Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

PREMIOS NACIONAIS DE INVESTIGACIÓN

PREMIOS NACIONAIS DE INVESTIGACIÓN

O Rei Xoan Carlos e a ministra Cristina Garmendia, fixeron entrega dos PREMIOS NACIONAIS DE INVESTIGACIÓN 2008, que recaeron en:

O Premio Nacional de Investigación "Gregorio Marañón" en Mediciña recaeu en Carlos Belmonte Martínez pola súa contribución á promoción da investigación científica biomédica.

Carlos López Otín recibú o Premio Nacional "Santiago Ramón y Cajal" en Bioloxía, polo seu estudo das proteasas implicadas en diversos procesos fisiolóxicos e patolóxicos, especialmente no cancro e no envellecemento.

O Premio "Leonardo Torres Quevedo" en Inxenierías correspondeu a María Vallet Regí polos seus traballos para a aplicación de biomateriais en traumatoloxía e odontoloxía.

Francisco Javier Laporta San Miguel recibíu o Premio "Pascual Madoz" en Dereito e Ciencias Económicas e Sociais como recoñecemento á súa contribución á consolidación do Estado de Dereito.

Por último, o Premio "Ramón Menéndez Pidal" en Humanidades acorrespondeulle a Aurora Egido Martínez, galardoada por ser unha das máximas figuras para a comprensión da literatura española dos Séculos de Ouro.

Felicidades a todos e todas!

ÁCIDO FÓRMICO

ÁCIDO FÓRMICO

Un fragmento do meteorito que caeu no lago Tagish de Canadá (Foto: NASA)

Na Conferencia da Unión Geofísica Americana (celebrada entre o 24 e 27 deste mes de maio en Toronto-Canadá), un equipo de investigadores da Universidade de Alberta, fixeron público que detectaron ácido fórmico, un dos ingredentes que se considera fundamental no "caldo primordial" do que xurdíu a vida, nun meteorito que caeu no lago Tagish de Canada, ala polo ano 2000.

As mostra do meteorito, obxecto de estudo, foron sometidas a análises profundas, dos que se desprenden que o ácido fórmico (tamén chamado ácido metanoico, que é un ácido orgánico dun só átomo de carbono, sendo o ácido máis simple dos ácidos orgánicos:  H-COOH (CH2O2)), atopabase en cantidades que baten récords neste campo de estudo.

Algúns científicos consideran posible que os ingredientes fundamentais da vida puidieron chegar ao noso planeta dende o espazo, traídas por meteoritos ou cometas.

 

A AUGA DE MARTE

A AUGA DE MARTE

Imaxe da auga xeada no Polo Norte de Marte (Foto: ESA)

A revista "Nature" acaba de publicar un traballo, no que se dá resposta a unha incógnita sobre a auga que deu forma ao astro máis próximo á Terra. Se a temperatura de Marte está entre -87 e -46 ºC, como pode haber auga líquida en lugar de xeo?

A auga que nun pasado correu pola codia dese planeta era líquida e non se conxelou, aínda que estivese a moitos ºC baixo cero porque estaba disolta nunha solución de minerais que a mantiñan neste estado.

Esta explicación é a dada por un grupo de investigadores españois que atoparon un modelo da composición dese fuído que puido crear os cauces, lagos e vales que foron captados polas cámaras das sondas enviadas a Marte. É máis, apuntan que aínda podería existir  esa auga líquida.

Haberá que esperar para ver se é así!

IDA

IDA

IDA é o mome que os científicos puxéronlle a este primitivo prosimio atopado en  Alemania e que foi dado a coñecer na revista PLoS ONE. Segundo a mesma trátase do ancestro máis primitivo dos humanos e todos os primates modernos ata agora descubertos. 

O cusioso da noticia é que xa fora descuberto en 1983 por coleccionistas privados que o foron vendendo en partes. Finalmente, despois de ser recuperados os restos, iniciouse a restauración, rematada agora.

Tratase dunha femia xove que comía froitas, sementes e follas (herbívora ). Era  un prosimio relacionado cos antropoides, similar aos lémures da actualidade (primate que vive en Madagascar) e vivíu  hai 47 millóns de años en Grube Messel, preto de Darmstadt (Alemania).

IMAXE DO ATLANTIS

IMAXE DO ATLANTIS

Foto: NASA/THIERRY LEGAUT

Impresionante. Esta imaxe foi captada dende a Terra a semana pasada, co Sol ao  fondo.

Trátase do transbordador  espacial "Atlantis". Esta nave estivo realizando traballos de mantemento e mellora no telescopio espacial "Hubble". Como dato a nave mide 37 me de longo, 24 m de envergadura, e aínda así é unha miniatura na fotografía,  orbita a 560 km de altura e a unha velocidade 28000 km/h sobre a superficie da Terra.

¡EUREKA!

¡EUREKA!

"Cataratas do sangue" (Foto: Science)

¡Eureka! Esa foi a palabra que pronunciaron os investigadores das universidades de Harvard e Cambridge, cando atoparon bacterias nun lago subterráneo baixo un glaciar da Antártida, onde non hai osíxeno, en completa escuridade, a auga cunha salinidade catro veces maior que a do mar e a -10º C.

O lugar é coñecido como "As cataratas do sangue", pois a auga ten unha coloración vermella, procedente da oxidación que flúe por debaixo do glaciar. Este insólito habitat funciona como un perfecto mecanismo biolóxico dende hai entre 1,5 e 4 millóns e podería explicar a existencia de vida noutros planetas do noso sistema solar, que os científicos da NASA  buscan en Marte e na Lúa Europa de Xúpiter. Esta información foi publicada  hoxe pola revista "Science".

¡Sorpresas da ciencia!

MAN ESPACIAL

MAN ESPACIAL

Fotografía captada polo telescopio espacial da NASA "Chandra"

Esta é a imaxe captada polo telescopio espacial "Chandra" da NASA, onde aparece unha extensa nebulosa que asemella a unha gran man humana. Ao parecer esta imaxe procede dos electróns e ións emitidos polo púlsar B1509.

Un púlsar é unha estrela que emite radiacións a intervalos breves e regulares, como se se tratase dun radiofaro.

A ese fenómeno engádenselle os nós de material que se desprenden dunha nube de gas veciña, e que debuxan no espazo os "dedos" da man cósmica.

¡Sorpresas do espazo!

ORIÓN

ORIÓN

Maqueta da futura cápsula lunar da NASA ( Foto: AFP)

Orión (a constelación do Cazador) ese e o nome da cápsula na que viaxarán os astronautas á Lúa, eso si, alá polo 2020.

Foi presentada pola NASA en Washintong, en forma de maqueta. Deseñada sobre a base dos transbordadores Apolo, terá unha capacidade para unha tripulación de 4 membros, fronte aos tres das Apolo.

A misión terá como obxectivo establecer unha base permanente, na que poderán estar ata seis meses, na Lúa. Ten un tamaño de 16,5 metros de diámetro e un peso de 8 toneladas.

Orión pretende tamén ser un vehículo empregado para trnasporte de suministros e ocupantes á ISS (Estación Espacial  Internacional).