Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

SPMAGE09

SPMAGE09

Foto gañadora: Glóbulos vermellos infectados polo parásito da malaria (LI ANG)

SPMAGE09 (Concurso Internacional de Imaxes do Nanomundo) é un concurso organizado por investigadores do Instituto de Ciencia de Materiais de Madrid (Consello Superior de Investigacións Científicas) e da Universidade Autónoma de Madrid, que desexa encontrar as máis fermosas e impactantes imáxes do nanomundo.

 

O gañador deste ano foi Li Ang, da Universidade Nacional de Singapur pola súa imaxe titulada Human malaria (Plasmodium malariae) infected red blood cells.

NEREUS

NEREUS

O Nereus antes de sumerxirse (Foto: NSF)

O Nereus é un vehículo robótico sumerxible que o pasado 31 de maio chegou ata a profundidade de 10.902 m (Abismo Callenger), na fosa das Marianas (que se atopa entre dúas placas tectónicas na parte do Anel de Fogo do Pacífico, onde se producen a maioría dos terremotos e erupcións volcánicas do mundo).

Nereus é un vehículo híbrido non tripulado que é controlado remotamente por pilotos a bordo do buque de investigación Kilo Moana, a través dun enlace de fibra óptica moi fino e lixeiro, pero que tamén pode funcionar de forma autónoma.

Nereus ennviou imaxes e recolleu mostras de sedimentos e, por primeira vez, rochas profundas das exposicións da codia da Terra.

UNHA BACTERIA OBSERVABLE A SIMPLE VISTA

UNHA BACTERIA OBSERVABLE A SIMPLE VISTA

Thiomargarita namibiensis  (Foto: Max-Planck-Institute)

Thiomargarita namibiensis é a bacteria (organismo procariota) máis grande coñecida, ata tal punto que pode ser observada a simple vista, podendo acadar os 750 μm (0,75 mm), aínda que o seu tamaño normal oscila entre os 0,1 aos 0,3 mm.

Foi descuberta por Heide H. Schulz et al. en 1999, en sedimentos fronte á costa de Namibia no curso dunha expedición oceanográfica a bordo do navío ruso "Petr Kottsov".

É unha sulfobacteria, que emprega no seu metabolismo os sulfuros que se producen no fondo mariño , así como os nitratos que toma da auga nun proceso anaeróbico (sen presencia de osíxeno).

O seu tamaño procede da inmensa vacuola onde almacena os nitratos.

MISIÓN Á LÚA

MISIÓN Á LÚA

A superficie da Lúa, segundo a sonda LRO (NASA)

O pasado 17 de xuño foi lanzado, dende Cabo Cañaveral (Florida-Estados Unidos), o lanzador "Atlas V", que levaba a bordo a sonda Orbitador de Recoñecemento Lunar (LRO), e o Artefacto de Observación del Cráter Lunar (LCROSS), chegando á Lúa o 23 de xuño.

Ámbalas dúas naves son o primeiro paso para facer un atlas da superficie e ter máis detalles das súas características para a vida, como é a posibilidade da existencia de auga.

O LRO, atópase xa nunha órbita elíptica, a só 50 km da superficie lunar. Precisamente aquí tedes unha das primeiras imaxes enviadas pola sonda. O seu obxectivo fundamental é identificar plataformas de aterraxe seguras para os astronautas en futuras misións. A permanecia será aproximadamente dun ano.

O LCROSS, dirixirá parte do foguete Atlas, o foguete Centauro, coa fin de impactar nunha rexión lunar de sombra permanente. Como consecuencia do impacto, levantarase unha nube que pode acadar os 10 km de altura. Nos seguintes catro minutos, o instrumental recollerá datos sobre a composición mineralóxica da nube e sobre a posible existencia de xeo no noso satélite. Esta imformación será enviada rapidamente á Terra, pois tamén impactará contra o polo lunar. O tempo de duración desta misión será entre tres e seis meses, pois non se sabe con exectitude o tempo que tardará o LCROSS en chegar ao punto da órbita adecuado para caer nun cráter profundo ou cando haberá mellor ilumniación do Sol.

 

CABALIÑOS DE MAR NA RÍA DE VILAGARCÍA

Un equipo de científicos deo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) está a traballar con moito entusiasmo para coñecer máis datos sobre o comportamento e o ciclo biolóxico dos cabaliños de mar. É o denominado Proxecto Hippocampus, experiencia pioneira mundial iniciada en 2006.

O primeiro paso foi crailos en cautividade, aspecto xa dificil. O ano pasado naceron 10, aos quese lle implantou un marcador subcutáneo, para facilitar o seu seguemento. Agora estes exemplares foron liberados na ría de Vilagarcía, esperando que se poidan reproducir e obter datos deste animal protexido.

Estes cabaliños de mar pertencen á especie Hippocampus guttulatus ou cabaliño de mar narizón, que é o máis abundante nas nosas augas. Como recordaredes os cabalióños de mar son: animais, cordados, vertebrados, peixes, óseos (teleósteos) e pertencen a mesma familia das agullas (sygnathidae).

Como curiosidade deste animal indicar que é o único xénero de animais no que o macho queda "preñado". A femia emprega o seu ovopositor para insertar os ovos maduros dentro da bolsa incubadora do macho, dentro da que serán fertilizados.

Esperemos que este proxecto poña máis luz na vida deste curioso animal, de momento quedámonos con este vídeo explicativo.


 

PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DE INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA

PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DE INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA

Martin Cooper e Raymond S. Tomlinson

 

Martin Cooper e Raymond S. Tomlinson, foron galardoados co Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica 2009, como inventor do teléfono móbil e do e-mail respectivamente.

Martin Cooper, inventor do teléfono móbil

Naceu en Chicago, Illinois (EEUU) o 26 de decembro de 1928, onde estudou inxeniería electrónica. En 1954 foi contratado por Motorola, compañía onde se iniciou o desenrolo dos sistemas de radio portátiles para axentes de policía e onde chegou a ser director Corporativo de Investigación e Desenvolvemento. Alí estivo ata 1983, desenvolvendo o primeiro modelo DynaTAC 8000X (Dinamic Adaptive Total Area Coverage), dende o que o 3 de abril de 1973 realizou a primeira chamada dende o primeiro teléfono considerado «móbil». Contactou, nesa ocasión, con Joel Engel, o seu rival dos Laboratorios Bell.
Raymond S. Tomlinson, inventor do e-mail
Naceu en Nueva York en 1941, onde se graduou en Inxeniería Eléctrica en 1963. Estudou despois no mítico Instituo Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) e en 1967 traballou na rede ARPA para o Departamento de Defensa de EE.UU, a rede militar que despois se convirtiría en internet. En outubro de 1971 intercambiou mensaxes entre varios ordenadores, para o que empregou a arroba «@» como símbolo para separar o nome do destinatario do correo do ordenador receptor (servidor) e que supuxo o  nacemento do correo electrónico. A primeira mensaxe foi "QWERTYUIOP".

HERMINIIMONAS GLACIEI

HERMINIIMONAS GLACIEI

Colonia da bacteria "Herminiimonas glaciei" (Imaxe:Society for General Microbioloy) 

 

A revista International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology acaba de publicar que un grupo de científicos da Universidade Estatal de Pennsylvania, descubriron unha nova bacetria, nomeada como  Herminimonas glacieri.

Esta diminuta bacteria permaneceu conxelada uns 120.000 anos, baixo tres quilómetros de xeo de Groenlandia a -56ºC. Despois de moitos meses de incubación, primeiro a 2ºC e despois a 5ºC, conseguiron colonias da minúscula bacteria.

O seu estudo pode aportar datos de como sobreviven e medran ás células baixo condicións extremas, como a temperatura, pouco osíxeno, poucos nutrientes, altas presións e espazo limitado.

 

O achádego abre novas vías para estudar as posibles formas de vida noutros planetas, nos que hai tamén condicións extremas para a vida.

 

SUNRISE

SUNRISE

O globo "Sunrise", pouco antes do seu  lanzamento  (Foto:Carlye Calvin / UCAR)

Dende o Centro Espacial Esrange, preto de Kiruna (Suecia) acaba de despegar o telescopio solar SUNRISE, que viaxa nun globo estratosférico para estudar o campo magnético do Sol.

Esta misión durará cinco días, e este telescopio situado no Áritico, aproximadamente a 40 km sobre a superficie da Terra, estudiará a estructura e a dinámica do campo magnético solar, no que hai gran cantidade de enerxía que se manifesta de moi diversas formas, dende as manchas ata as tormentas solares.

A misión é froito da colaboración da NASA, a Axencia Espacial Alemana (DLR) e o Programa Nacional do Espazo de España.

Boa sorte!