TEIHARDINA MAGNOLIANA
Recreación artística do primeiro primate norteamericano. (Foto: PNAS | REUTERS)
Un científico estadounidense, o paleontólogo Chistopher Beard, do Museo Carnegie da Historia natural de Pittsburgh, desenterrou os restos do primate coñecido máis antigo que vivíu en nortamérica. Ao facelo, puído determinar o camiño que seguiron estes pequenos representantes do grupo dos mamíferos que inclúe aos lemures, monos, simios e persoas para acceder ata o novo continenete, concretamente a través dunha ponte de terra, hoxe desaparecida, que conectaba Siberia e Alaska: o estreito de Bering.
Coñecido como "Teihardina magnoliana", vivíu hai 55 millóns de anos, pesaba ao redor de 28 gramos, medía 7,5 centímetros e comía insectos e froitos.
O minúsculo emigrante vivía nas árbores, onde o seu maior inimigo serían os lagartos.
0 comentarios