O SOL É MÁIS REDONDO DO QUE SE PENSABA
O Sol, con grupos de manchas na súa superficie, fotografado na última semana de xullo / NASA/SDO
O Sol é máis redondo do que se pensaba. Tanto, que se fose un balón de praia a diferenza entre o seu diámetro ecuatorial e o seu diámetro polar sería inferior ao grosor dun cabelo humano. Outra comparación: se se reducira a estrela a unha bola dun metro, o diámetro ecuatorial sería só 17 millonésimas de metro maior que o polar.
Medírono uns científicos, cunha precisión nunca acadada antes. En realidade o diámetro solar é de 1,4 millóns de quilómetros, unhas 110 veces o diámetro terrestre e máis de tres veces a distancia que nos separa da Lúa. Os investigadores, temén descubriron que a forma do Sol é moi estable, e apenas lle afecta o ciclo solar de 11 anos, como suxerían algúns estudos.
Os resultados da investigación que durou dous anos, realizados polo astrónomo Jeffrey Kuhn (Universidad de Hawai) e os seus colegas, contando coa cámara a bordo do satélite da NASA Solar Dynamics Observatory (SDO), foron publicados na revista Science e sinalan que a desviación respecto á forma perfectamente redonda que eles mediron, é substancialmente inferior ás expectativas teóricas.
FONTE: Xornal El País/Ciencia
0 comentarios