Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

O COMETA SIDING SPRING

O COMETA SIDING SPRING

Imaxe do cometa C/2007Q3 tomada en infravermellos polo telescopio en órbita "Wise"- NASA/JPL/CALTECH/UCLA

 Siding Spring é un cometa descuberto en 2007 por observadores en Australia. O seu nome oficial é C/2007Q3, e paou o 7 de octubre de 2009 a 1,2 unidades astronómicas (UA)  da Terra e a 2,25 UA do Sol.

Este cometa foi fotagrafado polo telescopio en órbita "Wise" (Explorador Infravermello de Campo Amplo) que a NASA lanzou o 14 de decembro de 2009. Na imaxe apréciase o seu núcleo e a súa longa cola. Neste momento estase afastando do Sol e, ao abandoar o entorno comparativamente temperado da estrela,  perderá o seu deslumbrante aspecto actual.

ABYDOSAURIO

ABYDOSAURIO

Cráneos de Abydosauriose no Museo de Paleontoloxía da Universidade Brigham Young

A revista "Naturwissenshaften" publica que investigadores da  Brigham Young University e do  Dinosaur National Monument en Utah (Estados Unidos) descubriron, nunha canteira, catro cabezas, dúas case intactas, con 105 millóns de antigüidade, dunha nova especie de dinosaurioao que chamaron  "Abydosaurius mcintoshi" (Abydosaurio), pertencente ao grupo dos xigantescos dinosaurios herbívoros, cabeza pequena (só representa o 2% da masa corporal), de catro patas, longo pescozo e cola como o braquiosaurio.

Os investigadores averiguaron que estes animais non masticaban a comida, arrincábana e engulíana directamente.

FOBOS

FOBOS

Fobos (Foto: NASA)

FOBOS  é a lúa máis grande, das dúas que ten Marte. A súa orixe é unha incognita: un asteroide capturado por Marte, unha formación ao mesmo tempo que se fixo Marte ou restos dun impacto dun meteorito contra Marte.

Para poñer luz sobre este satélite a sonda "Mars Express"  da ESA (Axencia Espacial Europea)  sobrevoarao e co seu instrumental tratará de desentrañar a orixe e o seu proceso de formación, chegando o próximo 3 de marzo a atoparse a só 50 km do citado satélite.

Sairemos de dúbidas?

 

 

i-Saúde

i-Saúde

i-Saúde é un novo boletín electrónico de información en saúde destinado aos cidadáns e pacientes que puxo en marcha o Ministerio de Sanidade e Política Social, a través da Axencia de Calidade do Sistema Nacional de Saúde.

Sanidade faise éco de que cada día internet é un lugar ao que acuden poitas persoas en busca de información sobre a saúde. O boletín i-Saúde é gratuíto, ten periodicidade mensual.

Se queres botarlle unha ollada pincha en Boletín i-Saúde . De calquera xeito sempre o terás en ENLACES.

UN DINOSAURIO CON PLUMAS DE CORES

UN DINOSAURIO CON PLUMAS DE CORES

Reconstrucción de dous exemplares de Sinosauropteryx. CHUANG ZHAO / LIDA XING

A revista Nature publica que un equipo de paleontólogos de varias institucións de China, Reino Unido e Irlanda atoparon melanosomas (organelos que conteñen a cor e están incrustados na estrucura das plumas e do pelo das aves e mamíferos modernos) de dous tipos nas plumas de numerosos fósiles atopados en Jehol.

A investigación atopou que o pequeno  dinosaurio terópodo Sinosauropteryx tiña a cola recuberta de plumas en aneis de cor laranxa e branco alternados, e que a ave primitiva Confuciusornis presentaba zonas de cores branco, negro e marrón laranxado.

Ata agora todas as representacións de cor dos dinosaurios eran fantásticas, no sentido de que no se baseaban en ningún dato obxectivo. Este descubrimento reafirma aínda máis a hipótese de que as aves evolucionaron ao lango de 50 millóns de anos a partir dos dinosaurios carnívoros.

CORAIS QUE SE ALIMENTAN DE MEDUSAS

CORAIS QUE SE ALIMENTAN DE MEDUSAS

Coral "Fungia scruposa" alimentándose dunha medusa / EFE

A revista científica  "Coral Reefs" da universidade de Tel Avi (Israel) publica que un equipo científico de Israel descubríu e  fotografou no Mar Rojo o primeiro tipo de coral que se alimenta de medusas do seu mesmo tamaño.

Este coral é o "Fungia scruposa" está composto dun gran pólipo duns 30 cm de diámetro e que vive en solitario, a diferencia da maioría que viven en colonias. Aliméntase de medusas comúns (Aurelia aurita), aspecto inédito na alimentación dos corais.

Segundo os investigadores, "é un exemplo de ventaxa evolutiva nun medio afectado polo quentamento global".

 

OS CROCODILOS RESPIRAN COMO AS AVES

OS CROCODILOS RESPIRAN COMO AS AVES

Imaxes por tomografía computadorizada, con tratamento posterior, dun aligátor de 12 kg, para estudar a circulación do aire polos pulmóns / SCIENCE

A revista SCIENCE publica, no último número, un descubrimento científico realizado por investigadores da Universidade de Utah (Salt Lake City-Estados Unidos), dirixidos por Colleen G. Farmer, nos que se asegura que os pulmóns dos crocodilos funcionan como os das aves, nos que o aire flúe nun só sentido en vez de entrar e saír como unha onda.

Para o citado estudo traballaron con unha especie de  Aligátor Americano . Ata agora pensábase que este circuíto só se daba nas aves. En humanos e mamíferos, o aire entra polas fosas nasais e distribúese por conductos cada vez máis pequenos (tráquea, bronquios, bronquiolos,…) ata desembocar en minúsculas bolsas de aire denominadas alvéolos, onde ten lugar o intercambio de osíxeno e dióxido de carbono. Nas aves, pola contra, o intercambio de gases prodúcese en tubos chamados parabronquios e nunha soa dirección, polo que resulta máis eficaz, por eso as aves voan sen problemas de falta de osíxeno a altitudes nas que os mamíferos caeriamos en coma. 

A investigación, despois de ser verificada nestes parentes dos crocodilos, suxire que ten unha antiga orixe ancestral, nos Arcosaurios do Triásico, antepasados comúns dos dinosaurios (extinguidos), das aves e dos crocodilos.

KEPLER

KEPLER

Recreación dun exoplaneta atopado polo telescopio Kepler (NASA)

Ao escoitar o nome de Kepler seguro que podedes pensar nese gran astrónomo e matemático alemán Johannes Kepler (1571-1830), coñecido polas leis sobre o movemento dos planetas sobre a súa órbita ao redor do Sol. Pois ben, estámonos a referir ao telescopio Kepler, lanzado pola NASA dende a estación de Cabo Cañaveral (Florida-EEUU) o pasado 6 de marzo de 2009.

Pois ben, o Laboratorio de Propulsión a Barullo (JPL) deu a coñecer que o citado telescopio descubríu os seus cinco primeiros exoplanetas (corpos que circundan estrelas doutros sistemas solares), bautizados como Kepler 4b, 5b, 6b 7b e 8b. A mesma fonte indicou que os exoplanetas foron denominados "xúpiteres quentes", debido á súa gran masa e as súas temperaturas extremas (entre 1.200 e 1.650 ºC, o que impiden a presenza de vida), sendo en tamaño similares a Neptuno e algúns deles máis grandes que Xúpiter.