Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

OS VOLCÁNS DE MERCURIO

OS VOLCÁNS DE MERCURIO

 

A superficie de Mercurio, captada pola nave "Messenger". (Foto: NASA)

A revista "Science" acaba de publicar os datos recopilados pola nave espacial "Messenger" durante o seu paso polo planeta Mercurio no febreiro pasado. Esta é a segunda visita ao planeta dunha nave, a primeira foi realizada nos anos 70 (século pasado) pola nave "Mariner 10". Este acercamento da Messenger, é un dos tres que realizará antes de que a nave entre en órbita ao redor de Mercurio alá polo ano 2011.

Os estudios  que publica "Science" analizan a superficie, a atmosfera e o campo magnético de Mercurio.

Entre os principais descubrimentos sinala que varias características da superficie do planeta, cuxa orixe era controvertida despois da misión "Máriner 10", agora parecen que se formaron por procesos volcánicos e vez de por impactos de meteoritos (como sucede no caso da Lúa, e con certo parecido con Mercurio no aspecto externo).

Os investigadores tamén descubriron un gran número de fallas, sucos e outras formacións do terreo, que de forma colectiva indican que a cantidade total de compresión pola que Mercurio pasou é ao redor dunha terceira parte superior á que se pensaba.

O SOLO DE MARTE É ALCALINO

O SOLO DE MARTE É ALCALINO

Zona de Marte na que se atopou xeo. (Foto: AP)

A sonda "Phoenix" realizou o mércores pasado unha análise no seu laboratorio para medir a acidez ou alcalinidade do solo e determinar si era favorable para albergar vida. O solo resultou ser alcalino.

Na citada análise tamén se determinou a presencia de magnesio, sodio, potasio e outros elementos. Non obstante, os expertos da NASA adveriron que se necesitarán análises doutras mostras para determinar exactamente se existen todos os elementos necesarios para albergar vida.

A sonda "Phoenix" (que chegou o pasado 25 de maio ás cercanías do polo marciano despois dunha viaxe de 10 meses) constatou a presencia de auga, pero non atopou rastros de carbono, o outro elemento crucial para o desenvolvemento dalgún tipo de vida como a coñecemos na Terra.

DESCUBREMENTO DUN FÓSIL CLAVE NA EVOLUCIÓN DOS ANIMAIS ACUÁTICOS AOS TERRESTRES

DESCUBREMENTO DUN FÓSIL CLAVE NA EVOLUCIÓN DOS ANIMAIS ACUÁTICOS AOS TERRESTRES

Reconstrucción artística do peixe prehistórico, xunto a unha foto do cranioo atopado. (Foto: Nature)

A revista científica británica "Nature" publica o achádego dun fósil moi ben conservado dun tetrápodo "Ventastega curonica", que vivíu hai máis de 300 millóns de años, e que é a clave para entender comoi foi a transición dos animais acuáticos  aos terrestres.

O fósil foi atopado nun xacemento de Letonia por un equipo da Universidade de Uppsala (Suecia).

Esta especie (Ventastega curonica) ten o cranio  como o dun primitivo tetrápodo, pero as súas proporcións son máis parecidas ás dun peixe e a súa mandíbula está a medio camiño entre ambos.

A evolución dos animais vertebrados acuáticos a terrestres ocurríu durante o último peiodo Devoniano, hai 380 a 360 millóns de anos, e requiríu moitos cambios fisiolóxicos e morfolóxicos.

CROCODILOS E COMUNICACIÓN

CROCODILOS E COMUNICACIÓN

Segundo publica, no seu último número, a revista "Current Biology", os sons que emiten as crías de crocodilos antes de romper o ovo teñen un significado para os seus irmáns e para as súas nais. Estas chamadas, que o ser humano pode oír, serven para indicar ao resto das crías do niño que xa chegou o momento de romper o ovo.

O estudio publicado está basado en experimentos e grabacións realizados por Amélie Vergne e Nocholas Mathevon, da Universidade Jean Monet, en Francia.

O estudio tamén confirma que os alaridos serven para anunciar á nai que é hora de acudir ao niño a recoller ás súas crías, a punto xa de nacer.

¡¡¡Natureza!!!

A VOLTAS CON PLUTÓN

A VOLTAS CON PLUTÓN

Xa pasaron case dous anos dende que a Unión Astronómica Internacional (UAI) determinou que Plutón non era un planeta senón un planeta anano. Agora un grupo de astrónomos da organización acuñou o termo de plutoide para chamar ao outrora noveno planeta.

Este mesmo grupo propuxo que a palabra sexa tamén usada para nomear aos pequenos corpos con forma de esfera que orbiten máis alá de Neptuno. O novo termo, non obstante, deberá ser aprobado pola unión, que se encarga de todos os nomes e clasificacións do sistema solar.

Nun  comunicado da UAI define aos plutoides como aqueles corpos celestes que "teñen suficiente masa para gravitar por eles mesmos e lograr un corpo ríxido ata asumir un equilibrio hidrostático", que se traduce nunha forma case esférica. Tamén se indica que estes corpos no contan con órbitas libres de escombros.

O comunicado  indica tamén que os dous plutoides coñecidos son Plutón e Eris, e que esperan a que se sumen corpos a esta subcategoría cando os descubrimentos científicos o permitan.

O "GLAST" DA NASA FOI LANZADO AO ESPAZO

O "GLAST" DA NASA FOI LANZADO AO ESPAZO

A misión "Glast" (acrónimo en inglés do Telescopio Espacial de Gran Área de Raios Gamma) foi lanzado ás 18:05 dende Cabo Cañaveral ao lombo dun foguete estadounidense Delta 2.

Este satélite da NASA acaba de partir cara a órbita terrestre co fin de estudiar un dos misterios mellor escondidos do universo: as explosións de raios gamma.

Pero ’Glast’ non nestudiará en exclusiva estes eventos astronómicos, senón que tamén observará estrelas de neutróns, a radiación de fondo do universo, os raios cósmicos e outros eventos ou obxectos astronómicos situados no rango do que a NASA  denomina "o universo extremo".

VIDA NA ANTÁRTIDA HAI 245 MILLÓNS DE ANOS

VIDA NA ANTÁRTIDA HAI 245 MILLÓNS DE ANOS

O paleontólogo Christian Sidor nunha excavación na Antártida. (Fotografía: Cara Fritz/Oregon State University)

Hai 245 millonóns de anos, no Triásico, a Terra aínda estaba agrupada nun só  continente: Pangea, que non empezou a dividirse ata  uns 45 millóns de anos despois. Os primeiros animais terrestres podían migrar libremente dende o polo norte ata o polo sur, aínda que  as rexións máis septentrionais ou meridionais debían ser moi secas pola falla de chuvias e as  temperaturas eran máis baixas que noutras zonas, polo que nelas é máis raro atopar fósiles de eras tan temperás que en lugares máis mornos como Sudáfrica.

Aínda así atopáronse restos que demostran que ata alí chegou a  vida. Un grupo de científicos estadounidense publicou un estudio na revista Journal of Vertebrate Palentology no que amosan o resultado do análisis duns  restos de madrigueiras de tetrápodos, vertebrados terrestres que se desplazan sobre catro patas ou apéndices similares a elas, na Antártida.

Os científicos pensan que os fósiles se formaron ao inundarse os túneles e encherse con area fina procedente dalgún río próximo. Os sedimentos endurecerianse nos lugares máis abertos, á entrada e saída dos túneles, permitiendo así a súa conservación ata  os nosos días.

INICIO DOS TRABALLOS DA "PHOENIX"

INICIO DOS TRABALLOS DA "PHOENIX"

Imaxe captada pola cámara do "Phoenix’ durante a primera excavación feita polo brazo robótico da sonda. (Foto: AP | NASA)

Científicos da NASA comunicaron que a sonda "Phoenix" realizou unha pequena excavación en Marte, o que é  o primeiro paso cara a toma de mostras  da terra deste planeta  en busca de xeo e da posibiliade de que albergara ou albergase vida.

.