Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

HIDRÓXENO: ENERXÍA ALTERNATIVA

HIDRÓXENO: ENERXÍA ALTERNATIVA

Pila de combustible de hidróxeno E-Flex

Dende hai anos andamos na procura de enerxías alternativas ao petróleo e que sexan verdes. A que máis soa como tal é o Hidróxeno, pero hai un problema: As pilas de combustible funcionan de forma similar ás baterías (que só almacenan enerxía) . As pilas xeneran enerxía a través da combustión do hidróxeno de forma limpa, eficiente e sostible. Esto convirte ao hidróxeno nunha fonte de enerxía "verde" xa que se obtén a partir da auga que, a súa vez, é o único residuo da combustión. O problema é que as pilas de combustible de óxido sólido necesitan dun material que permita o transporte de ións entre dous electrodos e son necesarias temperaturas de ata 800 graos centígrados para conseguir unha conductividade iónica suficientemente elevada.

Pois parace que os españois atopamos a solución. Segundo publica a revista "Science" un equipo de investigadores da Universidade Complutense desenvolveu un método que permitiría universalizar o uso do hidróxeno como enerxía alternativa, grazas a un novo tipo de material con medidas nanométricas (medidas moi reducidas, un nanómetro equivale á millonésima parte dun metro) que poderían ser utilizado en pilas de combustible para xenerar enerxía eléctrica a partir da combustión de hidróxeno a temperatura ambiente.

Os investigadores españois traballaron sobre uns materiais coñecidos como óxidos complexos para diseñar materiais artificiais denominados "heteroestructuras" (formado por películas delgadas). O resultado é unha conductividade iónica de proporcións colosais que transladadas ás pilas de combustible permitiría a soluciónao problema, xenerando enerxía a temperatura ambiente.

 

¡AUGA!

¡AUGA!

"Phoenix" en Marte (NASA)

A misión exploratoria "Phoenix" que descendeu o 25 de maio nun sector do polo norte de Marte acaba de atopar auga.

Un comunicado da axencia espacial estadounidense (NASA) indicou que o mércores o brazo robótico do "Phoenix" depositou unha mostra nun instrumento que identificou vapores de auga.

A mostra onde se confirmou a presencia de auga foi extraída dunha perforación de ao redor de cinco centímetros no chan marciano e onde o brazo robótico tropezou cunha dura capa de material conxelado.

O mércores a mostra  que levaba xa dous días exposta ao ambiente marciano, foi entón cando a auga que contiña comenzou a evaporarse o que facilitou a súa observación.

LAGOS LÍQUIDOS EN TITÁN

LAGOS LÍQUIDOS EN TITÁN

 Lagos na superficie de Titán (NASA)

A revista Nature publica hoxe a investigación facilitada polo  Laboratorio de Propulsión a barullo (JPL) na que  que polo menos un dos grandes lagos observados en Titán, unha das lúas de Saturno, contén hidrocarbonos líquidos.Os científicos fixeron o descubrimento a través da análise de datos proporcionados pola sonda Cassini, un proxecto conxunto da NASA e da Axencia Espacial Europea (ESA).

Deste xeito a Terra xa non é o único corpo do Sistema Solar no que hai océanos ou lagos líquidos, aínda que no caso de Titán non son de auga, son de etano líquido, seguramente mesturadocon metano, nitróxeno e outros compostos.

Titán é o satélite máis grande de Saturno e o segundo do Sistema Solar, despois de Ganímedes (lúa de Xúpiter), máis grande ca Mercurio e un 25% máis pequeno que Marte. Titán é un mundo frío (uns 180 graos centígrados baixo cero) e envolto nunha densa atmósfera, que dificulta enormemente a observación da superficie.

O corpo lacustre, identificado como Ontario Lacus, atópase na rexión do polo sur de Titán e ten unha superficie duns 20.000 quilómetros cadrados.

A investigación amosa a existencia dun complexo ciclo do metano similar ao da auga na Terra: Existen grandes depósitos de metano en forma de hidratos, que quedaron atrapados cando se formou o satélite. O metano chega a atmosfera pola actividade volcánica e a evaporación. As reaccións químicas converten o metano en etano e outros compostos. O etano e o metano condénsanse en parte formando as nubes e ao chover enchen os lagos.

NASA: 50 ANOS

NASA: 50 ANOS

A NASA (Administración Nacional de Aeronáutica e do Espazo) cumpre 50 anos.

O 29 de xullo de 1958 o presidente dos EEUU Dwight Eisenhower promulgou a Lei da Aeronáutica e do Espazo, creando a NASA, en resposta ao lanzamento do satélite soviético "Sputnik" en outubro de 1957.

Entre as moitas celebracións, destaca a posibilidade de acceder a multitude de fotografías do seu fondo de forma gratuíta. Se queres botarlle unha ollada pincha en NASA Images

 

OSTROCOD

OSTROCOD

LiveScience.com acaba de publicar que o estudiante Richard Thommasson, da Universidade de Dakota do Norte acaba de atopar na rexión de Valles Secos da Antártida uns fósiles que datan de hai uns 14 millóns de anos.

A investigación, financiada pola Fundación Nacional das Ciencias, estableceu que os fósiles corresponden ao "ostracod", que son unha clase de crustáceos de moi reducido tamaño, moitas veces microscópicos (normalmente entre 0,1 e 2 mm). Coñécense unhas 13.000 especies actuais e estímase que se describiron 65.000 especies fósiles.

O achádego suxire a posibilidade de que o continente xelado fose un lugar cálido nun pasado remoto. Nesa rexión a temperatura media é de -25ºC e nesas condicións é imposible que se manteñan vivas faunas como o ostracod. Para que puidesen sobrevivir esos crustáceos, as temperaturas reinantes terían que ser uns 17 graos centígrados máis altas do que son agora.

Segundo os científicos, os "ostracod" son vestixios dun ecosistema de tundras similar ao da Patagonia e é  posible que o sector onde foron atopados os fósiles estivese moito máis preto do ecuador hai millóns de anos.

 

A TERRA VISTA DENDE 50 MILLÓNS DE QUILÓMETROS

A TERRA VISTA DENDE 50 MILLÓNS DE QUILÓMETROS

A nave espacial non tripulada "Deep Impact" (lanzada en xaneiro de 2005) que xa cumplíu a súa misión principal no cometa Tempel 1 (o 4 de xullo de 2005: presenciou o impacto no cometa Tempel 1 dun proxectil que ela mesma lanzara con anterioridade) e que se dirixe agora a outro obxectivo celeste, aproveitou a súa traxectoria para tomar imáxes do sistema Terra/Lúa que, una vez montadas nunha secuencia, compoñen un video inusual. O noso planeta  e o seu satélite natural, que se cruza por diante, vense nese vídeo como podería verse dende unha nave extraterrestre que pasa polas proximidades.

A "BABY BOOM" DO UNIVERSO

A "BABY BOOM" DO UNIVERSO

Imaxe da galaxia "Baby boom" (Foto: NASA)

A revista "Astrophysical Journal Letters" publica o descubrimento por parte da NASA dunha "fábrica" de estrelas nos confíns do Universo.

O telescopios  "Hubble" e  "Spitzer" descubriron unha galaxia máis eficiente ca nosa, no que a creación de estrelas se refire. Tan  productiva é a  galaxia, que os expertos da NASA denominárona "Baby Boom", en referencia ao número extraordinario de "nacementos".

A remota galaxia producía estrelas a unha tasa de máis de 4.000 por ano. En comparación, a Vía Láctea, a nosa,  produce un promedio de dez estrelas ao ano, segundo informa a axencia espacial estadounidense.

"Baby Boom" atópase a 12.300 millóns de anos luz de distancia.

OS PRIMEIROS ORGANISMOS QUE POBOARON A TERRA FIXÉRONO MOITO ANTES DO QUE SE PENSABA

OS PRIMEIROS ORGANISMOS QUE POBOARON A TERRA FIXÉRONO MOITO ANTES DO QUE SE PENSABA

Fragmento do diamante no que se atoparon os restos de carbono. (Foto: Nature)

A revista "Nature" desta semana publica unha noticia na que os científicos aseguran que os primeiros organismos que poboaron a Terra posiblemente xurdiron 700 millóns de anos antes do que se pensaba ata agora. A esta conclusión chegaron despois dun estudio dos restos de carbono localizados nun diamante extraído en Jack Hills, no oeste de Australia. Este material orgánico, segundo os científicos, podería estar asociado a plantas ou bacterias moi primitivas.

Tendo en conta o citado, a vida no noso planeta debeu aparecer hai uns 4.250 millóns de anos, só 400.000 anos despois da formación da propia Terra.

Nun principio a Terra non sería máis que un conglomerado de rochas, cun interior que se quentou e fundíu o planeta. Co tempo, a codia arrefriouse. Finalmente apareceu a vida nun proceso no que os científicos teñen diferencias: uns defenden que evolucionou dende a materia inerte, cando o vapor de auga comenzou a condensarse, e outros sosteñen que ten unha orixe extraterrestre, coa chegada dun meteorito que traía materia orgánica, como o que se atopou no lago Tagish de Canadá.

Sen embargo son moitas as dúbidas que rodean estas conclusións, que esperemos que co tempo queden resoltas.