NOVA ESPECIE PRAGA DE AVÉSPORA EN GALICIA
Exemplar femiaa de Urocerus albicornis / S. GALEGA HISTORIA NATURAL
Unha nova avéspora orixinaria de Norteamérica, unha especie praga que ataca a madeira de coníferas, como piñeiros e abetos, acaba de ser detectada no monte O Camadrón, na Mariña lucense.
Trátase da Urocerus albicornis, que vive en simbiose cun fungo que facilita a putrefacción da madeira.
Nun artígo científico publicado o pasado mes de abril na revista EPPO Bulletin, un grupo científico do instituto vasco de investigación agraria, Neiker, asegura que coñecen a súa presenza en Euskadi dende hai uns cinco anos e pensan que puido chegar “en envíos de madeira infestada con larvas deste insecto procedentes doutros países”.
Dado o seu recente descubrimento, este novo insecto aínda non foi incluído na lista española de especies invasoras, mais si o está noutros inventarios europeos como o DAISIE. Segundo Serafín González Prieto, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) e investigador do CSIC, “as especies invasoras son un dos problemas medioambientais máis importantes deste século” e engade que o factor máis negativo é que ao non entender de fronteiras é “un problema que se expande”.
A SGHN xa pedíu á Xunta fecer un seguimento na zona para detectar máis exemplares e, se fose necesario, tomar as medidas adecuadas para evitar o seu asentamento en Galicia.
Esta é a súa clasificación taxonómica:
Urocerus albicornis[Especie]
Urocerus [Xénero]
Siricidae [Familia]
Hymenoptera [Orde]
Insecta [Clase]
Uniramia [Filo]
Animalia [Reino]
0 comentarios