Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

A PARTE MÁIS ESCURA DO XENOMA HUMANO

A PARTE MÁIS ESCURA DO XENOMA HUMANO

Un estudo desvela os elementos activos do xenoma / Institutos Nacionais da Salúde

Non é frecuente que revistas de tan alto impacto como "Science", "Nature", "Genome Research" ou "Genome Biology" se poñan de acordo para publicar simultáneamente os datos dun traballo, pero neste caso os resultados merecen a unión para sacar á luz 30 estudos que descubren a parte máis escura do xenoma. Grazas a estes traballos, o que hai anos considerado ADN lixo deixa de parecer un refugallo para transformarse unha parte clave para a saúde e a enfermidade.

Despois da secuenciación do ADN humano no ano 2000, quedaba moito por coñecer desa "enciclopedia" que contén todas as instrucións para construír o corpo humano. Por esa razón iniciáronse varios proxectos para saber máis do xenoma e coñecer como funciona.

Os 30 estudos que agora se publicaron están englobados dentro do proxecto ENCODE (acrónimo en inglés de Enciclopedia dos elementos do ADN), realizados en 32 laboratorios de diferentes países entre os que se inclúen 2 españois (Centro de Regulación Xenómica en Barcelona e o Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) en Madrid)

O que eles amosan é a paisaxe completa do xenoma. Se ata agora os protagonistas de todas as miradas foran os xenes, o proxecto ENCODE ilumina o resto do xenoma e desvela que preto do 80% ten actividade.

Os científicos só se centraran nun 2% do xenoma ou, o que é o mesmo, nos xenes. Un dos principais motivos é que son eles os que producen as proteínas, que son as unidades estructurais e funcionais das células, os "ladrillos" do corpo sen os cales non habería órganos nin outros compoñentes. Pero quedaba unha parte importante do ADN, a que non se lle prestara tanta atención. Non obstante, o que revelan os datos aportados por 440 investigadores é que esa parte do xenoma que parecía non ter ningunha función si que intervén regulando o proceso.

Esas zonas reguladoras son como os interruptores da casa que é o noso corpo. Son os que activan ou desactivan todos os circuítos do fogar. Esta parte do xenoma apaga ou acende os xenes e tamén regulan o cando, como e que cantidade de proteínas teñen que producir, é dicir, é fundamental na bioloxía humana, tanto que os científicos suxiren cambiar a definición de xene.

O último obxectivo deste e outros proxectos, como o dos 1.000 xenomas, é comprender o funcionamiento desa enciclopedia da que agora só coñecemos as súas páxinas, para nun futuro poder desenvolver terapias preventivas e curativas específicas para cada persoa, "lendo" o seu ADN, podendo  predecir que enfermedides vai desenvolver ou que terapias son as que necesita para bloquear ou activar algunha parte do seu xenoma.

De momento, ese é un soño, a realidade é que xa sabemos un chisco máis da enciclopedia humana! 

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

AS TROITAS GALEGAS EN PERIGO DE DESAPARICIÓN

AS TROITAS GALEGAS EN PERIGO DE DESAPARICIÓN

Viñeta de Ramón no Xornal El Pais do pasado 04/09/2012

Os ríos galegos, como os do conxunto da Península ibérica, quedarán sen troitas en menos dun século, segundo un estudo realizado pola Universidade Complutense, publicado na revista Global Change Biology, que data no ano 2100 a desaparición en España deste peixe, moi sensible.

O quecemento global das canles ocasionado polo cambio climático é o maior inimigo da troita común (Salmo trutta), afectada tamén pola contaminación, a extracción de auga para regadío e a sobrepesca.

En menos de trinta anos quedarán nos ríos galegos a metade das troitas. No 2100, segundo o estudo, consumarase a extinción deste peixe en España.

FONTE: Xornal La Voz de Galicia.

O MISTERIO DAS MANCHAS ESBRANCUXADAS DA LÚA

O MISTERIO DAS MANCHAS ESBRANCUXADAS DA LÚA
Manchas esbrancuxadas na superficie da Lúa / NASA

A superficie da Lúa é, en xeral, bastante escura. E tamén aburrida. O satélite non ten atmosfera, nin tectónica de placas, polo que os acontecementos na súa superficie son mínimos. Salvo se cae un meteorito, as cousas quédanse como e onde estaban. Por eso os científicos estaban intrigados cunhas manchas esbrancuxadas, ás veces de centos de quilómetros, que poboan a súa superficie. Pero que causa este fenómeno?

Cada unha desas manchas (das que hai contabilizadas máis dunha ducia) identifica a existencia dun pequeno e débil campo magnético. Ainda que era case indudable que entre ámbolos fenómenos había unha relación, ninguén explicara con certeza e probas como era.

Pode un campo magnético aclarar, como se se tratase de lixivia, o regolito lunar (alfombra de restos formados por materiais pouco compactos de fragmentos rochosos e solo, cubrindo un fondo rochoso sólido? En realidade, o que fai é evitar que se escureza. Como se fose un escudo de enerxía, desvía unha parte do vento solar que chega á superficie da Lúa, distribuíndo nos seus arrededores.

Algúns modelos teóricos desta explicación xa se puxeran a proba con anterioridade, e os resultados non cadraban. Aínda así, un grupo de científicos adicados a desenvolver escudos enerxéticos para naves espaciais, que no fondo teñen un certo parecido coas anomalías magnéticas da Lúa, quixo poñer a proba a hipótese de maneira experimental.

Fixeron as modificacións pertinentes aos seus aparellos para replicar no laboratorio as anomalías magnéticas lunares. Simularon o vento solar cun chorro de protóns e electróns e estudaron que pasaba cando o disparaban cara a un pequeno imán.

Tal como predicía a teoría, creouse un campo eléctrico en forma de cúpula cando o chorro e o "escudo" se atoparon. Este campo eléctrico desviou a maioría de partículas cara aos límites e protexeou a zona de influencia do imán. Os investigadores responsables cren que na Lúa ocurre exactamente igual, pero ao grande. Tamén, que unha tecnoloxía equivalente podería protexer tanto as naves espaciais como aos seus pasaxeiros dos perigos do vento solar.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia

CREAR NUBES PARA CONTER O CAMBIO CLIMÁTICO

CREAR NUBES PARA CONTER O CAMBIO CLIMÁTICO
Recreación artística dun barco para crear nubes artificiais / John McNeill

A idea non é nova. Trátase de utilizar uns barcos futuristas para disparar cara o ceo auga mariña e crear nubes que reflictan a luz do Sol, arrefríen o planeta e poidan axudar a conter o cambio climático. Soa a ciencia ficción, pero os científicos retomaron a idea. Rob Wood, un físico atmosférico da Universidade de Washington, describíu un experimento para probar, a pequena escala, esta proposta clásica da xeoenxeñaría, a aplicación da tecnoloxía para manipular o medio ambiente. As súas conclusións aparecen na revista Philosophical Transactions of the Royal Society.

A proposta de Wood inclúe actualizacións sobre que tipo de barco sería mellor para rociar de auga salgada o ceo, o tamaño que deben ter as gotas de auga e os efectos climatolóxicos potenciais. O obxectivo final é animar a máis científicos a considerar a idea do que se coñece como  "marine cloud brightening" (nube mariña brillante) e incluso facer buracos nela.

Trátase de que unha flota de barcos equipados con rociadores de partículas disparen a sal mariña á atmosfera. Eso produciría unha cuberta de nubes que reflictiría a luz cara ao espazo e crearía un efecto de arrefriamento na Terra. Esa é a teoría, Wood e os seus colegas queren llevala á práctica. Propoñen facer un experimento a pequena escala para probar a súa viabilidad e comenzar a estudar os efectos.

Todo sexa benvido con tal de conter o cambio climático!

FONTE: Xornal ABC/Ciencia.

O QUE LLE PODE PASAR Á TERRA

O QUE LLE PODE PASAR Á TERRA

Recreación artística do planeta "devorado" pola súa estrela / E.M

Por primeira vez, un equipo internacional de astrónomos logrou detectar indicios dun cataclismo cósmico como o que podería acabar coa Terra nun futuro aínda moi lonxe: un planeta "devorado" pola súa propia estrela.

Este podería ser o destino final dos planetas do noso Sistema Solar, cando o Sol se convirta nunha xigante vermella e acabe expandiéndose ata alcanzar a órbita da Terra dentro duns 5.000 millóns de anos. Así o afirma un estudo da Universidade de Penn State (EEUU), na que participa unha investiadora española da Universidade Autónoma de Madrid, publicado en "Astrophysical Journal Letters".

No estudo indican que lograron este descubrimento buscando planetas na contorna de BD+48 740, unha estrela "envellecida" que se transformara en xigante vermella, co telescopio Hobby Eberly, en Texas.

O primeiro que chamou a atención dos científicos é que esta estrela tiña unha cantidade anormalmente alta de litio, un elemento que se creou fundamentalmente durante o "Big Bang" hai 14.000 millóns de anos. O litio destrúese fácilmente nas estrelas, e por iso aos investigadores sorprnedéulles atopar grandes cantidades deste elemento nunha xigante vermella como Bd+48 740. A súa interpretación é que a presenza de litio debíase precisamante a que a estrela "engulira" un planeta.

O outro indicio deste "banquete" cósmico foi atopar un planeta na contorna da mesma estrela cunha órbita moi elíptica. Os astrónomos sospeitan que este insólito fenómeno é tamén unha consecuencia do planeta "devorado" pola estrela, que provocou unha especie de "efecto boomerang", un estoupido de enerxía que provocou a excéntrica órbita.

 

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

O SOL É MÁIS REDONDO DO QUE SE PENSABA

O SOL É MÁIS REDONDO DO QUE SE PENSABA

O Sol, con grupos de manchas na súa superficie, fotografado na última semana de xullo / NASA/SDO

O Sol é máis redondo do que se pensaba. Tanto, que se fose un balón de praia a diferenza entre o seu diámetro ecuatorial e o seu diámetro polar sería inferior ao grosor dun cabelo humano. Outra comparación: se se reducira a estrela a unha bola dun metro, o diámetro ecuatorial sería só 17 millonésimas de metro maior que o polar.

Medírono uns científicos, cunha precisión nunca acadada antes. En realidade o diámetro solar é de 1,4 millóns de quilómetros, unhas 110 veces o diámetro terrestre e máis de tres veces a distancia que nos separa da Lúa. Os investigadores, temén descubriron que a forma do Sol é moi estable, e apenas lle afecta o ciclo solar de 11 anos, como suxerían algúns estudos.

Os resultados da investigación que durou dous anos, realizados polo astrónomo Jeffrey Kuhn (Universidad de Hawai) e os seus colegas, contando coa cámara a bordo do satélite da NASA Solar Dynamics Observatory (SDO), foron publicados na revista Science e sinalan que a desviación respecto á forma perfectamente redonda que eles mediron, é substancialmente inferior ás expectativas teóricas.

 

FONTE: Xornal El País/Ciencia

MISIÓN A MARTE

MISIÓN A MARTE
Aproximación ao planeta vermello do vehículo "Curiosity" e anteriores misións no chan marciano. Para ampliar preme AQUÍ .

FONTE: Xornal El Pais /Ciencia

CHEGOU A MARTE O CURIOSITY

CHEGOU A MARTE O CURIOSITY

Primeira ixaxe en cor enviada polo "Curiosity"/NASA

O Curiosity marcou un triunfo histórico en Marte. O vehículo todoterreo da NASA sobrevivíu onte ao máis arriscado e difícil descenso ao chan do planeta veciño que nunca se realizara. Ás 7.32, hora peninsular, chegou á Terra o primeiro sinal do robot indicando que estaba no chan do cráter Gale, o seu destino prefixado. Inmediatamente despois chegaron as súas primeiras fotografías, en branco e negro e cunha baixa resolución, pero suficientes para provocar un estoupido de alegría entre as ducias de expertos na sala de control da misión, no Jet Propulsión Laboratory (JPL, en California).

A misión científica do Curiosity, que comenzará dentro dunhas semanas, cando se revisen e poñan a punto todos os equipos da bordo, pretende axudar a determinar se Marte puido ter nalgún momento condicións aptas para a vida.

FONTE: Xonal El País/Ciencia