SOBRE AS MAREAS VII
Continuo coas curiosidades sobre as mareas, a partir das explicacións do xornalista e divulgador científico Marcus Chown, no seu libro "Gravidade. Unha historia da forza que o explica todo" (Blackie Books, 2019).
Macareo no río Quiantang (China) o 3-9-2016 / Imaxe: espanol.cctv.com
6. Coidate dos macareos na primavera
No mundo existen uns sesenta macareos (rápida e ruidosa ondada das augas nun curso fluvial que desemboca no mar, debido á irrupción das augas mariñas durante as mareas na súa fase de pleamar). O máis impresionante deles é o do río Quiantang (China), onde na primavera unha monstruosa onda avanza río arriba a unha velocidade abraiante. O seu poder de devastación é tal que os pescadores sacan as súas barcas da auga para evitar velas destruídas. Porque os macareos, en realidade, son "manifestacións extremas das mareas oceánicas, que acadan as súas maiores dimensións na primavera e outono", explica o autor. Este fenómeno, que se produce nos esteiros, é igual ca un tsunami: empeza cunha onda imperceptible para acabar alcanzando unha decena de metros ao gañar en tamaño e velocidade canto máis constrinxida vese pola canle.
FONTE: Patricia Biosca/abc.es/ciencia
0 comentarios