Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

NOVA ESPECIE PRAGA DE AVÉSPORA EN GALICIA

NOVA ESPECIE PRAGA DE AVÉSPORA EN GALICIA

Exemplar femiaa de Urocerus albicornis / S. GALEGA HISTORIA NATURAL

Unha nova avéspora orixinaria de Norteamérica, unha especie praga que ataca a madeira de coníferas, como piñeiros e abetos, acaba de ser detectada no monte O Camadrón, na Mariña lucense.

Trátase da Urocerus albicornis, que vive en simbiose cun fungo que facilita a putrefacción da madeira.

Nun artígo científico publicado o pasado mes de abril na revista EPPO Bulletin, un grupo científico do instituto vasco de investigación agraria, Neiker, asegura que coñecen a súa presenza en Euskadi dende hai uns cinco anos e pensan que puido chegar “en envíos de madeira infestada con larvas deste insecto procedentes doutros países”.

Dado o seu recente descubrimento, este novo insecto aínda  non foi incluído na lista española de especies invasoras, mais si o está noutros inventarios europeos como o DAISIE. Segundo Serafín González Prieto, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) e investigador do CSIC, “as especies invasoras son un dos problemas medioambientais máis importantes deste século” e engade que o factor máis negativo é que ao non entender de fronteiras é “un problema que se expande”.

A SGHN xa pedíu á Xunta fecer un seguimento na zona para detectar máis exemplares e, se fose necesario, tomar as medidas adecuadas para evitar o seu asentamento en Galicia.

Esta é a súa clasificación taxonómica:

Urocerus albicornis[Especie]
Urocerus [Xénero]
Siricidae [Familia]
Hymenoptera [Orde]
Insecta [Clase]
Uniramia [Filo]
Animalia [Reino]

FONTE: Xornal El País/Ciencia e Cybernome

"P5" OU "S/2012 (124340) 1": A QUINTA LÚA DE PLUTÓN

"P5" OU "S/2012 (124340) 1": A QUINTA LÚA DE PLUTÓN

Imaxes obtidas do telescopio Hubble onde se ve Plutón e as súas cinco lúas / NASA

O mítico telescopio espacial Hubble fixo posible outro grande descubrimento astronómico: unha nova lúa que orbita Plutón, P5, a quinta detectada na contorna deste ex planeta, que en 2006 foi rebaixado á categoría de "planeta anano".

Segundo informa a NASA, a nova lúa ten unha forma irregular e unha extensión de entre 10 e 25 quilómetros dende un extremo a outro. Nas imaxes enviadas polo Hubble, a lúa vese como unha pequena mota branca, e os astrónomos calculan que realiza unha órbita ao rededor de Plutón cun diámetro de 95.000 quilómetros, no mesmo plano que os outros satélites do planeta anano.

Caronte (Charon, en inglés) é a lúa máis grande de Plutón, descuberta en 1978. As observacións del Hubble desvelaron en 2006 a existencia doutras dúas pequenas lúas, Nix e Hydra, e outro satélite, coñecido como P4, tamén foi detectado polo telescopio espacial en 2011. A quinta, agora descuberta, denominada de momento como P5 ou S/2012 (124340) 1, foi detectada por una das cámaras do Hubble en múltiples imaxes obtidas nas últimas semanas, entre o 26 de xuño e o 9 de xullo.

Aos investigadores da axencia espacial non entenden como un astro tan pequeno como Plutón teña un sistema tan complexo de satélites. O descubrimento de P5 proporciona novas claves para comprender como se formou e evolucionou o planeta anano e as súas lúas. A teoría con máis peso entre os expertos é que as lúas de Plutón son os restos dunha colisión entre o planeta e outro obxecto do   Cinto de Kuiper, nos confíns do Sistema Solar, hai miles de millóns de anos.

 

 

PANORÁMICAS DE MARTE

PANORÁMICAS DE MARTE

O rover Opportunity amosa unha foto parorámica do terreo vermello de Marte tomada durante o seu recoñecemento durante o inverno marciano / NASA

Expertos da Administración Nacional para a Aeronáutica e o Espazo de Estados Unidos (NASA) revelaron a principios desta semana unha vista panorámica de 360 graos de Marte que combina 817 imaxes tomadas polo rover Opportunity  recollidas en 120 días. N imaxd pódese observar dende as pegadas do vehículo ata os restos dun cráter formado na súa superficie hai miles de millóns de anos.

Esta presentación coincide con dous fitos para a NASA: os 3.000 días da misión e o cumprimento de 15 anos de presenza robótica da NASA en Marte, dende que aterrizara a nave ’PathFinder’ en 1997.

Para ver o resto das imaxes, so tes que premer AQUÍ.


O BOSÓN DE HIGGS PARA PROFANOS

 

Foi a noticia científica da semana, do ano e, posiblemente, do século: O descubrimento do bosón de Higgs. Pero realmente que é?

A masa é un dos conceptos fundamentais e á vez estraños da física. Se interaccionamos co mundo que nos rodea asociamos o concepto de masa ao de inercia ( é máis fácil desprazar unha cadeira que un armario, polo tanto ten menos masa a cadeira).

Os obxectos macroscópicos (os que podemos ver a simple vista) están feitos de materiais compostos de moléculas. Estas non son senón conxuntos de átomos, estructuras formadas por ínfimas partículas elementais que interaccionan entre sí grazas á súa carga eléctrica.

A masa de todo o que nos rodea é a suma das masas de todas esas partículas diminutas, invisibles, das que están feitos, das que estamos feitos.

En física non é fácil explicar cal é a orixe da masa das partículas. É razoable pensar que existe un mecanismo que fai que unhas partículas experimenten unha inercia diferente de outras, polo que as súas masas serán de diferente magnitude.

Unha hipótese razoable para este mecanismo es supoñer que existe un "campo" que permea todo o espazo (o universo) co que interaccionan case todas as partículas elementais. Aquelas partículas que experimenten unha interacción intensa con este campo serán partículas moi masivas, mentras as que o fagan levemente serán lixeiras.

Pero, e as que non interaccionan ? Esas, como o fotón (a partícula da luz), carecen de masa podendo moverse libremente á velocidade da luz. Estamos falando do campo de Higgs. Se visualizamos este campo como unha xelatina que, de forma apenas perceptible, ocupa todo o espazo podemos interpretar a inercia como a interacción das partículas elementais con esta "substancia" (sen olvidar que esto non é senón unha imaxe mental, un exercicio intelectual). Este campo que, como se dixo, permea todo o espazo, é prácticamente indetectable. Sen embargo, o modelo de Higgs predí que se o axitamos con suficiente forza podemos producir perturbacións no mesmo que serían detectables. Esas perturbacións son a partícula de Higgs (máis técnicamente, o bosón de Higgs).

Para aqueles que aínda non o teñan claro, o vídeo pode axudar.

FONTE: Pablo García Abia / Xornal: El País

OS DINOSAURIOS ERAN ANIMAIS DE SANGUE QUENTE

OS DINOSAURIOS ERAN ANIMAIS DE SANGUE QUENTE

Dinosaurio / Imaxe:Oscar Sanisidro / ICP

Dende hai máis de 40 anos, a temperatura corporal dos dinosaurios foi un tema de intenso debate entre os paleontólogos. O feito de que eses animais lograran acadar en pouco tempo de vida deceas de metros de lonxitude e toneladas de peso facía pensar que, se cadra, tiñan o sangue quente, xa que é preciso un metabolismo alto para un crecemento tan brutal. Porén, había un detalle nos ósos dos dinosaurios, uns aneis parecidos aos que existen nos troncos das árboles, que obligaba a medrar que eran tan fríos como os lagartos, pois esas marcas considerábanse propias só dese tipo de criaturas. Un novo estudo publicado na revista Nature e llevado a cabo por investigadores do Instituto Catalán de Paleontoloxía (ICP) tira por terra este argumento clave. Segundo este novo traballo, os dinosaurios eran réptiles de sangue quente.

As liñas de paro do crecemento (LAGs) atópanse nos ósos e, do mesmo xeito que os círculos dos troncos das árbores, indican como se desenvolve o organismo e cando deixa de medrar por falta de recursos para alimentarse. Ata agora, pensábase que estas líneas eran propias dos animais ectotermos, aqueles que non xeraban calor interno (como os réptiles ou os anfibios, cuxa temperatura corporal depende exclusivamente do ambiente no que se atopan), e que non existían nos endotermos, os de sangue quente. Suponíase que estas líñas de crecemento aparecían periódicamente coincidindo coa estación fría, cando o metabolismo dos animais incapaces de manter a calor corporal moderábase e detíñase o crecemento.

Pero os científicos do ICP descubriron estas marcas tamén nos mamíferos, algo que nunca antes fora observado. Para conseguilo, analizaron os ósos de máis dun cento de rumiantes actuais de cuarenta especies, como cervos, antílopes, vacas ou bisontes. En todos, tanto se viven no polo norte como nas selvas tropicais, en ecosistemas fríos ou cálidos como en húmidos ou secos, aparecían estas liñas. É decir, os mamíferos tamén deixan de medrar en tempos desfavorables cando o marca o seu reloxo interno.

Sen pretendelo, os investigadores chegaron á conclusión de que estas marcas nos ósos dos rumiantes desmentían o argumento principal sobre o sangue frío dos dinosaurios.

FONTE. Xornal ABC/Ciencia

AUGA NA LÚA?

AUGA NA LÚA?

Imaxe do relevo sombreado do cráter Shackleton / NASA/GSFC/SVS

Os científicos sospeitaban dende hai tempo que podía estar alí, pero nunca foran capaces de demostralo. Agora, investigadores do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), a Universidad de Brown, o centro espacial Goddard da NASA  outras institucións cartografaron un cráter no polo sur da Lúa, o Shackleton, cun detalle sen precedentes e, en efecto, atoparon evidencias do que parecen ser xeo no seu fondo. Eso sí, en pequenas cantitades. O descubrimento, que aparece publicado en Nature, pode ser clave se algunha vez o ser humano decide  habitar a Lúa.

Os investigadores utilizaron un altímetro láser do Orbitador de Reconocimiento Lunar (LRO) da NASA para coñecer o albedo ou reflectividade natural do cráter Shackleton. Descubriron que o chan do cráter é máis brillante que o de outros buracos cercanos, unha observación coherente coa teoría da presenza de xeo. Esta auga xeada, segundo as súas conclusións, pode formar ata un 22% do material dentro dunha capa dunha micra de espesor no chan do cráter.

O cráter, nomeado na honra do explorador antártico Ernest Shackleton, ten máis de 19 km de ancho e máis de tres de profundidade, aproximadamente a dos océanos terrestres.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia

NOVA ESPECIE DE CANGREXO NAS PROFUNDIDADES DA COSTA GALEGA

NOVA ESPECIE DE CANGREXO NAS PROFUNDIDADES DA COSTA GALEGA
Ilustración do Uroptychus cartesi, atopado a máis de 1.400 metros de profundidade / SINC

Durante unha das expedicións da campaña de investigación INDEMARES que estuda o Banco de Galicia, un equipo de científicos capturou en agosto de 2011 unha nova especie de cangrexo de non máis de sete centímetros -incluíndo as patas- nas profundidades mariñas menos estudadas, a 1.410 metros.

Segundo o estudo, publicado recentemente pola revista "Zootaxa", o "Uroptychus cartesi" (chamado así na honra do investigador Joan Cartes do Instituto de Ciencias do Mar de Barcelona) pertence a unha familia pouco diversa no océano Atlántico (Chirostylidae), das que só catro especies habitan a zona europea -tres delas  describíronse a finais do século XIX e a cuarta en 1976- e 14 na zona americana, a diferencia do Indo-Pacífico onde hai máis de 100.

A pesar da súa localización fronte ás costas galegas, este crustáceo é único na parte máis oriental do Atlántico debido á maioría dos seus rasgos morfolóxicos: diferénciase das especies europeas sobre todo pola forma e o número de espiñas do seu caparazón. Porén, aseméllase máis a unha especie do Mar Caribe: Uroptychus armatus.

O "Uroptychus cartesi" é un pequeno cangrexo, de cor alaranxado, vive asociado a gorgonias e corais profundos e aparece abundantemente e montañas e canóns submarinos onde houbo pouca explotación pesqueira.

Os seis exemplares capturados foron depositados no Instituto de Ciencias do Mar en Barcelona e no Museo Nacional de Historia Natural de París (Francia).

FONTE:Xornal El Mundo/Ciencia

 

UNHA NOVA LÚA EN XÚPITER

UNHA NOVA LÚA EN XÚPITER

A lúa Io pasa por diante de Xúpiter /NASA

Un pequeno mundo de tan só 2 quilómetros de diámetro pode ser a lúa máis pequena coñecida de Xúpiter. Esta diminuta rocha, digna de ser o fogar do Principiño, foi descuberta recentemente xunto a outra compañeira na órbita do planeta xigante. O descubrimento publicase na revista Astronomical Journal.

En septembro de 2010, dúas lúas distantes e ata entón descoñecidas de Xúpiter foron detectadas por un equipo internacional de científicos durante o seguimento rutinario das outras lúas xa coñecidas. Estes obxectos foron observados de novo en varias ocasións, a fin de determinar que en realidade eran satélites de Xúpiter e non asteroides próximos. En xuño de 2011, por fin, otorgáronselle as denominacións de S/2010 J 1 e S/2010 J 2.

A determinación da órbita destes satélites foi afinada o suficiente como para que a súa posición se pódase predecir de forma fiable durante varios anos no futuro.

Os investigadores puderon estimar o tamaño das lúas basándose no seu brillo. Calculan que S/2010 J1 ten uns 3 quilómetros de diámetro, mentres que S/2010 J2 só 2. S/2010 J 2 é o máis débil (e polo tanto máis pequeno probablemente) satélite xoviano descuberto ata a data. J1 xira a uns 20 millóns de km de Xúpiter, mentres que J2 faino a uns 23 millóns.

Con estas novas incorporacións, Xúpiter xa ten 67 satélites coñecidos.

FONTE:  Xornal ABC/Ciencia