Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

MALARIA

MALARIA

A candidatura integrada por 4 organizacións que lideran a loita conta a malaria en África: Ifakara Health Research and Development Centre (Tanzania), Malaria Research and Training Centre (Mali), Kintampo Health Research Centre (Ghana) e o Centro de Investigacións en Saúde de Manhiça (Mozambique); obteron o Premio Principe de Asturias de Cooperación Internacional.

A malaria é unha enfernidade producida por parásitos do xénero Plasmodium. É a primeira en importancia entre as enfermidades debilitantes, con máis de 200 millóns de casos cada ano en todo o mundo.

Se queres coñecer algo máis sobre esta enfermidade pincha CICLO DE VIDA DA MALARIA

RANAMANDRA

RANAMANDRA

Científicos Canadienses, dirixidos por Jason Anderson (Profesor da Universidade Veterinaria de Calgary) descubriron un fósil de Ranamandra (Gerobatrachus hottoni) de 11 cm de lonxitude e de 290 millóns de anos.

Este anfibio que nadaba en lagos e capturaba libélulas coa lingua ao mesmo tempo que coas súas pequenas patas movíase de forma áxil pola terra de hai millóns de anos. Este especimen podería resolver unha das maiores controversias na evolución dos vertebrados: a orixe común das ras e as píntegas.

MORTE DUNHA ESTRELA

MORTE DUNHA ESTRELA

Imagexe do ’Swift’ da galaxia ’NGC 2770’ con dúas supernovas, ’SN 2007 UY’ e a recién nacida ’SN 2008 D’. Xunto a elas, unha antiga supernova detectada en 1999, xa extinta. (Foto: NASA)

O satélite da NASA "Swfit" descubríu por primeira vez os primeiros pasos dunha supernova, ou  dito doutra maneira os últimos estertores dunha estrela.

Nunca se vira ata agora como morría unha estrela, como empeza a expulsar a enrexía  ao espazo tras colapsarse polas súas propias forzas gravitarorias e converstise en obxectos máis brilantes que mil soles chamados supernovas, ata que ao fin estoupan e arrasan con todo o que atopan no sitio que se atopan na galaxia. 

O novo obxecto estelar, que xa foi bautizado co código "SN2008D" foi presentado na última edición da revista "Nature" e permitirá aos especialistas de todo o mundo entender mellor todos os procesos que levan á morte dunha estrela.

TERREMOTO NA CHINA

TERREMOTO NA CHINA

O sismo do suroeste de China acadou unha magnitude de 7,8 na escala de Richter (que mide a cantidade de enerxía que libera o sismo e que non ten límite superior).

O epicentro (punto da superficie onde primeiro se recibe o sismo, perpendicular ao foco sísmico ou hipocentro no interior da terra que é onde realmente se produce o terremoto) sitúase preto de Chengdu. Esta é unha zona de fricción das placas tectónicas asiática e india, polo que sufre con frecuencia terremotos de intensidade media.

Se queres profundizar na súa situación, epicentro, placas tectónicas implicadas neste sismo poden consultar interactivamente pinchando en Gráficos | elmundo.es

PHOENIX MARZ LANDER

PHOENIX MARZ LANDER

 Phoenix Mars Lander,  é a sonda  da NASA que o próximo 26 de  maio á 1,53 (hora peninsular) aterrizará na superficie de Marte, concretamente no polo sur deste planeta.

Dentro da estratexia de mandar naves a explorar a superficie de Marte cada 26 meses, a NASA envia desta vez unha sonda de superficie fixa, non todoterreos como o Spirit  e o  Opportunity , que alí se atopan. A misión ten dous obxectivos: averiguar canta auga tivo Marte ao longo da súa historia e onde, e determinar se o planeta aínda podería albergar vida.

Phoenix foi lanzada o 4 de agosto de 2007 dende a base de Cabo Cañaveral. 

VOLCÁN CHAITÉN

VOLCÁN CHAITÉN

O río Espolón, a uns 70 quilómetros do volcán, presenta este aspecto nun das súas pontes. Parece unha nevada de inverno. AFP PHOTO / JUAN MABROMATA

El volcán Chaitén é un volcán chileno (960 metros de altitude)  del tipo caldeira (3 km de diámetro)  ubicado a 10 km ao NE da ciudade de Chaitén, capital da Provincia de Palena, na  Rexión de Los Lagos (Andes meridionais). Leva en erupción dende o pasado 2 de maio lanzando cinsas volcánicas que caen forma de chuvia e que xa chega á veciña Arxentina.

Os especialistas aínda descoñecen cal será o efecto real sobre o medio ambiente, pero todos saben que as cousas non serán igual para os enormes bosques de piñeiros e cipreses, para os huemules, cervos e pumas que habitan a rexión.

 

ORNITORRINCO

ORNITORRINCO

O ornitorrinco, soa a bicho raro. Este mamífero peludo ten un pico plano e pes palmeados, pon ovos pero amamanta ás súas crías. Cando os naturistas o atoparon en Australia, alá polo século XIX, pensaron que no taller da creación foi feito con pezas soltas que sobraron despois de ensamblar ao resto dos animais.

O ortinorrinco (Ornithorhynchus anatinus) acaba de ser estudiado dende a súa secuencia xenómica(1) completa na que amosa que é raro neste aspecto. É un cóctel de ADN que o relaciona cos réptiles, aves e mamíferos, aspectos que non aparecen normalmente xuntos, pero que si debereon estalo no pasado, cando a natureza creaba deseños.

O traballo ocupa a portada, que se reproduce, da revista "Nature" e preséntase como "un avance incalculable para saber como xurdiron os principais procesos biolóxicos nos mamíferos" con aplicacións prácticas incluso na materia de saúde humana. Científicos de moitos países, entre eles de España, traballaron para secuenciar o xenoma do ornitorrinco e comparalo con outros xa coñecidos, como os do home, rato, can, etc. O ornitorrinco comparte o 80% do xenoma co ser humano, o que supón unha gran distancia. Pero o fundamental foi descubrir que partes conserva xa perdidas polo resto dos mamíferos e cales son únicas nel.

(1)Xenoma: É todo o materia xenético contido nas células dun organismo en particular. Polo xeral, ao falar de xenoma en seres eucarioras refírese só ao ADN contido no núcleo, organizado en cromosomas.

CRAIG VENTER

CRAIG VENTER

Craig Venter (Foto: Benito Pajares)

Craig Venter é o home do momento no mundo das ciencias. A finais do pasado mes de xaneiro, este controvertido investigador, considerado un dos pais do xenoma humano, volveu a dar a campanada ao publicar na revista "Science" a creación do primeiro xenoma sintético fabricado nun laboratorio (primeira forma de vida artificial).

Foron moitos os que non tardaron en rasgarse as vestiduras ante os potenciais perigos que podería presentar esta tecnoloxía se caera en mans equivocadas.

Venter, sen embargo, está convencido de que as súas investigacións poderían server para resolver algúns problemas máis graves aos que se enfronta a humanidade.