Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

IMAXES DE MARTE III

IMAXES DE MARTE III

Esta é outra das fotografías de Marte publicadas pola NASA/JPL/U.ARIZONA, e tomadas  pola sonda MRO. Nela amósanse as dunas nos Montes Nereidum Occidentales.

Se queres ver o resto das 1.500 imaxes pincha en IMAXES DE MARTE

IMAXES DE MARTE II

IMAXES DE MARTE II

Aquí tedes outra fotografía de Marte (NASA/JPL/U.ARIZONA), tomada pola sonda MRO, nela amósanse formacións de xeo de dióxido de carbono.

Mañá máis.

IMAXES DE MARTE

IMAXES DE MARTE

A NASA acaba de publicar 1.500 fotos da superficie de Marte tomadas entre abril e agosto pola nave MRO (Mars Reconnaissance Orbiter), nas que se ven cráteres, gargantas, dunas e rexións xeadas con gran resolución.

Nesta fotografía (NASA/JPL/U.ARIZONA) aparecen bloques escuros na aureola do Monte Olimpus.

Espectacular! Mañá outra.

 

400 ANOS

400 ANOS

Os astrónomos de todo o mundo conmemoraron onte o os 400 anos do recoñecemento oficial por parte das autoridades da República de Venecia do primeiro telescopio, un invento do científico italiano Galileo Galilei (1564-1642). Era o 25 de agosto de 1609.

Aquel invento tamén foi o comenzo de quebradeiros de cabeza para el. A inquisición púxoo no punto de mira por defender a teoría heliocéntrica (O Sol é o centro do universo e a Terra xira ao seu redor). En 1633 foi condeado, polos inquisidores, e forzado a abxurar (retractarse) de xeonllos e con ameazas de tortura, da teoría de Copérnico.

Pero a inquisición non puido deter o avance da ciencia. Galileo descubríu, que a Lúa non era lisa, pois tiña montañas e vales, que moitas e novas estrelas aparecían onde antes había escuridade, que a Vía Láctea non era unha mancha leitosa, senón un conxunto case infinito de puntos luminosos, e que o planeta Xúpiter xa non estaba só, senón acompañado de catro pequenos puntos que xiraban ao seu redor.

Este feito cambiou para sempre o mundo da astronomía!

 

BISFENOL A

BISFENOL A

O bisfenol A, é un composto habitual en plásticos de uso común, moitos deles de uso alimentario, foi posto de novo en dúbida pola comunidad científica. Un estudo publicado na última edición de "Current Biology" evidencia por primera vez que dosis moi baixas deste composto son suficientes para causar anormalidades no desenvolvemento embrionario de ratos. Precisamente este mesmo ano os fabricantes de biberóns  deixaron de utilizalo nos seus productos.

Outro novo estudo, realizado, entre outros, por Katshuhiko Saido, profesor de la Universidad de Nihon, indica  que aínda que se considera como indestructible, o plástico descomponse con sorprendente rapidez nos océanos e libera na auga substancias potencialmente tóxicas, entre elas o bisfenol A.

Como dato, unhas 150.000 toneladas de resíduos de plástico, a maioría poliestireno extruído, son arroxadas ao mar cada año. A súa acumulación crea vastas extensións de residuos que flotan nos océanos. A franxa do pacífico chamada "Illa do lixo" ten xa unha superficie equivalente a Francia.

O volume de plástico no océano está aumentando, de maneira que o problema se converte nunha amenaza global ao Medio Ambiente.

 

SPITZER

 

O JPL da NASA informa que o telescopio espacial Spitzer (lanzado o 23 de agosto de 2003) detectou os restos dun choque de dous incipientes planetas (un deles do tamaño da Lúa e o outro coma Mercurio) en torno á estrela HD 172555, a uns 100 anos luz da constelación do Pavo.

O choque cósmico puido ser parecido ao que deu orixe a nosa Lúa hai 4.000 millóns de anos cando un corpo do tamaño de Marte chocou contra a superficie terrestre.

Neste vídeo recrease como puido ser o citado choque choque.

AEROXERADORES:

AEROXERADORES:

Imaxe 3D do "Tornado Like" (Western Co)

Hai algún tempo estivemos falando das enerxías renovables, e concretatemente da eólica (vento). Daquela diciamos que a enerxía eólica era un ha das máis limpas, pero que presentaba o problema da intrusión na natureza dos aeroxeradores, polo que presentaba enfrontamentos entre ecoloxistas, paisaxistas e empresarios. A presenza das grandes aspas producía un grande impacto ambienta e paisaxístico e riscos para as aves.

Pois parece ser que parte do problema pode quedar resolto cun novo aeroxerador sen aspas. Trátase do "Tornado Like", o primero exemplo de turbina eólica sen aspas de procedencia italiana.

Funcionamiento de ’tornado’. | Western Co

As características fundamentais deste prototipo son: A falta de aspas, a súa forma cónica e as súas dimensións reducidas (3 m de altura, fonte aos 70 m dos actuais). Esto permite solucionar o problema dos riscos para as aves, menor impacto e diminución do ruído.

O funcionamento é sinxelo: O aire entra no dispositivo e xera un vórtice (que é un fluxo turbulento en rotación espiral con traxectorias de correntes cerradas) interior, creando unha nova clase de correntes continuas. Cun vento de 3 m/s asegúrase unha potencia de 100 w. Con vento máis forte pode chegar á mesma potencia dun aeroxerador tradicional.

O proxecto foi levado a cabo por Western Co, sociedade italiana de San Benedetto do Tronto, especializada en enerxías renovable.

Unha aposta interesante!

 

INAGURACIÓN DO GTC

INAGURACIÓN DO GTC

GTC sobre o mar de nubes da Palma (Foto:EFE)

Mañá, 24 de xullo, inagúrase oficialmente o GTC ( Gran Telescopio de Canarias), aínda que xa está operativo dende o pasado marzo. Está situado no Roque de los Muchachos, na illa canaria de La Palma. Conta cun espello con 10,4 metros de diámetro, o máis grande do mundo.

Se queres coñecer polo miúdo (situación, contrucción, estructura, vídeos, etc) este tesecopio pincha en GTC