Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

FOBOS

FOBOS

A sonda espacial Mars Reconnaissance Orbiter (MROL) da Axencia Espacial dos Estados Unidos, NASA, logrou imaxes espectaculares de Fobos, a lúa máis grande de Marte.

Algúns datos desta lúa.

Descubridor:Asaph Hall
Data:18 de Agosto de 1877

Características orbitais:

Satélite de

 

Marte

Radio orbital (2)9377,2 km
Excentricidade0,0151
Período orbital0,31891023 d
(7 h 39,2 min)
Inclinación orbital1,093° (ecuador)
0,046° (plano de Laplace)
26,04° (eclíptica)
  
Inclinación axial

Características físicas:

Diámetro (2)

22,2 km
(26,8 × 21 × 18,4)
Superficie~6.100 km²
Volume~5.500 km³
Masa1,07×1016 kg
Densidade (2)1,9 g/cm³
Gravidade0,0084 - 0,0019 m/s²
Vel. Escape0,011 km/s
Albedo0,07
Temperatura (3)≈233 K
  
(2) valor medio.
(3) temperatura na superficie do satélite.

UN PLANETA PARECIDO Á TERRA FÓRA DO SISTEMA SOLAR

UN PLANETA PARECIDO Á TERRA FÓRA DO SISTEMA SOLAR

Recreación do sistema planetario GJ 436. (Foto: CSIC)

 

Un equipo español de investigadores dirixido por Ignasi Ribas, do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), detectou a presencia do planeta máis pequeno e, polo tanto, máis parecido á Terra que se coñece fóra do noso Sistema Solar, atopándose só a 30 anos luz da Terra, na constelación de Leo. 

O procedemento empregado, novedoso, é unha combinación de simulacións informáticas coa observación das alteracións que o novo exoplaneta provoca no "outro mundo cercano", que xa era coñecido dende 2004.

O planeta descuberto, que é de tipo rochoso e completa unha órbita ao redor da súa estrela en 5,2 días terrestres, pasou a formar parte da selecta lista das "superterras", é dicir, mundos parecidos á Terra pero algo máis grandes.

ERUPCIÓN DO VOLCÁN KILAUEA

ERUPCIÓN DO VOLCÁN KILAUEA

O volcán hawaiano Kilauea entra en erupción. Está situado na parte sur da illa de Mauna Loa (Hawai). O edificio volcánico ten unha altura de 1.111 m e a caldeira unha profundidade de 165 m e un diámetro entre 3 e 5 km.

É o volcán máis activo do mundo e está marabillando a nativos e turistas con outra das súas erupcións. O espectáculo atrae a miles de turistas de todo o mundo. O volcán leva varias semanas arroxando a súa lava ao mar, o que está contribuíndo, unha vez máis, ao agrandamento da illa.

Os nativos consideran a este volcán como o fogar da deusa Pelé, deusa do lume.

 

 

FOCA DE HAI CATRO MILLÓNS DE ANOS

FOCA DE HAI CATRO MILLÓNS DE ANOS

Foi en Lepe (Huelva), onde realizando traballos de limpeza e preparación para a construcción do futuro Centro de Interpretación Paleontolóxica da Cidade de Lepe, onde se atoparon os restos fósiles que corresponde a un óso pélvico esquerdo dun "pinnípedo", pertencente a unha foca, que podería ter catro millósn de anos, correspondente ao período plioceno.

Os paleontólogos están profundizando no estudio biométrico do óso pélvico para determinar o xénero de foca de que se trata dentro do grupo da subfamilia dos Monachinae, grupo ao que pertence tamén a actual foca monxe, de nome científico "Monachus monachus".

 

 

ATÓPASE O BURATO NEGRO MÁIS PEQUENO COÑECIDO

ATÓPASE O BURATO NEGRO MÁIS PEQUENO COÑECIDO

Un grupo de científicos da NASA acaban de de identificar o burato negro máis pequeno coñecido que se víu ata agora cunha masa de catro veces superior á do Sol.

Aínda que o seu tamaño é relativamente pequeno con respecto a outros buratos negros, a súa forza gravitartoria é tan grande que se unha persoa se aproximara quedaría estriado como un espagueti.

Se queres ampliar esta noticia pincha en:NASA

STONEHENGE: INVESTIGACIÓN.

STONEHENGE: INVESTIGACIÓN.

Moitos teredes oído falar deste lugar: Stonehenge. Atópase preto de Amesbury en Wiltshire, Gran Bretaña, a uns 13 quilómetros de Salisbury. Está composto dun gran círculo de grandes megalitos (en realidade 4 círculos concéntricos de pedras) cuxa construcción calculase entre 2500 e 2000 a.C.

A noticia radica en que un equipo de arqueólogos viaxará ás profundidades de Stonehenge, ao círculo de pedras, para averiguar cando e por que foi construído e determinar se foi un santuario, similar ao de Fátima ou ao de Loudes da época, un lugar ao que se peregrinaba en busca de curación.

Xa non é a primeira vez, en 1964 xa se fixera unha tratando de resolver o misterio deste milenario monumento que xa cautivara aos investigadores da Idade Media.

Se tes interés en profundizar neste tema pincha en: Stonehenge

 

 

ATAPOADA EN ATAPUERCA A MANDÍBULA MÁIS ANTIGA DE EUROPA

ATAPOADA EN ATAPUERCA A MANDÍBULA MÁIS ANTIGA DE EUROPA

Na sima de Atapuerca (situada a 15 km de Burgos) atopouse a mandíbula do europeo máis máis vello. Os restos, de hai 1,2 millóns de anos, fan retroceder en casi 500.000 anos a chegada dos antepasados do home moderno.

A revista Nature publica no seu último número as principais conclusións do novo descubrimento do equipo investigador de Atapuerca, dirixido por Juan Luis Arsuaga, José María Bermúdez e Eudald Carbonell, e que se producíu o pasado 30 de xuño de 2007.

Se queres coñecer o xacemento e os seus decubrimentos. Pincha en Atapuerca: Unha viaxe á prehistoria

 

 

NACEN CRÍAS DE LINCE EN CAUTIVIDADE EN DOÑANA

NACEN CRÍAS DE LINCE EN CAUTIVIDADE EN DOÑANA

Brisa, a primeira femia nacida no Programa de Conservación do Lince Ibérico no ano 2005, paríu prematuramente a dous cachorros. O primeiro naceu morto, e a nai acabou ixeríndoo. O segundo, foi abandonado pola nai e fixéronse cargo del o Centro de Cría en Cautividade de Acebuche (Huelva).

Saliega, outra femia de Doñana, paríu tres cachorros que presentan bo estado de saúde. Esta femia xa paríu catro veces dende 2004.