Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

CONCLÚEN OS TRABALLLOS DA MISIÓN ENDEAVOUR

CONCLÚEN OS TRABALLLOS DA MISIÓN ENDEAVOUR
Último paseo dos astronautas
 
Os astronautas Robert Behnken e Michael Foreman concluíron exitosamente a quinta e última camiñata da misión do transbordador estadounidense Endeavour na Estación Espacial Internacional (EEI).
Agora, a tripulación do transbordador adicarase a preparar o regreso do Endeavour que se desenganchará da EEI mañá, martes 25 de marzo, e aterrizará no noso planeta día 27.

A NASA DESCUBRE DEPÓSITOS DE SAL EN MARTE

A NASA DESCUBRE DEPÓSITOS DE SAL EN MARTE
 Foto: Science
 
A sonda "Mars Odyssey" detectou por primeira vez depósitos de minerais en Marte que confirman que o planeta vermello tivo auga no pasado. 
Os depósitos de minerais de cloruro foron detectados por unha cámara da sonda, e o descubrimento acaba de publicarse na revista Science. 
 
 
 

O CARGUEIRO EUROPEO JULIO VERNE CARA A ISS

O CARGUEIRO EUROPEO JULIO VERNE CARA A ISS
O cargueiro europeo Julio Verne partíu na madrugada do domingo dende o centro espacial de Kourou, na Guayama Francesa, cara a ISS (Estación Espacial Internacional).
O cargueiro, foi lanzado cun potente cohete Ariane 5 adaptado especialmente para esta nave de case 20 toneladas. Leva a bordo 7 toneladas de suministros para a ISS, incluídos 270 quilos de auga potable para os astronautas da base, 20 quilos de osíxeno, 500 quilos de comida, 80 quilos de roupa e 136 quilos de pezas de recambio. O resto da carga é combustible.
O cargueiro atracará na estación o próximo 3 de abril.

UN PEIXE QUE HIBERNA

UN PEIXE QUE HIBERNA

Un estudio publicado pola revista "PLoS One" que o bacallao antártico adopta unha estratexia de supervivencia similar á da hibernación, algo raro para un peixe.

Según os investigadores do Instituto Antártico Británico e da Universidade de Birminghan, o peixe "Notothenia Coriiceps", unha especie de bacallao, virtualmente "vólvese xeo" para sobrevivir durante o longo inverno do extremo austral do planeta.

O estudio sinala que os peixes activan un "interruptor" estratéxico que miniminiza o custo enerxético durante o inverno, despois dun verán de intensa alimentación e crecemento.

 

 

 

 

TEIHARDINA MAGNOLIANA

TEIHARDINA MAGNOLIANA

Recreación artística do primeiro primate norteamericano. (Foto: PNAS | REUTERS)

Un científico estadounidense, o paleontólogo Chistopher Beard, do Museo Carnegie da Historia natural de Pittsburgh, desenterrou os restos do primate coñecido máis antigo que vivíu en nortamérica. Ao facelo, puído determinar o camiño que seguiron estes pequenos representantes do grupo dos mamíferos que inclúe aos lemures, monos, simios e persoas para acceder ata o novo continenete, concretamente a través dunha ponte de terra, hoxe desaparecida, que conectaba Siberia e Alaska: o estreito de Bering.

Coñecido como "Teihardina magnoliana", vivíu hai 55 millóns de anos, pesaba ao redor de 28 gramos, medía 7,5 centímetros e comía insectos e froitos.

O minúsculo emigrante vivía nas árbores, onde o seu maior inimigo serían os lagartos.

 

 

 

SORPRESA EN MARTE

SORPRESA EN MARTE

Imaxe da nube detectada, de 180 m de ancho e uns 190 m dende a base (Foto: EFE)

A sonda "Mars Reconnissance Orbiter" captou as imaxes dunha avalancha de po e xeo no polo norte de Marte, según informou o Laboratorio de Propulsión a Chorro" (JPL) da NASA.

O descubrimento das citadas avalanchas foron unha sorpresa e foron captadas fortuítamente o pasado 19 de febreiro.

 

 


GALAXIA M33

GALAXIA M33

Imaxe da galaxia M33 vista polos instrumentos ultravioleta do satélite "Swift"

A galaxia M33 forma parte, xunto con Andrómeda e a Vía Láctea (a nosa galaxia), do chamado Grupo Local de Galaxias, é dicir a rexión do universo na que nos encontramos. É a segunda galaxia espiral, só superada pola nosa. Tamén é coñecida como a galaxia do Triángulo.

Esta galaxia é noticia xa que brilla con luz ultravioleta como "un resplandor de estrelas nacentes", según acaba de dar a coñecer a NASA tras presentar unha nova e elaborada imaxe desta aglomeración de astros, situada a uns tres millóns de anos luz de nós.

TERREMOTOS EN GALICIA

TERREMOTOS EN GALICIA
 Gráfico: Faro de Vigo
No ano pasado, Galicia sufríu 130 terremotos. A provincia máis afectada foi Lugo con 78 seismos. Según os expertos do Instituto Xeográfico Nacional, Galicia está nunha zona de " perigosidade sísmica media respecto á perigosidade da península". O maior risco en España localízase no Levante e no Sur, a área máis próxima aos límites das placas africana e europea.