descubríu en 1963, ten unhas medidas realmente colosais: 11.000 anos luz de longo por 2.500 de ancho. É dicir, unhas dez veces menor que o seu obxectivo, a Vía Láctea, cuxo diámetro é duns 100.000 anos luz. Actualmente, o obxecto atópase "só" a 8.000 anos luz do plano da nosa galaxia, á que se achega a grande velocidade e contra a que chocará nun ángulo duns 45 graos.

O National Radio Astronomy Observatory (NRAO), que estuda este obxecto, empregou o telescopio de Green Bank. Sobre a súa orixe o más probable é que se trate dunha nube de gas que sobrou trala formación da Vía Láctea, aínda que tamén podería ser gas roubado a unha galaxia veciña

Se puidesemos vela nube de Smith cos nosos propios ollos, sería algo realmente impresionante, unha mancha sen estrelas que tería no ceo unhas trinta veces o diámetro da lúa chea.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia.

OS DOUS PLANETAS MÁIS PARECIDOS Á TERRA

Comparación dos dous novos planetas descubertos coa Terra e Venus /AP / Harvard-Smithsonian Center for Astrophysics

 

A NASA anunciou hai uns días o descubrimento de dous novos planetas de tamaño case idéntico ao da Terra. Ámbolos dous atópanse en órbita ao redor dunha lexana estrela, Kepler 20, a uns 950 anos luz de distancia, sendo bautizados como Kepler 20e e Kepler 20f. Nun artigo que publicou a revista Nature explícase que se trata dos dous planetas máis pequenos nunca detectados ata agora na órbita dunha estrela similar ao Sol.

Un dos novos mundos, Kepler 20f, é apenas un 3% maior que a Terra, mentras que o outro é algo máis pequeno (o seu radio equivale a 0,87 veces o do noso planeta). Os dous parecen ser rochosos, pero as súas elevadas temperaturas superficiais, (815 e 426 graos respectivamente) impiden que sexan candidatos a albergar algunha forma de vida, polo menos tal e como nós a coñecemos.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia

 

AS GRAIL A PUNTO DE CHEGAR Á LÚA

AS GRAIL A PUNTO DE CHEGAR Á LÚA

Ilustración das sondas xemelgas da misión Grail na órbita da Lúa / NASA / JPL

As dúas naves xemelgas Grail, que foron lanzadas ao espazo o pasado 10 de setembro, están a punto de chegar ao seu destino: a Lúa. A Grail A chegará  o próximo sábado 31 e a Grail B farao o domingo día 1. A distancia da Terra á Lúa é duns 400.000 quiilómetros e as naves do programa Apolo tardaban menos de catro días en chegar. As Grail, sen embargo, recorreron uns catro millóns de quilómetros en case catro meses. A razón é que viaxaron dando un gran rodeo, pasando polo punto de equilibro gravitatorio Sol-Terra denominado Lagrange 1. Os expertos da NASA elexiron esta estratexia para poder lanzar as naves ao espazo nun foguete máis pequeno –e máis barato- que indo directamente (partiron xuntas nun Delta II) e para ter máis tempo de verificación e posta a punto dos equipos de a bordo.

Despois de recorrer esa distancia por separado seguindo unhas longuísimas traxectorias case paralelas, agora poñeranse en órbita lunar separadas unha doutra por unha distancia duns 200 metros de media para, voando en formación, levantar un mapa gravitatorio do satélite natural da Terra, o que permitirá coñecer mellor a súa estructura interna.

As naves, duns 300 quilos cada unha e cun tamaño pouco maior que unha lavadora doméstica, levan uns equipos para medir a distancia entre elas con gran precisión (un erro máximo equivalente ao diámetro dun glóbulo vermello) e  sobrevoarán o satélite natural a 55 quilómetros de altura e pasando case polos polos. Os datos adquiridos (cen veces máis precisos que os que se coñecen agora para a cara visible do satélite e mil veces para a cara oculta) permitirán aos científicos confeccionar un mapa gravitatorio lunar de alta resolución, o que proporcionará información de gran interés sobre a estructura interna da Lúa e a  súa evolución.

A misión debe funcionar en órbita lunar durante 82 días. Está previsto que comence a fase de toma de datos científicos o próximo marzo, unha vez rematadas tódalas maniobras para colocar os dous artefactos na órbita de traballo e calibrado dos instrumentos.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia.

 

O COMETA LOVEJOY SOBREVIVÍU

 

Contra todo pronóstico o cometa Lovejoy sobrevivíu ao seu paso polo Sol. Os científicos crían que se desintegraría cando se situara a unha distancia de 140.000 quilómetros do astro rei.

Agora, o microsatélite Proba-2 da Axencia Espacial Europea (ESA) obtivo imaxes do paso do cometa Lovejoy pola coroa solar, o pasado día 16. Neste caso, a nave utilizou filtros ultravioletas que permiten observar como o extremo do cometa pasa a 120.000 quilómetros do Sol sen desintegrarse.

Concretamente, a imaxe captada, repetida 3 veces cada toma,  amosa ao cometa como unha raia brillante na coroa solar e como as interaccións entre a cola do cometa provocan un breve resplandor. Ademais, pode apreciarse como se move a cola (como consecuencia do vento solar) e como se despraza ao seu paso xunto ao astro. Así, Proba-2 recolle como o cometa pasa por detrás do Sol e volve a aparecer ao outro lado da esfera.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia.

LOVEJOY: O COMETA "KAMIKAZE"

LOVEJOY: O COMETA "KAMIKAZE"

O observatorio espacial solar SOHO capturou o cometa Lovejoy (C/2011 W3) no seu campo de visión por primeria vez, o que indica que este corpo xeado atópase no seu último paso destructivo cara ao Sol, esperando que a colisión acontecese na noite do pasado día 15.

No seu máximo achegamento, pasará a só 140.000 quilómetros sobre a superficie solar. A esa distancia, non se espera que o cometa xeado sobreviva a grande calor do Sol. De feito, os cometas son aglomerados de xeo e rochas tan tenues que poderían desintegrarse en calquera momento.

O cometa Lovejoy forma parte do "grupo de Kreutz", e pénsase que é un fragmento dun cometa anterior que se rompeu hai sécuos.

Outros fragmentos de ese gran cometa convertíronse nalgúns dos máis brilantes da historia: o cometa Ikeya-Seki foi tan brilante no ano1965 que era visible incluso no ceo diúrno.

A nave espacial SOHO, unha misión combinada da ESA e a NASA, é un descubridor de cometas excepcional, xa que localizou un total de 2110 dende o seu lanzamento en 1995. De calquera xeito, o cometa C/2011 W3 foi descuberto dende a superficie terrestre polo astrónomo australiano Terry Lovejoy, polo que leva o seu nome.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia.

O ELO PERDIDO

 

Investigadores da Universidade de Chicago atoparon un peixe africano, o "Protopterus annectens" ou "Lungfish", que podería ser un elo clave na evolución, xa que se despraza grazas a unhas aletas pélvicas que facían as veces de patas e é pulmonado.

Este descubrimento, publicado en PNAS, leva a pensar que o P. Annectens é unha especie anterior ou que se desenvolveu xunto aos tetrápodos, que evolucionaron a partir dos peixes sarcopterygian no Devónico e foron os primeiros vertebrados en colonizar a terra.

Dende sempre ol "lungfish" foi popular entre os paleontólogos pola súa peculiar historia evolutiva, ao estar vinculado con animais que podían desenvolverse e saír da auga. Así a todo, e pese a que había rumores entre os científicos de que era un peixe que camiñaba, ninguén o comprobara nunha investigación exhaustiva.

FONTE: Xornal Faro de Vigo.

UN OLLO DE MÁIS DE 500 MILLÓNS DE ANOS

UN OLLO DE MÁIS DE 500 MILLÓNS DE ANOS

Fósil do ollo do Anomalocaris / Revista Nature

Un equipo de investigadores, entre os que se atopa o español Diego García-Bellido, atopou nun xacemento en Australia os fósiles dos tecidos do sistema de visión máis agudo coñecido.

Trátase dos ollos dun "Anomalocaris", que foi localizado en marzo pasado en Emuy Bay Shale, nunha illa ao sur do país. O primitivo crustáceo, segundo publican na revista Nature, tiña máis de 32.000 lentes por ollo, superando incluso aos artrópodos actuais. O ser humano só ten unha.

Recreación del cazador ’Anomalocaris’, de hace 500 millones de años. | ’Nature’

     Recreación do cazador "Anomalocaris", de hai 50 millóns de anos / Nature

No traballo, os investigadores explican que cada lente proporcionaba unha visión equivalente a un píxel, pero non era o ollo perfecto porque non podía ver en condicións de pouca luminosidade, así que tiña que cazar á luz do Sol.

O exemplar ao que pertenceu o ollo debía medir un metro e medio, o que o situaba no cumio dos depredadores facendo del un gran cazador.

Hai que recordar que foi neste período cando se producíu a gran explosión de biodiversidade na Terra, aparecendo a inmensa maioría dos grupos de organismos que hoxe existen. De feito, foi o momento no que se desenvolveu o esqueleto mineralizado, que supuxo a búsqueda de novas formas de ataque ás presas con caparazón.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia


KEPLER-22B

KEPLER-22B

Recreación artística do planeta "Kepler 22b" / NASA

A misión Kepler da NASA confirmou o seu primeiro achádego dun exoplaneta na denominada zona de habitabilidade, a rexión nun sistema planetario onde pode existir auga líquida na superficie do planeta.

O novo planeta confirmado, Kepler-22b , está fóra do noso Sistema Solar e atópase a unha distancia de 600 anos-luz da Terra. Orbita ao redor dunha estrela parecida ao noso Sol. É o máis pequeno atopado orbitando na zona habitable dunha estrela similar á nosa.

Ten 2,4 veces o radio da Terra e os científicos aínda non saben se se trata dun obxecto rochoso, gasoso ou de composición líquida, aínda que a NASA considera que o seu achádego é un paso importante na búsqueda de planetas similares á Terra.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia.