BURACO LUNAR

Buraco caparado pola sonda "Selene"ISAS/JAXA/SELENE/JUNICHI HARAYUMA ET AL.
A sonda xaponesa "Selene" (pertencente a axencia espacial xaponesa JAXA, lanzada ao espazo o 14 setembro de 2007 e que ata o xuño pasado estivo en órbita a unha altura de 100 km sobre a superficie lunar) descubre un buraco vertical na Lúa.
Geophysical Research Letters publica o descubrimento dun grupo de investigadores internacionais, que despois de analizar fotografías da citada sonda, chegaron a conclusión de que se trata dun buraco vertical que mide uns 65 m de diámetro e unha profundidade entre 80 e 90 m.
Os investigadores supoñen que se debeu formar hai miles de millóns de anos, cando a Lúa estaba maís quente e tiña actividade volcánica, sendo canais subterráneos polos que fluía a lava.
Xa se lle buscou aplicación para futuras misións: refuxio para os atronautas exploradores da Lúa, onde protexerse da perigosa radiación que castiga a superficie, sen atmosfera e magnetosfera protectoras.
0 comentarios