Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

NOBEL DE QUÍMCA 2009

NOBEL DE QUÍMCA 2009

O Premio Nobel de Química deste ano recaeu nos científicos: Venkatraman Ramakrishnan, Thomas A. Steitz e Ada E. Yonath, polos seus estudos sobre a estrucura e a función do ribosoma a nivel atómico. Este achádego sobre o funcionamento das moléculas que fabrican as proteínas para manter con vida o ADN, ten importantes aplicacións á hora de lograr o desenvolvemento de antibióticos.

Venkatraman Ramakrishnan, naceu en 1952 na India e é cidadán estadounidense. Doctorouse en Ciencias Físicas en 1976 pola Universidade de Ohio e exerce no Laboratorio de Bioloxía Molecular de Cambridge, en Inglaterra.
Thomas A. Steitz, naceu en 1940 en Estados Unidose e é doutor en Bioloxia Molecular e Bioquímica pola Universidade de Harvard. É catedrático da Howard Hughes Medical Institute, da Universidade de Yale.
Ada E. Yonath, naceu en 1939 en Xerusalén e doctorouse en Cristalografía de raios X en 1968 no Instituto Weizmann da Ciencia, centro onde exerce na actualidade.

ANEL XIGANTE DE SATURNO

ANEL XIGANTE DE SATURNO

Ilustración da vista infravermella do novo anel de Saturno (NASA)

Coñecido era que o planeta Saturno tiña aneis, pero o que non era coñecido era que tivese un anel xigante. Eso foi o que acaba de descubrir a NASA, grazas ao seu telescopio Spitzer (lanzado en 2003 e que na actualidade se aptopa en órbita ao redor do Sol, a 106,2 millóns de quilómetros da Terra). Esta noticia deuna a coñecer a revista "Nature".

Para poder conseguir este decubrimento fixo falta o emprego dos infravermellos. O anel, formado por xeo e pó, está a uns 5,95 millóns de quilómetros do planeta, extendéndose ata unha distancia de 11,9 millóns de quilómetros cara afora e a súa órbita está inclinada 27º en relación cos anillos principais.

Como curiosidade, Febe (unha lúa de Saturno) está dentro deste anel.

NOBEL DE FÍSICA 2009

NOBEL DE FÍSICA 2009

O Nobel de Física  deste ano premia a Charles Kuen Kao, Willard Sterling Boyle e George Elwood Smith, que impulsaron as tecnoloxías que permitiron desenvolver as telecomunicaciónd do mundo actual.

Charles Kuen Kao, nacido en 1933 en Shanghai, investigador dos Laboratorios de Telecomunicacións de Harlow, no Reino Unido, e profesor da Universidade de Hong Kong, aportou innovadores avances sobre a transmisión da luz en fibras ópticas de comunicación.

Willard Sterling Boyle, nacido en 1924 en Amherst, en Canadá, aínda que nacionalizado estadounidense e George Elwood Smith, nacido en 1930 en Nueva York, ámbolos dous dos Laboratorios Bell de Murray Hill, en Nueva Jersey, inventores dun circuíto semiconductor de imaxes, o sensor CCD, primeira tecnoloxía que permitíu a transmisións de imaxes a través da rede.

NOBEL DE MEDICINA 2009

NOBEL DE MEDICINA 2009

O Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina deste ano reaceu en Elizabeth H. Blackburn, Carol W. Greider e Jack W. Szostak, descubridores dos telómeros e a enzima telomerasa que coas súas implicaciones afectan tanto ao proceso de avellentamento como ao cancro.

O trío de investigadores descubríu un anel de protección en torno aos cromosomas creados polos denominados telómeros e as telomerasas, que fan as funcións de fonte de xuventude das células.

Elizabeth H. Blackburn, nacida en 1948 en Tasmania (Australia) e con dobre nacionalidade estadounidense-australiana. Profesora de Biloxía e Fisioloxía na Universidade de California, San Francisco.

Carol W. Greider, nacida en 1961 en San Diego-California (USA).Profesora de Oncología en Johns Hopkins University School of Medicine de Baltimor.

Jack W. Szostak, nacido en 1952 en Londres. Profesor de Xenética en Harvard Medical School de Boston.

Os Premios Nobel otórganselle ás persoas que realizaron investigacións sobresaintes, inventaran técnicas ou equipamentos revolucionarios ou contribuíran notablemente á sociedade. Instituíronse como vontade de Alfred Bernhard Nobel (Estocolmo, 21 de outubro de 1833-San Remo, 10 de decembro de 1896.

O inventor da dinamita e industrial sueco, firmou un testamento no Club Sueco-Noruego de París o 27 de novembro de 1895. Sentíase culpable pola súa responsabilidade como empresario enriquecido a través dunha industria productora de dinamita, que tiña como especial mercado a minería, pero tamén a guerra. Esa puido ser a motivación principal do seu afamado testamento, unida tamén a costume de realizar accións para facer transcender o seu nome ao morrer.

Desde a súa instauración en 1901, os Premios Nobel recaeron en sete españois:

1904José Echegaray Literatura
1906Santiago Ramón y CajalMedicina e Fisioloxía
1922Jacinto Benavente Literatura
1959Severo Ochoa Medicina e Fisioloxía
1956Juan Ramón JiménezLiteratura
1977Vicente AleixandreLiteratura
1989Camilo José CelaLiteratura

COMETA LA SAGRA

COMETA LA SAGRA

Cometa 2009 QG31 La Sagra (Observatorio de Mallorca)

Un novo cometa, denominado pola UAI (Unión Atronómica Internacional) 2009QG31La Sagra, foi descuberto polo OAM (Observatorio Astronómico de Mallorca).

Foi detectado a 170 millóns de quilómetros, na constelación de Acuario debido a que cada 6,77 anos achégase ao Sol. Ten un núcleo entre 2 e 3 km e arrastra unha cola formada por  unha nube de po e gas duns 12.000 km de diámetro, xa que a radiación do Sol fai esta se vaia desintegrando.

O novo cometa foi descuberto o 15 de agosto pasado mediante observación remota polo equipo de observación da OAM dende La Sagra, na Serra de Granada, onde o Observatorio Astronómico de Mallorca mantén unha base de rastrexo de corpos pequenos do Sistema Solar: Asteroides, NEOs (Obxectos Cercanos á Terra) e novos Cometas.

VOLCÁN FÓSIL

VOLCÁN FÓSIL

Si, digo ben, un volcán prehistorico  horizontal acaba de ser atopado ao norte de Italia, en Valsesia (Paiamonte), nos Alpes italianos.

A verdade é que é un feito singular e único, pois este volcán en lugar de ser vertical é horizontal, xa que desplomouse cando chocaron as placas tectónicas de Europa e Asia hai 50 millóns de anos.

Na investigación (na que participaron os científicos, o italiano Silvano Sinigoi, profesor de petrografía na Universidade de Trieste, e o  americano James Quick, pro-rector da Universidade Metodista de Dallas) descubríuse tamén que hai 288 millóns de anos, o volcán expulsou de 300 a 500 km3 de material terrestre, que escureceron o ceo e posiblemente cambiaron o clima daTerra.

AUGA NA LÚA

AUGA NA LÚA

Imaxe da Lúa tomada pola sonda Chandrayaan 1-ISRO.

A sonda india CANDRAYAAN-1 (satélite da Axencia India de Investigación Espacial -Indian Space Research Organization, ISRO) que leva a bordo instrumentos da NASA acaba de facer un achádego importantísimo: atopar auga na Lúa.

 A cantidade é pequena, por cada m3 de solo lunar obteríamos 1 l de auga. Ben entendido que a auga da que falamos  non a podemos atopar nin en lagos, nin océanos, nin en charcas, senón en moléculas de auga e hidroxilo (hidróxeno e osíxeno) que interaccionan con moléculas de pó e rocha nas capas superiores da superficie.

Este achádego serviría para o asentamento de bases no satélite, xa que se podería obter auga polo quentamento da superficie e como fonte de osíxeno para obter aire respirable.

LCROSS

LCROSS

Sempre tivemos a idea de que o noso satélite, a Lúa, era un deserto gris, completamente seco, sen atmosfera, onde os raios solares inciden dirtectamente sobre ela. Por siso, a súa superficie quéntase moito. A temperatura varía desde unha máxima de 107ºC, a unha mínima  nocturna de -173ºC.

Pois agora, a NASA, quere facer unha comprobación sobre a presencia ou non de auga na superficie lunar, concretamente nos cráteres polares, nos que as paredes están en penumbra permanente, e poderían conservar xeo.

A tal efecto o LCROSS (Lunar Crater Observation and Sensing Satellite), sonda espacial lanzada no pasado xuño, prepárase para a súa fase final e impactará sobre un crater, concretamente Cabeus A, duns 40 quilómetros de diámetro, situado preto da rexión polar Sur. Será o próximo 9 de outubro e permitirá analizar a pluma de material lunar que se elevará tralo impacto para ver se hai rastro de auga.

Esta idea xa non é nova, aínda que fallidamente ou sen datos concluíntes, xa o fixeron en 1999 a sonda Lunar Prospector (da NASA) e en  2006, a Smart-1 (da Axencia Europea do Espazo), unha vez concluídas as súas misións, coma neste mesmo caso. Esperemos que desta se quite algunha conclusión.