PEMIO NOBEL 2008: MEDICIÑA
Françoise Barré-Sinoussi, Luc Montagnier e Harald zur Hausen. (Foto: AFP)
A Academia sueca acaba coneder o Permio Nobel no apartado de Mediciña aos ainvestigadores franceses Luc Montagnier e Françoise Barré-Sinoussi polo seu descubrimento "do virus da inmunodeficiencia humana" (VIH) e ao alemán Harald Zur Hausen polo achádego "do papilomavirus humano que provoca o cancro de colo de útero".
Luc Montagnier naceu en Chabris, Francia, en 1932. Doutor en mediciña, adícase á docencia ata 1967, momento no que comenza a investigar en viroloxía. En xaneiro de 1983 pasará aos anais da mediciña: Fala por primeira vez dun axente externo, un virus, como o causante dunha enfermidade aínda descoñecida que está matando indiscriminadamente a miles de persoas en todo el mundo.
Françoise Barré-Sinoussi naceu en París, Francia, en 1947. Viróloga que participou con Luc Montagnier, en 1983, no descubremento do (VIH).
Harald Zur Hausen naceu en Gelsenkirchen, Alemania, en 1936. Estudiou mediciña. Tras numerosas investigacións considerou que o cancro de útero era un virus de transmisión sexual (o papilomavirus humano o VPH). Gracias a elo, na actualidade disponse de vacinas capaces de evitar un número importante de infeccións relacionadas co cancro de colo de útero, o segundo tumor máis común entre as mulleres.
0 comentarios