VIDA EN MARTE?
Rochas onde o Curiosity atopou indicios de vida no pasado de Marte / NASA
A análise das primeiras mostras de rocha marciana recollidas polo robot Curiosity da NASA demostrou que o planeta vermello puido albergar microbios vivos no pasado.
Os científicos da misión da axencia espacial estadounidense identificaron nitróxeno, hidróxeno, osíxeno, fósforo e carbono, elementos que se consideran ingredientes básicos para a vida, no po recollido polo Curiosity tras tradear o mes pasado unha rocha no cráter Gale de Marte .
Os datos recollidos polo robot indican que na zona explorada polo vehículo robótico existiu un río ou lago antigo que puido proporcionar condicións favorables para a vida microbiana no pasado de Marte. A rocha analizada contén minerais arxilosos, minerais de sulfato e outros elementos químicos que puideron favorecer a existencia de vida, e a diferenza doutras rexións de Marte, non era un ámbito demasiado salgado ou ácido.
O Curiosity, que aterrou na superficie de Marte na madrugada do 6 de agosto de 2012, completará unha misión de dous anos sobre o chan marciano.
FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia
0 comentarios