Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

VIDA EN CONDICIÓNS EXTREMAS

 

Nun sorprendente descubrimento, os científicos da axencia espacial estadounidense (NASA) atoparon unha pequeña criatura parecida a un camarón baixo a grosa capa de xeo da Antártida, a 200 metros de profundidade. A criatura encontrada chámase Lyssianasid Amphipod, ten uns 8 centímetros de tamaño. Tamén atoparon o que parecía ser o tentáculo dunha medusa, duns 30 centímetros.

Esto demostra que en condicións extremas pode haber vida!

CURIOSITY

 

O Curiosity, o maior vehículo de superficie creado para explorar Marte, está a punto de partir nun foguete Atlas V. Despegará, se non hai retarsos de última hora, hoxe sábado, dende a base espacial de Cabo Cañaveral (Florida). Recorrerá 570 millóns de quilómetros ata chegar a Marte, en agosto do próximo ano ano. A misión, denominada Mars Science Laboratory (MSL), custa 2.500 millóns de dólares (1.850 millóns de euros).

Con case 900 quilos, tres metros de longo e 2,2 de alto, o Curiosity é o rover, deseñado para desprazarse polo solo do planeta vermello, pero básase na experiencia adquirida cos seus tres predecesores (o Sojourner, o Spirit e o Opportunity), que a NASA puxo en Marte dende 1997. O seu destino específico é o cráter Gale, próximo ao ecuador do planeta, que é interesante para os científicos porque a presenza de arxilas alí e as características xeolóxicas indican que puderon formarse en presenza de agua, e a NASA está seguindo a estrategia precisamente de seguir a pista da agua na exploración de Marte emprendida a mediados dos anos noventa. Como dato curioso o novo vehículo leva unha estación meteorolóxica construída en España.

O obxectivo final do actual programa de exploración da NASA en Marte será determinar se houbo algunha forma de vida alí nalgún momento, incluso se pode habela agora.

Neste vídeo da NASA simúlase a súa misión. Non vai a ser fácil, pero boa sorte!

FONTE: NASA / Xornal El País.

ATOPADO UN NIÑO CON 15 CRÍAS FÓSILES DE DINOSAURIO

ATOPADO UN NIÑO CON 15 CRÍAS FÓSILES DE DINOSAURIO

Os 15 esqueletos estaban nun niño de 2,3 metros de diámetro / Kh. Tsogtbaatar

Non é frecuente atopar restos fósiles de crías de dinosaurios e moito menos encontrar no mesmo niño varios exemplares. Por iso, a importancia de desenterrar 15 pequenos dinosaurios xuntos.

Os esqueletos pertencen á especie "Protoceratops andrewsi" e foron atopados no deserto de Mongolia, nunha zona denominada Tugrikin Shire. Todos os dinosaurios encontrábanse no mesmo niño, que ten un diámetro aproximado de 2,3 metros.

Estes pequenos dinosaurios viviron hai aproximadamente 70 millóns de anos, durante o Cretácico tardío, nunha zona de dunas. Os paleontólogos que firman este estudo, publicado no ’Journal of Paleontology’, pensan que sorprendeunos unha gran tormenta de area no deserto, durante a que quedaron sepultados.

Dez dos 15 exemplares consérvanse completos e todos eles presentan características propias de especímenes novos. O tamaño das crías suxire que todos son da mesma nai.

FONTE:  Xornal El Mundo/Ciencia.

MARES SUBTERRÁNEOS DA LÚA EUROPA

MARES SUBTERRÁNEOS DA LÚA EUROPA

A lúa Europa, fotografada pola sonda Galileo en 1997 / NASA

Os científicos sospeitan dende hai anos que Europa, unha das 65 lúas de Xúpiter, alberga grandes océanos interiores. Un novo estudo publicado na revista "Nature" respalda esta teoría e suxire que é posible que Europa sexa un satélite habitable.

Eso sí, cando os científicos falan da posibilidade de vida noutros corpos do Sistema Solar non se refiren a seres intelixentes como os que imaxinou Arthur C. Clarke en "2010: Odisea 2". De feito, no caso de que exista ou existira algún tipo de vida en Europa, o máis probable é que se tratara de microorganismos similares aos que se descubriron en ambientes extremos da Terra.

 

Recreación del oceáno de Europa. | B.S.

               Recreación do océano de Europa / B.S.

A NASA ofreceu nunha roda de prensa máis detalles sobre este descubrimento, realizado por científicos da Universidad de Texas (EEUU).

Para levar a cabo a investigación empregáronse imaxes captadas nave espacial Galileo, que foi lanzada en 1989 a bordo do transbordador Atlantis coa misión de explorar Xúpiter e o seu sistema planetario. A sonda da NASA proporcionou tanta información sobre o xigante gasoso e as súas lúas que os científicos están tardando décadas en analizarla.

FONTE: El Mundo/Ciencia

CHEGA O ASTEROIDE 2005 YU55

CHEGA O ASTEROIDE 2005 YU55
Imaxe do asteroide 2005 YU55, tomada dende o observatorio de Arecibo en abril / NASA/Cornell/Arecibo

 

Chámase 2005 YU55  e non é a primeira vez que temos noticias del. Este asteroide de 400 metros de diámetro, o tamaño dun portaavións, calificado no seu día como potencialmente perigoso para a Terra, achegarase na próxima semana, o 8 de novembro, a 324.600 kilómetros do noso planeta, unha distancia inferior á que se atopa a Lúa. En termos astronómicos, significa unha arriscada caricia na cara. Observatorios de todo o mundo non perderán detalle da visita. En concreto, científicos da NASA anunciaron que seguirán a traxectoria da rocha espacial dende os radiotelescopios de Goldstone, California, e Arecibo,en Puerto Rico. A citada axencia espacial afirma que o asteroide non exercerá ningunha influencia sobre as placas tectónicas ou a gravidade da Terra. Non se notará efecto algún.

FONTE: ABC/Ciencia

MIGRACIÓNS DOS DINOSAURIOS

MIGRACIÓNS DOS DINOSAURIOS

Dentes de dinosaurios do Dinosaur National Monument (Utah) analizados para descubrir que e onde comían e bebían estes animais, cunha chave como indicador de tamaños / HENRY FRICKE

Os dinosaurios saurópodos, os vertebrados máis grandes que existiron na Terra, emprendían migracións estacionais en busca de auga e alimento, segundo unha análise comparativa de dentes fósiles deses animais e de mostras do solo. A investigación, por agora, redúcese a especies concretas (Camarasaurus) cuxos restos proceden de xacementos do oeste de Norteamérica, e os científicos necesitan máis datos antes de poder determinar se as migracións eran unha característica xeral destes saurópodos ou se era unha resposta a situacións concretas de escasez aguda de uga e alimentos en determinadas zonas.

É complicado averiguar se uns animais que viviron hai millóns de anos tiñan ou non costumes migratorias. Pero os científicos logran facer fronte a este tipo de retos con enfoques experimentais creativos. Investigadores da Universidade de Chicago analizaron a composición do esmalte dos dentes (32 fósiles) de Camarasaurus e mostras do solo remoto e compararon a proporción de isótopos estables, segundo explican na revista Nature. Os datos isotópicos supoñen un rexistro do que os animais comían e bebían, así como do territorio que ocupaban. Con este método os científicos logran identificar os desprazamentos dos dinosaurios pola súa contorna. A conclusión é que estes saurópodos desprazábanse ata 300 quilómetros dende terreos baixos cara aos terreos máis altos, e seguramente estas migraciones eran estacionais.

No Xurásico Superior, os Camarasaurus dos xacimentos de Norteamérica occidental estarían en zonas fluviais con clima seco estacional. Coas análises de isótopos de dentes e solo estes científicos afirman demostrar que ao menos certas poblacións daqueles animais emprendían migracións estacionais a distancias de varios centos de quilómetros dende os territorios baixos cara a maiores altitudes. Os patróns de desprazamento dos saurópodos, conclúen os investigadores, "axudarán a determinar o papel que xogarían estas migracións na ecoloxía e a evolución do xigantismo destes e outros dinosaurios similares".

FONTE: Xornal El Pais.

PROXECTO GALILEO

PROXECTO GALILEO

Satélite Galileo do sistema de navegación GNSS / Inaxe:publico.es

Galileo é un sistema global de navegación por satélite (GNSS) levado a cabo pola Unión Europea (UE), co obxetivo de evitar a dependencia dos sistemas GPS, fundamentalmente, e do GLONASS.

O primeiro paso deste novo sistema foi dado o pasado venres cando un foguete Soyuz despegou cos dous primeiros satélites Galileo ás 12:31 horas (hora española) dende o Centro Espacial Europeo de Kuru, a base espacial da Axencia Espacial Europea (ESA), na Güaina Francesa.

Esta misión da Axencia Espacial Europea (ESA) foi dobremente histórica para o proxecto espacial europeo, xa que por primeira vez un foguetete ruso Soyuz despegou dende a base europea de Kurú.

O proxecto Galileo, que sufríu anos de retrasos e múltiples problemas de financiación, aspira a ofrecer servizos de posicionamiento ao menos tan precisos, e nalgúns aspectos incluso superiores, ao GPS estadounidense. Haberá que esperar, non obstante, ata 2020 para que o sistema se atope totalmente operativo.

Se queres coñecen mellor este novo sietema de posicionamento global e comparalo co GPS pincha AQUÍ, onde poderás moverte nesta páxina interactiva do xornal El Mundo.

AUGA NOS DISCOS PROTOPLANETARIOS

AUGA NOS DISCOS PROTOPLANETARIOS

Recreación dun disco "protoplanetario" / Imaxe: elmundo.es

A auga está presente nos discos protoplanetarios, que son acumulacións de material en torno a estrelas novas que dan lugar aos planetas, en forma de xeo, e non só como vapor de agua, que é o que se pensaba ata agora. Eso significa que a cantidade de auga que hai no Universo é moito maior do que se cría, segundo publica un equipo de astrónomos a semana pasada en "Science".

Foi grazas ao telescopio espacial Herschel, da Axencia Espacial Europea (ESA) o que posibilitou  identificar o que sería un gran depósito de vapor de auga xeado nas rexións externas dun deses discos de material, na contorna dunha estrela bautizada como TW Hydrae, que está a unha distancia entre 10 e 175 anos luz da Terra.

Segundo o equipo de investigadores, nestes discos habería suficientes cristais de auga xeada como para encher varias miles de veces a masa de todolos océanos terrestres.

Os discos de material onde foi atopada a auga conxelada representan as mesmas rexións nas que se cre que se formaron os cometas e os planetas xigantes. Precisamente, a maioría dos científicos defende a teoría de que foron cometas con xeo e asteroides os que fixeron posible que haia tanta auga na Terra, e polo tanto a vida como a coñecemos.

Estes novos resultados achega información á comprensión da formación do planeta e á entrega do impacto da auga no Universo.

FONTE: Rosa M. Tristán. Xornal El Mundo/Ciencia.