Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

SMOS

SMOS

Primeira imaxe enviada polo SMOS (ESA)

O SMOS (Soil Moisture and Ocean Salinity), satélite lanzado o pasado día 2 dende o cosmódromo ruso de Plesetsk e que se atopa  en órbita sobre os polos a uns 758 km da superficie terrestre, escomenzou a enviar datos.

Aínda que en fase de ensaio, o instrumento MIRAS (radiómetro de microondas), acaba de enviar a primeira imaxe e que a ESA (Axencia Europea do Espazo) acaba de presentar. Este satélite foi deseñado para coñecer mellor o ciclo da auga do planeta, medindo a humidade do solo e a salinidade dos océanos.

AUGA NA LÚA II

AUGA NA LÚA II

Columna de vapor provocada polo impacto da LCROSS na superficie da Lúa. (NASA)

A NASA acaba de facer público que impactos provocados pola sonda LCROSS (Lunar Crater Observation and Sensing Satellite) permitiron detectar grandes cantidades de auga na Lúa.

Esta sonda espacial lanzada no pasado xuño, impactou sobre un crater, concretamente Cabeus A, duns 40 quilómetros de diámetro, situado preto da rexión polar Sur, o pasado 9 de outubro. O impacto provocou un inmenso burato de entre 20 e 30 metros de ancho, sacando á superficie máis de 100 litros de auga.

Esta noticia, esperada, anima a unha posible instalación dunha base lunar nun futuro próximo.

 

MERCURIO: NOVAS IMAXES

MERCURIO: NOVAS IMAXES

Vista de Mercurio obtida pola sonda Messenger (NASA)

A sonda da NASA "Messenger" fotografou unha zona descoñecida ata agora do planeta Mercurio. Así mesmo aportou novos datos científicos nos que aparece a presenza de ferro nese planeta.

Esta sonda espacial foi lanzada usando un foguete Delta II dende Cabo Cañaveral o 3 de agosto de 2004.

KILIMANJARO

KILIMANJARO

Un dos glaciares en retroceso do Kilimanjaro (L. Thompson)

O Kilimanjaro é un volcán que se atopa no Parque Nacional do Kilimanjaro en Tanzania. Con 5.695 m, é a montaña máis alta de África e un dos volcáns máis altos do mundo.  Consta de tres cráteres e ten neves perpetuas pola presenza dun glaciar na súa cima.

Precisamente a noticia ten como centro ese glaciar que acabo de comentar. A revista  "Proceedings of the National Accademy of Sciences" (PNA) acaba de publicar as conclusións dunha investigación realizada polo prestixioso glaciólogo Lonnie Thompson, da Universidade de Ohio (Columbia-EEUU), nas que se indican que os glaciares situados tanto no cráter coma nas ladeiras do cumio do Kilimanjaro poderían desaparecer en menos de 20 anos. O cambio climático está detras.

Esperemos que na reunión próxima da ONU sobre cambio climático que se celebrara en Copenhage do 7 ao 18 de decembro tomen nota.

 

SMOS

SMOS

Na pasada madrugada, foi lanzado dende o Cosmódromo de Plesetsk (Rusia), o satélite europeo SMOS.

A Axencia Espacial Europea (ESA) lanza este satélite de observación co fin de investigar e monitorear o cambio climático, medindo a concentración salina dos océanos e a humidade dos continentes do planeta (o intercambio de auga entre a atmosfera, os océanos y e a terra é un dos factores que supostamente determinan o tempo e o clima).

Situado a unha altura promedio de 758 km e coa axuda de 69 antenas de microondas, o satélite suministrará informacións sobre a terra e a auga, ata polo menos o 2012.

CHEGAR Á LÚA EN GLOBO

CHEGAR Á LÚA EN GLOBO

Parece sorprendente o titular pero é realidade. Hoxe, 29 de outubro, é o día previsto para facer un terceiro ensaio. Pero comencemos polo principio deste experimento: Google creou un programa (X PRICE) no ano 2007. A súa intención era retomar a carreira espacial polas novas xeracións. Para elo propuxo un premio de 30 millóns de dólares, pero cunha condición: tiña que ser un equipo privado, que logre levar un robot á Lúa, recorrendo 500 m e enviar un vídeo de imaxes e datos á Terra antes do 31 de decembro de 2012.

É hai un candidato. Trátase da Asociación de Aeronáutica e Cosmonáutica de Rumanía (ARCA), pero o máis curioso é o seu sistema de lanzamento: UN GLOBO, si un globo convencional que elevará o foguete STABILO a uns 18 km e dende alí despegará cara á Lúa, levando o robot chamado European Lunar Lander.

Despois das dúas probas celebradas, máis ou menos positivas, hoxe será un día clave. Moita sorte!

ARES 1-X

ARES 1-X

Novo foguete Ares 1-X (Foto: Justin Dernier)

Parece impresionante cos seus 100 metros de altura, e non é para menos. Trátase do foguete que está destinadoa substituír aos transbordadores espaciais, alá polo 2016: o Ares 1-X da NASA.

Pero claro antes hai que probar este prototipo. Tal evento será o próximo  día 27 no Centro Espacial Kennedy. Durará aproximadamente 2 minutos e ascenderá ata os 40 km.

Se todo sae ben será quen leve aos astronautas ao espazo na próxima década. Sorte!

IMAXES DA INVESTIGACIÓN 2009

IMAXES DA INVESTIGACIÓN 2009

"Larvas do peixe cebra". O primero lugar no concurso «A fascinación da ciencia - Imaxes da investigación 2009» (© Jürgen Berger y Mahendra Sonawane/Bildfunk-dpa)

O concurso de fotografía "A fascinación da ciencia - Imaxes da investigación 2009" deu a coñecer os gañadores, sendo o pasado día 12 de outubro a entrega de premios na cidade alemana de Múnich.

Este concurso de fotografía científica, un dos máis prestixiosos de alemania, é o segundo ano que se celebra e está auspiciado  pola revista "Focus" e a Unión de empresas farmacéuticas e de investigación (VFA).

Se queres coñecer o resto das fotografías gañadoras pincha en «A fascinación da ciencia - Imaxes da investigación 2009