AUGA XEADA EN MERCURIO
Imaxe da sonda Messenger de cráteres de Mercurio onde podería existir auga xeada / Imaxe: NASA
A sonda Messenger da NASA descubríu indicios da existencia de auga xeada nos polos de Mercurio. O achádego é sorprendente, xa que as temperaturas na superficie do planeta máis cercano ao Sol poden superar os 400 graos. Porén, algúns cráteres nos polos de Mercurio atópanse na sombra de xeito permanente, e este factor convérteos no que os científicos denominan "trampas de frío". Anteriores investigacións detectaran algunhas zonas preto dos polos que provocaban reflexos ao analizarse cun radar, unha característica típica do xeo. Agora, a cartografía realizada pola sonda Messenger comprobou que esas zonas que causan reflexos de radar están precisamente nas mesmas rexións escuras que se atopan permanentemente na sombra. Messenger é só a segunda sonda, despois da Mariner 10 nos anos 70, que visitaron o planeta máis próximo á nosa estrela. Ata a chegada desta misión, existían amplas zonas de Mercurio que nunca foran analizadas. As zonas que provocaran reflexos de radar xa foran detectadas por telescopios da Terra nos anos 90, pero ata agora os científicos non puderan precisar o lugar exacto onde se atopaban. De calquera xeito, grazas ás novas imaxes enviadas pola Messenger, comprobaron que coinciden coas rexións polares de sombra permanente. Este estudo foi publicado na revista "Science".
FONTE: Xonrnal El Mundo/Ciencia
0 comentarios