Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

¿TRANSFORMAR DIÓXIDO DE CARBONO EN GAS NATURAL?

¿TRANSFORMAR DIÓXIDO DE CARBONO EN GAS NATURAL?

Doctora Mercedes Maroto-Valer

Un equipo de investigadores británicos, dirixido pola española Mercedes Maroto-Valer, desenvolveu unha tecnoloxía capaz de transformar o dióxido de carbono (CO2), o principal responsable do cambio climático, en gas natural.

 A doctora Mercedes Maroto-Valer e profesora de Tecnoloxía Enerxética da Facultade de Inxeniería Química e Medioambiental da Universidade de Nottingham e investigadora do Centre for Innovation in Carbon Capture and Storage.

"As plantas collen CO2, auga e luz e transfórmano en azucres. Nós facemos un proceso parecido. Tamén collemos luz, auga e CO2, pero en vez de xenerar carbohidratos producimos metano", explica esta investigadora.

É unha investigación interesante, pero seguro que ten "efectos colaterais" ou "efectos secundarios". Seguiremos esta noticia tan esperanzadora na solución do problema do cambio climático.

¿ANEIS EN XUPITER?

¿ANEIS EN XUPITER?

O planeta Xúpiter ten, coma Saturno, un sistema de aneis cuxas dimensións son moito máis grandes do que se pensaba ata agora. Esta é a conclusión á que chegou un equipo de investigación do Instituto Max-Planck (MPI) de Investigacións Solares ( Klatenburg–Lindau, ao norte de Alemania).

O  anel que rodea Xúpiter está composto de partículas de po e ten un diámetro de 640.000 quilómetros. Para realizar o estudio, o equipo de científicos alemáns e norteamericanos analizaron  os datos recabados pola sonda ’Galileo’, que entre 1995 e 2003 estivo orbitando en torno a Xúpiter e acumulando información sobre o planeta gasoso e os seus satélites

CALAMAR COLOSAL

CALAMAR COLOSAL

Científicos biólogos da Universidad de Auckland de Nueva Zelanda comenzaron hoxe a examinar un "calamar colosal" de oito metros de longo e 495 quilogramos de peso capturado en 2007 fronte ás costas da Antártida por uns pescadores.
O "calamar colosal", considerado o invertebrado máis grande coñecido ata agora, pertence á mesma orde dos teútidos do "calamar xigante".
Estas criaturas carnívoras poden descender ata dous quilómetros baixo o mar e son coñecidos pola súa voracidade.
O "calamar colosal",que chega a acadar os 14 metros de longo, caza con dous tentáculos prensiles que sobresaen sobre outros oito máis pequenos e que están dispostos de ventosas e garfios cos que mata as súas presas.
No proceso, desconxelarán ao animal (que conservan nun tanque con 7.000 litros de solución salina) para medilo, proceder a su disección (extraerán o estómago e outras partes do aparato dixestivo) intentando descubrir os misterios dunha das especies menos coñecidas do océano, debido a que vive a gran profundidade.
Depois de ser ser examinado, o calamar colosal será embalsamado e preservado.

ARCA DE NOÉ DO SÉCULO XXI

ARCA DE NOÉ DO SÉCULO XXI

A Arca de Noé do século XXI, non é nin máis nin menos que un búnker futurista que se atopa preto do pobo de Longyearbyen, de 2000 habitantes, na illa noruega de Spitsbergen. Neste búnker, situado no paralelo 78, a tan só 1000 km do polo norte e onde o termómetro marca unha temperatura de -11º C, É a Bóveda Global das Sementes. Nesta bóveda gárdanse as sementes de todo o planeta, incluso nos peores escenarios de quentamento global, o frío reinante no seu interior preservaría a biodiversidade dos cultivos durante centos de anos.

Se a queres coñecer por dentro pincha en VISITA VIRTUAL

SOBRE A EVOLUCIÓN HUMANA

Hai uns días publicouse na prensa a seguinte noticia: PALEONTÓLOGOS ESPAÑOIS ATOPAN UN FÓSIL HUMANO DE HAI 118.000 ANOS.

O achádego revela que humanos moi primitivos conviviron cos modernos. Na beira do actual lago Eyasi, en Tanzania, foi o lugar elexido para vivir por uns "Homo sapiens" moi primitivos que conviviron no tempo con outros humanos modernos. O fósil de hai 118.000 anos, foi atopado por paleontólogos españois, e pon de manifesto que a diversidade da nosa especie é maior do que se pensaba desde as orixes.

Para poder entender ben esta noticia sería interesante ter unha idea clara sobre a evolución humana. Entón pincha en:

http://www.ceip-diputacio.com/MITJA%20I%20SUPERIOR/socials/socials%20historia/La%20evolucion%20humana.swf

RELACIÓN ENTRE DINOSAURIOS E AVES

RELACIÓN ENTRE DINOSAURIOS E AVES

Esqueleto dun dinosaurio ’Tiranosaurio rex’ no Museo de Historia Natural de Carnegie de Pittsburgh. (Foto: AP)

Un estudio demostra que as galinas e as avestruces descenden de Tiranosaurio Rex. A análise molecular dunha proteína confirmou que os dinosaurios teñen os seus descendentes máis directos nas aves, e que as gallinas e as avestruces están na mesma árbore evolutiva que os Tiranosaurios, aqueles xigantestos depredadores que vivieron hai máis de 65 millóns de anos.

Unha investigación, dirixida por Chris Organ, da Universidad ede Harvard, revelou este curioso parentesco do temible Tiranosaurio rex (o ’réptil tirano’, que é o que significa o seu nome) grazas ás secuencias dunha proteína conseguida do coláxeno dun fósil de hai 68 millóns de anos.

BALEAS NO DESERTO

BALEAS NO DESERTO

Estudiamos que case toda a Terra estivo cuberta polos océanos, pero poucos saben que en lugares tan áridos coma o deserto do Sáhara nadaron un día baleas. Os seus esqueletos, fosilizados, son a prueba palpable. Teñen nada menos que 40 millóns de años.

Estes esqueletos atópanse a 200 quilómetros ao sudoeste do Cairo, na depresión de Wadi Rayan (provincia de Al Fayum), que é un dos conxuntos máis ricos do mundo en fósiles mariños: todo tipo de cunchas, ourizos, estrelas de mar, cangrexos, tartarugas y dentes de tiburón.

Os fósiles sobreviviron case intactos grazas ao extraordinario poder conservador da area, a mesma que permitíu tamén a recuperación de numerosos templos faraónicos sinxelamente sepultados entre as dunas durante séculos.

MOSCA DA FROITA

MOSCA DA FROITA

Mosca da froita (Drosophila melanogaster)

Aínda que os machos e as femias ás veces actúan como se viñeran de planetas distintos, un estudio das universidades de Yale (EEUU) e Oxford (Reino Unido), publicado na revista estadounidense 'Cell' baixo o título 'Amor a primeira luz', suxire que o cerebro das moscas é en grande parte unisex.

Os científicos, encabezados polo profesor Gero Miesenböck, da Universidad de Oxford, activaron nas femias por control remoto, mediante un raio láser, a neurona que nos machos é responsable do cortexo sexual.

O resultado foi que as femias da mosca da froita ('Drosophila melanogaster') se comportaban igual que os machos tras recibir este estímulo.

Segundo o estudio, as femias puxéronse a "cantar facendo vibrar unha das súas ás, o mesmo que fan os machos para atraer a súa atención cando queren conquistalas, o que suxire que ese comportamento está "durminte" no seu cerebro.