Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

BURACO LUNAR

BURACO LUNAR

Buraco caparado pola sonda "Selene"ISAS/JAXA/SELENE/JUNICHI HARAYUMA ET AL.

A sonda xaponesa "Selene" (pertencente a axencia espacial xaponesa JAXA, lanzada ao espazo o 14 setembro de 2007 e que ata o xuño pasado estivo en órbita a unha altura de 100 km sobre a superficie lunar) descubre un buraco vertical na Lúa.

Geophysical Research Letters publica o descubrimento dun grupo de investigadores internacionais, que despois de analizar fotografías da citada sonda, chegaron a conclusión de que se trata dun buraco vertical que mide uns 65 m de diámetro e unha profundidade entre 80 e 90 m.

Os investigadores supoñen que se debeu formar hai miles de millóns de anos, cando a Lúa estaba maís quente e tiña actividade volcánica, sendo canais subterráneos polos  que fluía a lava.

Xa se lle buscou  aplicación para futuras misións: refuxio para os atronautas exploradores da Lúa, onde protexerse da perigosa radiación que castiga a superficie, sen atmosfera e magnetosfera protectoras.

 

DESCUBRIMENTOS CIENTÍFICOS 2009

DESCUBRIMENTOS CIENTÍFICOS 2009

Recreación de "Ardi" (Science)

A revista "Science" fai un balance dos maiores descubrimentos do ano que está a piques de rematar. O maior descubrimento é o achádego de "Ardi" (Ardipithecus ramidus), un homínido que vivíu en África (Etiopía) hai 4,4, millóns de anos. As súas características eran: femia, bípeda, uns 50 kg e 1,20 m de altura. Brazos longos e dedos curvados para moverse polas ramas das árbores e cun cerebro que tiña unha capacidade de 300 cm3 (o humano moderno ten 1.500 cm3). Se queres profundizar nesta noticia pincha en AQUÍ

Outros acontecementos cientificos importantes do ano 2009 son, para esta revista: a identificación de pulsares (estrelas moi magnéticas e rápidas), o descubrimento da rapamicina, que alonga a vida, de momento nos ratos; o primeiro láser de raios X; a terapia xenética para tratar unha grave doenza cerebral; o achádego de vayor de auga e xeo no polo sur da Lúa; ou a reparación do telescopio espacial Hubble.

CHI CYGNI

CHI CYGNI

 

Chi Cygni (HD 187796 / HR 7564) é unha estrela variable da constelación Cygnus (cisne) que se atopa aproximadamente a uns 500 anos luz da Terra.

A noticia radica en que esta estrela é xemelga do noso Sol e que segundo publica "The Astrophysical Journal" na edición de decembro, despois de ser fotografada, puidose recrear o que seguranmente lle acontecerá ao noso astro rei: a súa morte.

Chi Cygni estase a inchar ata convertirse nunha xigante vermella dun tamaño capaz de engulir calqueira planeta a unha distancia como a que separa o Sol de Marte do noso sistema. Así mesmo, empezou a emitir pulsacións (1 vez cada 408 días), latindo como se se tratase dun corazón xigante.

Este estudo, no que se recurríu ao observatorio IOTA do Smithsonian Institution, situado no Monte Hopkins (Arizona), permitira coñecer o que lle acontecerá ao noso Sol nese momento fatídico.

 

MAYÓN

MAYÓN

Volcan Mayón (Filipinas) / AP

Mayón é o nome dun volcan que acaba de entrar en erupción e que é considerado como un dos volcáns con cono máis perfecto. Está situado en Filipinas, concretamente na provincia de Albay, na rexión de Bicol, a 300 km de Manila. É o volcan máis activo do país, con 50 erupcións nos últimos 400 anos. A máis destructiva foi no ano 1814, provocando 1.200 mortes. Levaba inactivo dende 2006.

As autoridades filipinas iniciaron a evacuación dunhas 50.00 persoas, despois que comenzara o volcan a lanzar rochas e lodo ardente. Atópase en alerta 3, non descartando que en próximos días se pase a 4 ou 5 (erupción en progreso).

 

 

 

CHOQUE DE GALAXIAS

CHOQUE DE GALAXIAS

Colisión das galaxias NGC 6872 e IC 4970 (NASA)

Os telescopios espaciais da NASA (Observatorio Chandra, Tescopio Spitzer e  o Gran Telescopio do Observatorio Europeo Austral) captaron a mimaxe do choque de dúas galaxias, NGC 6872 e IC 4970 (que é máis pequena e está na parte superior da imaxe), que xiran ao redor dun buraco negro (obxecto cuxa forza gravitatoria é tan grande que nin a luz escapa).

A fotografía que vedes arriba, conseguíuse coa xustaposición das imaxes transmitidas polos citados observatorios.

 

NOVO DESCUBRIMENTO DO HUBBLE

 

O telescopio espacial Hubble (que leva 19 anos no espazo a 600 km da codia terrestre) da ESA (Axencia Espacial Europea) e da NASA (Administración Nacional da Aeronáutica e do Espazo), acaba de descubrir unha auténtica fábrica de po estelar. Atópase nunha zona da nebulosa Iris ou NGC 7023 (descuberta polo astrónomo sir William Herschel en 1794, na constelación de Cefeo, aúns 1.400 anos luz da Terra). Esta zona está iluminada pola luz dunha estrela próxima, a HD 200775, semellante a unha gran nube de algodón. O po estelar é un dos ingredientes na formación das estrelas.

TSUNAMI SOLAR

 

O 25 de outubro de 2006, a NASA lanzou dúas sondas xemelgas a bordo dun foguete Delata II. Eran as STEREO, que teñen por misión ter unha visión do Sol máis completa, dende todos os ángulos, observando as manchas solares, etc.

O pasado mes de febreiro, observouse un "tsunami solar", aínda que o seu nome técnico é "onda magnetohidrodinámica de modo rápido" ou "onda MHD". A nave STEREO víu como a  mancha solar 11012 fixo explosión de maneira inesperada, lanzando ao espazo unha nube de mil millóns de toneladas de gas (un "CME") e enviou un tsunami á superficie do Sol, elevándose a 100.000 quilómetros de altitude e desprazándose a unha velocidade de 250 km/s.

Segundo os expertos estes tsunamis solares non representan riscos para a Terra.

VIDA NAS PROFUNDIDADES

VIDA NAS PROFUNDIDADES

Enypniastes, pepino mariño, capturado a 2.750 m de profundidade (EFE)

O proxecto "Censo da Vida Mariña" (CVM), formado por un equipo internacional de científicos, acaba de catalogar, por primeira vez, miles de especies que viven nas profundidades dos mares e océanos, moitas delas descoñecidas ata agora, concretamente 17.650 a máis de 200 m de profundidade e 5.722 a máis de 1 km de profundidade , onde non chega a luz solar.

Unha das principais contribucións do proxecto está sendo o maior entendemento de como o ecosistema mariño está estructurado "verticalmente": "A maioría dos alimentos prodúcense na superficie e caen ao fondo, onde non existe luz, o que proporciona sustento a unha increibe variedade de seres vivos"

Este proxecto e as súas conclusión serán presentadas en 2010.