PRIMEIRA IMAXE DUN BURACO NEGRO
A primeira imaxe dun buraco negro foi publicada hoxe, mércores, por un equipo internacional de máis de 200 científicos. O corpo en cuestión está no centro da galaxia Messier 87 (M87), a unha distancia de 55 millóns de anos luz. Ata agora, a existencia destes obxectos extremadamente densos coñecíase só por métodos indirectos, pero nunca se observou un.
O vídeo superior relata o proceso de obtencion e a imaxe que tanto custou conseguir.
0 comentarios