TSUNAMI SOLAR
O 25 de outubro de 2006, a NASA lanzou dúas sondas xemelgas a bordo dun foguete Delata II. Eran as STEREO, que teñen por misión ter unha visión do Sol máis completa, dende todos os ángulos, observando as manchas solares, etc.
O pasado mes de febreiro, observouse un "tsunami solar", aínda que o seu nome técnico é "onda magnetohidrodinámica de modo rápido" ou "onda MHD". A nave STEREO víu como a mancha solar 11012 fixo explosión de maneira inesperada, lanzando ao espazo unha nube de mil millóns de toneladas de gas (un "CME") e enviou un tsunami á superficie do Sol, elevándose a 100.000 quilómetros de altitude e desprazándose a unha velocidade de 250 km/s.
Segundo os expertos estes tsunamis solares non representan riscos para a Terra.
0 comentarios