Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

PREMIO NOBEL 2008: QUÍMICA

PREMIO NOBEL 2008: QUÍMICA

 Martin Chalfie, Osamu Shimomura E Roger Tsien (Fotos: Reuters)

Osamu Shimomura, Martin Chalfie, e Roger Y. Tsien, acaban de acadar o galardón do Premio Nobel de Química polo descubrimento e desenrolo da proteína verde fluorescente (GFP), unha das principais ferramentas de trabajo da biociencia moderna, entre eles a visualización de procesos como o cancro.

Osamu Shimomura, 1928  (Japón). Laboratorio de Bioloxía Mariña (Massachusetts).

Martin Chalfie, 1947 (EEUU). Universidade de Columbia (Nueva York).

Roger Y. Tsien, 1952 (EEUU). Universidade de California (San Diego).

PREMIO NOBEL 2008: FÍSICA

PREMIO NOBEL 2008: FÍSICA

 Makoto Kobayashi, Toshihide Masukawa e Yoichiro Nambu (Foto: AP/Kyodo)

Os físicos Yoichiro Nambu, Makoto Kobayashi e Toshihide Masukawa foron galardoados pola Academia Sueca co Premio Nobel de Física. O primero, polo descubrimento do mecanismo da simetría partida espontánea na física subatómica. O segundo e o terceiro, por atopar a orixe da simetría partida que predice a existencia de polo menos tres familias de quarks, as partículas máis elementais da materia que se levan descuberto ata agora.

 Yoichiro Nambu (Fukui, Xapón, xaneiro de  1921) Físico estadounidense de orixe xaponés.

Makoto Kobayashi (Nagoya, Xapón, abril de 1944)

Toshihide Masukawa (Tokio, Xapón, 1940)

PEMIO NOBEL 2008: MEDICIÑA

PEMIO NOBEL 2008: MEDICIÑA

Françoise Barré-Sinoussi, Luc Montagnier e Harald zur Hausen. (Foto: AFP)

A Academia sueca acaba coneder o Permio Nobel no apartado de Mediciña aos ainvestigadores franceses Luc Montagnier e Françoise Barré-Sinoussi polo seu descubrimento "do virus da inmunodeficiencia humana" (VIH) e ao  alemán Harald Zur Hausen polo achádego "do papilomavirus humano que provoca o cancro de colo de útero".

Luc Montagnier naceu en Chabris, Francia, en 1932. Doutor en mediciña, adícase á docencia ata 1967, momento no que comenza a investigar en viroloxía.  En xaneiro de 1983 pasará aos anais da mediciña: Fala por primeira vez dun axente externo, un virus, como o causante dunha enfermidade aínda descoñecida que está matando indiscriminadamente a miles de persoas en todo el mundo.

Françoise Barré-Sinoussi naceu en París, Francia, en 1947. Viróloga que participou con Luc Montagnier, en 1983, no descubremento do (VIH).

Harald Zur Hausen naceu en Gelsenkirchen, Alemania, en 1936. Estudiou mediciña. Tras numerosas investigacións considerou que o cancro de útero era un virus de transmisión sexual (o papilomavirus humano o VPH). Gracias a elo, na actualidade disponse de vacinas capaces de evitar un número importante de infeccións relacionadas co cancro de colo de útero, o segundo tumor máis común entre as mulleres.

AEROSTEON

AEROSTEON

Cranioo do dinosaurio carnívoro descuberto en Mendoza (Arxentina). (Foto: REUTERS)

Unha expedición en 1996, nas ribeiras do Río Colorado, en Arxentina, encontraron os restos do dinosaurio chamado "Aerosteon riocoloradensis" ("osos do aire do Río Colorado"), que tiña unha lonxitude de 10 metros e unha zancada case dun elefante.

Ata aquí a noticia non pasa de ser normal. O curioso é que durante anos estudíáronse os restos do dinosaurio carnívoro descubierto e indican que o animal tiña un sistema de respiración similar ao das aves, con sacos de aire dentro da cavidade corporal, segundo informa a  Sociedad National Geographic.

O artigo que publica a revista de "Internet Public Library of Science" manifesta que " En lugar de  pulmóns que se expanden, as aves teñen un sistema de foles, ou sacos de aire, que lle axudan a bombear o aire a través dos pulmóns". Precisamente esta característica é a razón pola cal as aves poden voar máis alto e máis rápido que os morcegos que, como todos os mamíferos, expanden os seus pulmóns nun proceso de respiración menos eficiente.

Os fósiles proban a relación entre dinosaurios e aves.

UN "METEORITO" CHAMADO XULIO VERNE

UN "METEORITO" CHAMADO  XULIO VERNE

O cargueiro "Xulio Verne",  a punto de reentrar na atmosfera. (Foto: ESA)

"Xulio Verne" é o nome dun cargueiro da ESA (Axencia Espacial Europea) que está nestes momentos a punto de convertirse nun "meteorito" ao penetrar na atmosfera terrestre, convertíndose nunha bola de fogo, desaparecendo a maioría das 13,5 toneladas de lixo xeneradas polos astronautas na ISS (Estación Espacial Internacional). De calquera xeito se parte do material caese ao océano, hai unha zona de seguridade ao sur do Pacífico.

O cargueiro acolpouse automáticamente a ISS en abril deste ano, levando 7 toneladas de alimentos, combustible, osíxeno e material para experimentos para os astronautas que ali se atopan  e recoller ó lixo xenerado. O 5 de setembro pasado desacoplouse e iniciou o camiño de volta "a ningures".

O lixo espacial é un problema que, máis pronto ou máis tarde, temos considerar seriamente e tomar medidas.

PROXECTO "ENERSIS" DE PORTUGAL

PROXECTO "ENERSIS" DE PORTUGAL

Vista aérea do Centro de Enerexía de Ondas do Atántico  (Foto: Efe)

O proxecto, denominado "Enersis", pioneiro no mundo na producción de enerxía a partir das ondas do océano, no que Portugal participa como asociado tecnoloxico coa empresa escocesa Ocean Power Energy (OPD), foi inagurado no Parque de Enerxía de Ondas do Atlántico, situado a uns cinco quilómetros mar adentro na bahía de Povoa de Varzim, situada a non moitos quilómetros da nosa localidade.

Tal como se pode ver na fotografía, as máquinas Pelamis (serpes mariñas) están compostas por unha serie de cilindros vermellos, cada un dun tamaño similar a un tren rexional (con 50 metros de longo e un perímetro de 3,5 metros) interconectados e que apuntan ás ondas. Estas viaxan polo seu interior, producindo que os tubos suban e baixen, e un sistema hidráulico aproveite o seu movemento para xerar enerxía, que é transportada por cable submarino ata a estación máis preta da costa e conectada á Rede Eléctrica Nacional. 

A inversión supuxo máis de 8,5 millóns de euros e van producir enerxía eléctrica suficiente para unha poboación  duns 6.000 habitantes.

Temos que tomar nota en España e concretamente en Galicia desta iniciativa.

METANO NO ÁRTICO

METANO NO ÁRTICO

Imaxe do Ártico durante a fase de desxeo no verán (Foto: EL MUNDO)

O diario británico "The Independent" acaba de publicar que científicos da Universidade de Estocolmo que viaxaban a bordo dobarco ruso "Jacob Smirnitskyi" afirman ter probas de que millóns de toneladas de metano (CH4), un gas 20 veces máis potente que o dióxido de carbono (CO2) dende o punto de vista do quentamento atmosférico, está escapando á atmósfera dende os fondos mariños do Ártico.

O grupo, que recorreu toda a costa norte de Rusia, víu na superficie mariña "chemineas de metano" que subían dende os fondos mariños. Os expertos pensan que se debe a que se fundiron as capas de permafrost (xeo permanentemente conxelado) que impedían escapar o metano dos depósitos submariños formados antes da última glaciación.

O científicos temen que a liberación masiva dese metano podería acelerar o quentamento do planeta e dar lugar a un círculo vicioso polo cal cada vez se fundise máis permafost se liberarían maiores cantidades de gas de efecto invernadoiro.

O Ártico rexistrou un incremento medio das temperaturas de cuatro graos centígrados nas últimas décadas e unha forte diminución da área oceánica cuberta polos xeos durante o verán.

A AUGA DE MARTE

A AUGA DE MARTE

A revista Geophysical Research Letters revela hoxe un informe do Instituto de Ciencias Planetarias, concretamenete do científico Catherine Weitz. Nel faise unha análise de imaxes transmitidas pola sonda Mars Reconnaissance Orbiter da NASA.

As citadas imaxes poñen de manifesto procesos permanentes de precipitación e fluxos de auga que ocorreron entre 3.000 e 3.700 millóns de anos, principalmente nas chairas que rodean oos Vales Marineris, unha enorme crebada que se estende por case unha cuarta parte do planeta ao redor da súa liña ecuatorial. 

A existencia de auga en Marte foi confirmada hai tres anos polos vehículos exploradores da NASA, «Spirit» e «Opportunity».

Seguramente a moi curto prazo salratán noticias moito máis precisas sobre este tema.