Blogia
vgomez

A COVA DE EIRÓS: OS PRIMEIROS RESTOS DE ARTE PARIETAL PALEOLÍTICO

A COVA DE EIRÓS: OS PRIMEIROS RESTOS DE ARTE PARIETAL PALEOLÍTICO

Arte parietal paleolítico na cova de Eiros / Imaxe: Xornal El País

Os traballos arqueolóxicos levados a cabo na cova de Eirós, en Triacastela (Lugo), propiciaron o descubrimento dos "primeiros restos de arte parietal paleolítico" do noroeste, en forma "de pinturas e gravados rupestres". Á espera da proba do carbono, os expertos sitúan a súa elaboración hai 30.000 anos, basándose no estilo e a  técnica empregada. Son as primeras pinturas rupestres atopadas en Galicia.

Este é o cuarto ano de escavacións nesta gruta natural, datada no Paleolítico, por un equipo de investigación da Universidade de Santiago (USC), co apoio de arqueólogos da Universidade Virgili i Rovira de Tarragona.  Antes deste achádego, as escavacións no subsolo xa permitiron recuperar dende 2008 máis de 4.000 pezas, restos de animais e ferramentas do hombre do Paleolítico, cunha antigüidade de entre 35.000 e 85.000 anos.

En resumo, a Cova de Eirós vai camiño non só de ser a Atapuerca galega, senón tamén a Altamira do noroeste peninsular.

0 comentarios